Vega de Pas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vega de Pas
Localización
Vega de Pas (Cantabria) Mapa.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCantabria
ComarcaValles Pasiegos
Xeografía
Altitude358 msnm
Superficie87,53 km²
Demografía
Poboación881 hab. (2009)
Densidade10,07 hab./km²
XentilicioPasiego/a
Outros datos
Código postal39xxx
AlcaldeVíctor Manuel Gómez Arroyo (PRC) (2007)
www.ayto-vegadepas.com

Coordenadas: 43°9′34″N 3°46′52″O / 43.15944, -3.78111 Vega de Pas é unha localidade e concello da comunidade autónoma de Cantabria, na comarca do Pas-Miera, na cabeceira do río Pas.

Localidades[editar | editar a fonte]

Os seus 909 habitantes (INE, 2006) distribúense por:

  • Candolías, 123 hab.
  • La Gurueba, 82 hab.
  • Guzparras, 22 hab.
  • Pandillo, 173 hab.
  • Vega de Pas (Capital), 311 hab.
  • Yera, 133 hab.

Municipios limítrofes[editar | editar a fonte]

Limita polo norte con Selaya, Villacarriedo e Santiurde de Toranzo, polo oeste con Luena e San Pedro de Romeral, polo leste con San Roque de Riomiera e polo sur con Espinosa de los Monteros da Provincia de Burgos (Castela e León).

Economía[editar | editar a fonte]

Predomina o sector primario, cun 44,9 % da poboación empregada na agricultura e a gandería. Un 14,6 % da poboación emprégase na construción, un 10,8 % na industria e, por último, un 30,4 % no sector servizos.

Panorámica de Vega de Pas desde o Porto da Braguía.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Vega de Pas.

Os Edificios na leira do doutor Madrazo son Bens incluídos dentro do Inventario Xeral de Cantabria, segundo resolución publicada no Boletín oficial de Cantabria de 17 de febreiro de 2003.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
2.066 2.015 2.059 2.032 2.072 1.897 1.858 1.493 1.343 1.293 1.004 916

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PRC 381 54,27 % 6
PP 119 16,95 % 1
PSC-PSOE 107 15,24 % 1
UCn 81 11,54 % 1
  • Alcalde electo: Víctor Manuel Gómez Arroyo (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 378 53,54 % 4
PP 117 16,57 % 1
PSC-PSOE 104 14,73 % 1
AIDP 102 14,45 % 1
  • Alcalde electo: Víctor Manuel Gómez Arroyo (PRC).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vega_de_Pas&oldid=4652761"