Verónica Boquete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Verónica Boquete
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
4f3c0a7359db2-Verónica Boquete, Praza Pública, 2012.jpg
Verónica Boquete no 2012.
Información persoal
Nome completo Verónica Boquete Giadáns
Nacemento 9 de abril de 1987 (32 anos)
Lugar Santiago de Compostela, Galicia
Altura 1,60 m.[1]
Posición Dianteira
Centrocampista[1]
Información de club
Club actual Beijing BG Phoenix F. C.
Carreira xuvenil
2001–2005 Xuventú Aguiño
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 Prainsa Zaragoza 83 (40)
2008–2010 RCD Espanyol 53 (30)
2010 Buffalo Flash 9 (9)
2010 Chicago Red Stars 3 (1)
2010-2011 RCD Espanyol 26 (41)
2011-2012 Energy Voronezh 5 (1)
2011 Philadelphia Independence 13 (5)
2012-2014 Tyresö FF 21 (7)
2014 Portland Thorns 15 (4)
2014-2015 FFC Frankfurt 21 (7)
2015-2016 FC Bayern Munich 9 (0)
2016-2018 Paris Saint-Germain 31 (8)
2018-act. Beijing BG Phoenix F. C.
Selección nacional
2004-2006 España sub-19 23 (10)
2005- España 56 (38)
2007- Galicia 3 (2)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 08 de novembro de 2018
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 08 de novembro de 2018

Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987[2], é unha futbolista galega. Foi a capitá da selección española na súa primeira aparición na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015 e tamén representou a selección de Galicia.

Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogadora internacional, ten disputado partidos en dúas ligas anuais, a española e a estadounidense. Na Liga Española milita dende 2008 no RCD Espanyol de Barcelona, co que acadou dous campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do que foi máxima goleadora. En 2010 disputou a liga de verán nos Estados Unidos, no Buffalo Bulls. En 2011 fichou para competir na liga de verán co Philadelphia Independence[4] tras xogar en Rusia; tamén pasou pola liga de Suecia, acadando a final da Champions League nas filas do Tyresö, e volveu aos Estados Unidos co Portland antes de fichar para o fútbol alemán polo FFC Frankfurt, co que gañou a Champions League 2015 nunha final disputada no berlinés Friedrich-Ludwig-Jahn-Sportpark contra o PSG francés. No verán de 2015 fichou polo Bayern, equipo co que foi campioa de Liga. Do Bayern pasou ó Paris Saint-Germain no 2016, equipo no que xogou ata o ano 2018, no que fichou polo Beijing BG Phoenix equipo da liga chinesa de fútbol feminino.

Equipos[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo País
2001-2005 Xuventú Aguiño Galicia Galicia
2005-2008 Prainsa Zaragoza España España
2008-2010 RCD Espanyol Cataluña Cataluña
2010 Buffalo Flash Flag of the United States.svg Estados Unidos
2010 Chicago Red Stars Flag of the United States.svg Estados Unidos
2010-2011 RCD Espanyol Cataluña Cataluña
2011-2012 Energy Voronezh Flag of Russia.svg Rusia
2011 Philadelphia Independence Flag of the United States.svg Estados Unidos
2012-2014 Tyresö FF Flag of Sweden.svg Suecia
2014 Portland Thorns Flag of the United States.svg Estados Unidos
2014-2015 FFC Frankfurt Flag of Germany.svg Alemaña
2015-2016 FC Bayern Munich Alemaña
2016-2018 Paris Saint-Germain Francia
2018-act. Beijing BG Phoenix China

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogando co Tyresö FF en 2014.
  • Finalista da Women's Professional Soccer en 2011 co Philadelphia Independence.
  • Finalista da Superliga Española en 2010 e 2011 co RCD Espanyol.
  • Campioa da W-League en 2010 co Buffalo Flash.
  • Campioa da Copa da Raíña de Fútbol en 2009 e 2010 co RCD Espanyol.
  • Campioa do Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA en 2004 coa Selección feminina de fútbol de España.
  • Catro veces campioa do Campionato de Galicia de fútbol feminino co Xuventú Aguiño.
  • Dúas veces campioa da Copa de Galicia de fútbol feminino co Xuventú Aguiño.
  • Tres veces Campioa do Campionato de Aragón de fútbol feminino (2005, 2006 e 2007) co Prainsa Zaragoza.
  • Campioa da Copa de Cataluña de fútbol feminino en 2008 co RCD Espanyol.
  • Campioa da Liga de Campións da UEFA feminina no 2015 co FFC Frankfurt.[5]
  • Campioa da Bundesliga no 2016 co FC Bayern Munich.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Co trofeo da Liga de Campioas Feminina da UEFA de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Verónica_Boquete&oldid=5135800"