Vicente Casabella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Casabella
Nacemento2 de xullo de 1840
 Ourol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Vicente Casabella Fernández, nado no Candedo (Ourol) o 2 de xullo de 1840 e finado na Coruña o 27 de xullo de 1900, foi un empresario e filántropo galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia pobre, e de novo emigrou a Cuba. Alí traballou de carboeiro e tempo despois montou o seu propio negocio. Retornou a Galicia e instalouse na Coruña. Deixou estipulado no seu testamento que se construíse unha escola para nenos e nenas na súa parroquia natal que levase o seu nome. En 1931 o municipio deulle o seu nome á avenida que atravesa a capital do concello, que promovera Eugenio Quintana.

En 1974 inaugurouse unha nova escola que leva o seu nome, o EEI Vicente Casabella[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concello de Ourol. Ourol. A nosa historia. 2011. ISBN 978-84-606-5262-5
  2. "Ourol, el lujo de la educación pública", artigo en El País, 8 de outubro de 2007 (en castelán).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicente_Casabella&oldid=4976562"