Veronica Guerin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Veronica Guerin
Veronica Guerin 1.jpg
Estatua de Veronica Guerin no Castelo de Dublín.
Nacemento 5 de xullo de 1958
  Marsella
Falecemento 26 de xuño de 1996
  M7 motorway
Nacionalidade Irlanda
Relixión Igrexa católica
Educada en Trinity College, Dublin
Ocupación contador, xornalista, escritora e futbolista
Premios CPJ International Press Freedom Awards e International Press Institute World Press Freedom Heroes
editar datos en Wikidata ]

Veronica Guerin, nada en Dublín o 5 de xullo de 1958 e finada en Dublín o 26 de xuño de 1996, foi unha xornalista irlandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou nos xornais Sunday Bussines Post e Sunday Tribune. En 1994, ela comezou a escribir no xornal Sunday Independent sobre os criminais. Empregou pseudónimos para evitar denuncias por difamación.

Cando Guerin comezou a escribir sobre traficantes de drogas, recibiu varias ameazas de morte [1]. O 30 de xaneiro de 1995, despois de escribir un artigo sobre Gerry "O Monxe" Hutch, como unha advertencia, foi disparada na perna por un pistoleiro contratado por John Traynor [2]. O 13 de setembro de 1995, Veronica foi brutalmente agredida polo traficante John Gilligan ao intentar facerlle unha entrevista.[2] Máis tarde John ameazou con secuestrar e violar o seu fillo Cathal[3].

O 26 de xuño de 1996 Guerin foi asasinada por uns traficantes de droga mentres conducía o seu automóbil, parada nun semáforo, nunha das partes máis concorridas da cidade[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Reilly, Emily: Veronica Guerin: The Life and Death of a Crime Reporter. Vintage, 1998. ISBN 0-09-976151-3
  2. 2,02,1 "Veronica Guerin". undergroundnotes.com. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  3. "Veronica Guerin". Gale Encyclopedia of Biography. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  4. "Veronica Guerin". International Press Institute. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Veronica_Guerin&oldid=4767861"