Vicente Feixoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Feixoo
Nacemento19 de febreiro de 1813
 Allariz
Falecemento14 de outubro de 1854
 Baiona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias, nado en Allariz o 19 de febreiro de 1813 e finado en Baiona o 14 de outubro de 1854, foi un médico e poeta galego, que Ricardo Carballo Calero sitúa entre os precursores de Rosalía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias era 4º neto do señor da Granxa do Mato, don Antonio Feixoo-Montenegro, pai de Frei Bieito Feixoo. Licenciado en medicina en 1837, morreu en Baiona, vítima do cólera.

Foi amigo de Neira de Mosquera e tamén de Saco e Arce, quen fixo figurar na pequena antoloxía da súa Gramática[1] unha composición de Vicente Feijoo: Á boa memoria de Azara. Con motivo da publicación das obras completas de Azara (1771-1804) preparouse unha “corona poética” con poemas nas diferentes linguas do estado.

A composición é un himno escrito en 1851 e composto en hendecasílabos formados por tres anapestos e unha sílaba final. Comeza e remata con serventesios, o resto consta de nove oitavas italianas, cos versos 1º e 5º non libres. O vocabulario é enxebre[2].

Vicente Feijoo tamén é autor de lendas en verso e algunha novela histórica en castelán [3].

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Saco Arce, Juan A (1868). Gramática Gallega. Imprenta de Soto Freire. p. 303-305. 
  2. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7. 
  3. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 201. ISBN 84-8288-019-5. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicente_Feixoo&oldid=4832691"