Ventura García Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ventura García Rivera
Falecementoabril de 1911
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Ventura García Rivera, finado en Cerdido en abril de 1911[1], foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, non exerceu a súa profesión até a vellez, dedicandose ao xornalismo, a literatura e a investigación histórica. Colaborou en Diario de Avisos, foi redactor de El Clamor del País e dirixiu El Liberal Coruñés. En 1887 marchou a Sevilla como secretario particular do Gobernador Antonio del Moral López. Dirixiu La Voz de Galicia en 1890 como suplente. En 1896 foi director de La Mañana. En 1899 foi nomeado médico titular do concello de Cambre[2] e en 1906 do concello de Cerdido[3], onde morreu en 1911.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticiero de Vigo, 26-4-1911, p. 2.
  2. Gaceta de Galicia, 23-8-1899, p. 2.
  3. La Correspondencia Gallega, 28-5-1906, p. 2.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ventura_García_Rivera&oldid=4977317"