Vicente Manuel Cociña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vicente Manuel Cociña Vizoso")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vicente Manuel Cociña
Vicente Manuel Cociña.jpg
Nacemento 13 de febreiro de 1818
  Celeiro
Falecemento 29 de abril de 1854
  Córdoba
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación xornalista
editar datos en Wikidata ]

Vicente Manuel Cociña Vizoso, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de febreiro de 1818 e finado en Córdoba o 29 de abril de 1854, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus primeiros estudos no Colexio da Natividade de Viveiro e despois Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1842 foi elixido presidente da Academia Literaria de Santiago. En 1850 foi deputado por Viveiro. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o periódico El Centinela de Galicia (1843). Anos máis tarde dirixiu El Oriente, de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, onde tiña como compañeiros de redacción a Tiburcio Faraldo e Luis Trelles. A inserción de determinados artigos considerados demasiado combativos neste xornal motivou a súa persecución e a dos xornalistas que traballaban nel. Como consecuencia fuxiu a Córdoba, onde faleceu. Atribúeselle a autoría da Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846).[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Un sueño en Estambul en el año 1550, 1840.
  • Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español, 1841.
  • Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842, 1842.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Porto, Juan do (1846). Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (en castelán). Madrid: Imprenta de la Viuda de Burgos. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicente_Manuel_Cociña&oldid=4629902"