Victoria Ocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victoria Ocampo
Victoria Ocampo y Sur.jpg
Nome completoRamona Victoria Epifanía Rufina Ocampo
Nacemento7 de abril de 1890
 Buenos Aires
Falecemento27 de xaneiro de 1979
 Buenos Aires
Causacancro de larinxe
SoterradaCemitério da Recoleta
NacionalidadeArxentina
Educada enCollège de France e Universidade de París
Ocupaciónescritora, tradutora, editora e crítico
IrmánsSilvina Ocampo
PremiosCommander of the Order of the British Empire, Prêmio Maria Moors Cabot e Prix du Rayonnement de la langue et de la littérature françaises
editar datos en Wikidata ]

Ramona Victoria Epifanía Rufina Ocampo, nada en Buenos Aires o 7 de abril de 1890 e finada en Beccar[1] o 27 de xaneiro de 1979, foi unha escritora,[2]intelectual, tradutora, editora e mecenas arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia Ocampo descende dun paxe galego de Isabel a Católica, un dos primeiros habitantes da illa de Santo Domingo.[3] Nada nunha familia aristocrática,[4] foi educada con institutrices e a súa primeira lingua foi o francés. En 1924 publicou a súa primeira obra, De Francesca a Beatrice, editada pola Revista de Occidente coa axuda de José Ortega y Gasset. Participou desde a súa mocidade nas primeiras manifestacións dos movementos feministas, intelectuais e antifascistas arxentinos, e en 1936 fundou a Unión Argentina de Mujeres.[5]

As súas viaxes por todo o mundo permitíronlle entrar en contacto cos principais expoñentes da literatura e o ámbito intelectual. Alentada por Waldo Frank e Eduardo Mallea, fundou en 1931 a revista e editorial Sur.[6] En 1941 instalouse definitivamente na súa residencia de Villa Ocampo —actualmente pertencente á UNESCO—, que se converteu en lugar de recepción de figuras estranxeiras como Rabindranath Tagore, Albert Camus, Graham Greene, Igor Stravinskii, Saint-John Perse, Pierre Drieu La Rochelle, Roger Caillois, Ernest Ansermet ou Indira Gāndhi.[7]

Única latinoamericana presente nunha das sesións dos xuízos de Núremberg, militou activamente na oposición ao peronismo, motivo polo cal foi arrestada durante 26 días en 1953.[8] Foi presidenta do Fondo Nacional de las Artes desde 1958 a 1973 e recibiu diversas distincións, entre elas o doutorado honoris causa por varias universidades e a Orde do Imperio Británico. En 1977 foi a primeira muller elixida membro da Academia Argentina de Letras.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Testimonios (10 series, 1935-1977)
  • Autobiografía (6 volumes, 1979-1984)
  • De Francesca a Beatrice (1924; con prólogo de Ortega y Gasset)
  • La laguna de los nenúfares (1926)
  • Domingos en Hyde Park (1936)
  • San Isidro (1941; cun poema de Silvina Ocampo e 68 fotografías de Gustav Thorlichen)
  • Le Vert Paradis (1947)
  • Lawrence d´Arabia (1947; publicado en francés e inglés)
  • El viajero y una de sus sombras (1951)
  • Lawrence de Arabia y otros ensayos (1951)
  • Virginia Woolf en su diario (1954)
  • Habla el algarrobo (1959)
  • Tagore en las barrancas de San Isidro (1961)
  • Juan Sebastián Bach, El hombre (1964)
  • La bella y sus enamorados (1964)
  • Diálogo con Borges (1969)
  • Diálogo con Mallea (1969)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez Plá, Bárbara. «Vuelta al pasado en Villa Ocampo» diario Clarín, 1 de novembro de 2013 (en castelán)
  2. Enciclopedia Universal Clarín del Estudiante, p. 850
  3. Vázquez (1991), p. 15
  4. "Hace 30 años fallecía Victoria Ocampo". diario La Nación. 27 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2011. 
  5. Vázquez (1991), p. 146
  6. Muñoz Pace, pp. 12-3
  7. 7,07,1 Amato, Alberto (1979). "Victoria Ocampo (1890-1979)". Gente (706). 
  8. Vázquez (1991), p. 185

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ocampo, Victoria (1977). Testimonios: décima serie (1975-1977) (10 ed.). Sur. 
  • Artes Gráficas Rioplatense, ed. (2003). Enciclopedia Universal Clarín del Estudiante. Argentina: Clarín. ISBN 950-782-320-4. 
  • Horan, Elizabeth (2003). University of Texas Press, ed. This America of Ours: The Correspondence of Gabriela Mistral y Victoria Ocampo (2 ed.). Austin. 
  • Muñoz Pace, Fernando (2010). Artes Gráficas Rioplatense S.A., ed. Fascículo "Entre la crisis y la guerra mundial" (13 ed.). Sol 90. pp. 12–13. ISBN 978-987-07-0873-5. 
  • Vázquez, María Esther (1991). Victoria Ocampo. Planeta. ISBN 950-742-056-8. 
  • Ruiz Guiñazú, Magdalena (2012). Secretos de familia. Random House Mondadori. ISBN 978-987-566-764-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Victoria_Ocampo&oldid=4662588"