Vicki Baum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicki Baum
Vicki Baum.jpg
Nacemento24 de xaneiro de 1888
 Viena
Falecemento29 de agosto de 1960
 Hollywood
CausaLeucemia
NacionalidadeEstados Unidos de América e Austria
Ocupaciónguionista, escritora e xornalista
Cónxuxesen etiquetar e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Vicki Baum, nada en Viena o 24 de xaneiro de 1888 e finada en Hollywood o 29 de agosto de 1960, foi unha escritora austríaca nacionalizada norteamericana en 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Viena no seo dunha familia xudía, estudou no Conservatorio de Viena e traballou durante tres anos nunha orquestra de Alemaña tocando a arpa. Máis tarde traballou como xornalista para a revista Berliner Illustrierte Zeitung. Durante a Primeira Guerra Mundial traballou durante un tempo como enfermeira, casou dúas veces, primeiro en 1914 cun xornalista austríaco que a introduciu no mundo cultural vienés e despois co director de orquestra Richard Lert. Dende 1931 residiu nos Estados Unidos e as súas obras prohibíronse na Alemaña nazi.

Baum comezou a escribir durante a adolescencia, pero non publicou o seu primeiro libro, Frühe Schatten ata 1920. A súa novela máis famosa é Menschen im Hotel (1929) da que se fixo unha adaptación cinematográfica en 1932, Grand Hotel que gañou o Óscar ao mellor filme. Escribiu máis de 50 novelas, e cando menos 10 adaptáronse para filmes de Hollywood. A partir de The Ship and The Shore (1941) escribiu as súas novelas en inglés. As súas memorias apareceron postumamente, en 1962 co título de Es war alles ganz anders.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vicki_Baum&oldid=4604997"