Victoriano Fernández Asís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victoriano Fernández Asís
Alcume Luis de Salazar
Nacemento 1906
  A Coruña
Falecemento 14 de maio de 1991
  Madrid
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Salamanca
Ocupación presentador de televisión e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Victoriano Fernández Asís, tamén coñecido polo pseudónimo Luis de Salazar, nado na Coruña en xullo de 1906 e finado en Madrid o 14 de maio de 1991[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os estudos de bacharelato na Coruña e colaborou no periódico El Orzán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Colaborou en Galicia Nueva e dirixiu os diarios El Orzán e El Día. A finais de 1933 instalouse en Madrid e ao ano seguinte comenzou a colaborar no diario El Sol.

Despois da guerra civil traballou no Diario Pueblo, primeiro escribindo sobre cuestións navais e finalmente facendo crítica literaria. Despois pasou a Radio Nacional de España, da que foi xefe da Programación Cultural, colaborando durante moito tempo no programa España a las ocho. Foi director da revista mensual Vía Libre e secretario da Revista General de Marina.

Ingresou en TVE en 1956, o ano da súa inauguración, para moderar un debate sobre a rebelión de Hungría, da que fora testemuña. Continuou participando en programas de debate e entrevistas, como La hora Philips. En 1959 foi nomeado Xefe de Programas, incluídos os informativos, cargo que desempeñou ate 1962. Puxo en marcha varios programas de entrevistas, debate e información política, como La figura de la semana, dentro do programa Festival Marconi (1956-1957), Imagen de una vida (1956), Foro TV (1963-1964), Rueda de prensa (1965-1966), Llamada al diálogo (1966), Tribuna TV (1967-1968), Hora punta (1969) e ...Y siete (1971). Posteriormente dirixiu o Telediario a principios dos anos setenta. En 1974 presentou brevemente o Telediario, pero tralo cesamento de Pío Cabanillas, ese mesmo ano, abandonou o medio. Foi director do Instituto Oficial de Radio y Televisión (1978-1980).

Impartiu clases de xornalismo na Escola Oficial Xornalismo e na Escola de Radio e Televisión e na Facultade de Ciencias da Información, da que foi nomeado vicedecano en 1972.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La dragoneta.
  • Tiempo nuevo.
  • Doces meses y un día (con Cipriano Torre Enciso).
  • El Madrid de los Austrias (1965).
  • Las incógnitas de los medios electrónicos.
  • Los medios audiovisuales en el desarrollo cultural (1968).
  • Radio-televisión, información y programas las incógnitas de los medios electrónicos (1986).
  • Epistolario de Felipe II sobre asuntos de mar (1986).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Ondas (Nacionais de Televisión) en 1963, como Mellor Director.
  • Premio Rodríguez Santamaría, 1981.
  • Premio Luca de Tena.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Victoriano_Fernández_Asís&oldid=4736362"