Vicente Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Barrio
Vicente Barrio (Vida Socialista, 1911).jpg
Nacemento27 de outubro de 1863
 Quemada
Falecemento10 de xullo de 1926
 Madrid
SoterradoCemiterio Civil de Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Vicente Barrio Minguito, nado en Quemada o 27 de outubro de 1863 e finado en Madrid o 10 de xullo de 1926, foi un sindicalista e fontaneiro español, secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Quemada, provincia de Burgos, o 27 de outubro de 1863,[1] foi o sucesor de Antonio García Quejido na Secretaría Xeral da Unión Xeral de Traballadores e permaneceu no cargo entre 1903 e 1918.[1] Foi o primeiro presidente da Unión Ferroviaria, fundada en 1909.[2][3] En 1909 foi elixido concelleiro do Concello de Madrid,[4] cesando en 1913.[1]

Barrio mostrouse reluctante á colaboración cos anarquistas en 1916,[5] aínda que ao cabo foi un dos uxetistas asinantes, xunto a Besteiro e Largo Caballero, do pacto de Zaragoza de xullo de 1916 coa CNT, representada por Salvador Seguí e Ángel Pestaña, que posibilitou a folga de decembro.[6][7] No relativo a devandito proceso, foi situado como «moderado».[8][9]

Finou en Madrid o 10 de xullo de 1926.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,2 "Barrio Minguito, Vicente". Diccionario Biográfico del Socialismo Español. Fundación Pablo Iglesias. 
  2. Plaza Plaza 2006, p. 31.
  3. Palomares Ibáñez 1992, p. 448.
  4. Tiana Ferrer 1992, p. 112.
  5. Meaker 1974, pp. 39-42.
  6. Meaker 1974, p. 41.
  7. Forcadell Álvarez 2008, p. 76.
  8. Heywood 1990, p. 41.
  9. Romero Salvadó 1999, p. 36.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicente_Barrio&oldid=4753913"