Vicente López Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Vicente López Veiga, nado en Moeche en 1847 e finado na Habana o 27 de setembro de 1928[1], foi un empresario emigrado a Cuba, onde fundou a revista Galicia, a publicación de máis longa vida da emigración galega en América.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

López Veiga emigrou a Cuba sendo un rapaz de 14 anos, o 31 de outubro de 1861, e entrou a traballar nun negocio de papelería e, posteriormente, nunha acreditada imprenta da Habana. Foi socio fundador do Centro Gallego na Habana, da Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia, da agrupación Ferrol y su Comarca e da Asociación Iniciadora da Real Academia Galega. En 1876 casou con Dolores Álvarez Romero. En 1909 estableceu a imprenta La Comercial na que se publicou a revista Bohemia[2].

En 1902 fundou a revista Galicia [3], da que foi director ata finais de 1903, ano no que foi substituído no cargo por José Benito Cerdeira [4] . Neste semanario publicou diferentes colaboracións baixo os pseudónimos de "Pardo de Cela" e "Conde de Castelnovo".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Españoles en Cuba en el siglo XX / Jorge Domingo Cuadriello, p. 26
  2. Españoles en Cuba en el siglo XX / Jorge Domingo Cuadriello, p. 27
  3. Que veu substituír a El Eco de Galicia, pechado o 5 de outubro de 1901.
  4. No número 48 de 1902, publicado o 20 de novembro, desaparece da cabeceira a mención a López Veiga como "Director fundador", substituída a partir de entón pola de "Fundador: Vicente López Veiga. Director: José B. Cerdeira". Ese número ofrece en portada unha semblanza anónima, máis laudatoria que biográfica, de López Veiga, na que se dá conta de que "imposibilitado para continuar al frente de 'GALICIA', por las continuas y múltiples ocupaciones que sobre él pesan, deja dirección de ésta a cargo de D. José Cerdeira".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Don Vicente López Veiga", en Galicia. Revista semanal ilustrada 48, 20 de novembro de 1903, px. 1-2. Edición facsimilar (anos 1902-1903) do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2007.
  • NEIRA VILAS, Xosé: "Galicia: revista semanal bilingüe", en GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA, s. v. Galicia (2003).
  • REAL ACADEMIA GALEGA: "Boletín nº 154" (1923).
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicente_López_Veiga&oldid=4641458"