Vigozoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′54″N 8°40′32″O / 42.248388, -8.675432

Un exemplar de oso pardo no zoo vigués.

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Historia[editar | editar a fonte]

Está situado no monte da Madroa, a uns 10 km do centro da cidade, e ten unha extensión de 55.676 m². Inicialmente foi constituído como fundación pública en 1970, creado a iniciativa de Rafael Portanet durante o seu mandato como alcalde de Vigo, e construído polo seu sucesor no cargo, Antonio Ramilo. A súa inauguración oficial foi o 18 de xullo de 1971. Na actualidade, xunto co Parque Marcelle Natureza son os únicos parques zoolóxicos de Galicia.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

No parque exhíbense as especies de animais e plantas a seguir:[2]

Vigozoo foi o último fogar do sonado mono Paco[3] da especie Chlorocebus sabaeus, trasladado por iniciativa do entón concelleiro de Vigo Antonio Nieto Figueroa 'Leri', desde a alameda de Redondela a Vigozoo por mor do seu desenfreo sexual, proporcionandoselle un harén de catro monas (o que provocou as protestas de colectivos feministas).[4]

Mamíferos[editar | editar a fonte]

Lince común en Vigozoo.

Aves[editar | editar a fonte]

Réptiles[editar | editar a fonte]

Camaleón en Vigozoo.

Anfibios[editar | editar a fonte]

Axolote en cativerio.

Insectos[editar | editar a fonte]

  • Insecto pau alado (Sipiloidea sipylus)
  • Insecto pau común (Baculum extradentatum)
  • Insecto pau do Perú (Oreophoetes peruana)
  • Insecto pau da Cordilleira Cóndor (Peruphasma schultei)

Arácnidos[editar | editar a fonte]

  • Escorpión emperador (Pandinus imperator)
  • Migala de patas vermellas (Brachypelma smithi)
  • Migala rubia (Grammostola sp.)
  • Tarántula cebra de Costa Rica (Aphonopelma seemanni)
  • Tarántula cornuda (Ceratogyrus marshalli)
  • Tarántula de Chile (Grammostola rosea)
  • Tarántula tigre asiática (Haplopelma sp.)
  • Tarántula voadora (Avicularia avicularia)

Moluscos[editar | editar a fonte]

Peixes[editar | editar a fonte]

Plantas[editar | editar a fonte]

Árbore da seda (Albizia julibrissin), especie que se atopa en Vigozoo

Pódense atopar 42 especies de árbores, arbustos e plantas, moitas delas autóctonas, outras exóticas.

Instalacións e servizos[editar | editar a fonte]

O parque conta coas seguintes instalacións e servizos:[11]

  • Departamento de educación: organiza visitas guiadas, obradoiros, aniversarios, campamentos, concursos etc.
  • Exotarium: nel áchanse os insectos, arácnidos, anfibios e réptiles. No primeiro andar están as bolboretas e as aves, no que se atopan aves exóticas durante todo o ano e na primavera e no verán tamén bolboretas.
  • Nocturama: atópanse diferentes animais nocturnos, coma morcegos, mouchos, petauros ou gálagos.
  • Tres acuarios: onde se poden ollar especies mariñas coma polbos e diversas especies de cabaliños do mar.[12]
  • Planetario con capacidade para 20 persoas.
  • Merendeiro cuberto con instalación solar didáctica.
  • Parque infantil.
  • Cafetaría.
  • Tenda de agasallos.
  • Dentro do recinto tamén hai un monólito na memoria a Félix Rodríguez de la Fuente.[13]

Contorna[editar | editar a fonte]

O zoo de Vigo áchase par do miradoiro da Madroa, con vistas panorámicas sobre a ría de Vigo e o parque forestal do Vixiador, con máis de 15 ha cunha rica flora e fauna. Hai pouco talláronse as árbores exóticas coma eucaliptos e acacias e plantáronse especies autóctonas coma o carballo ou o bidueiro

Preto do parque zoolóxico tamén hai un campo megalítico cun gran número de túmulos. O máis grande acada un diámetro de vinte m e unha altura de 3,50 m. As instalacións de adestramento do Real Club Celta de Vigo tamén se atopan no lugar.

Críticas[editar | editar a fonte]

En 2011, unha denuncia cursada por Infozoos provocou a condena da Comisión Europea a España polo incumprimento da lei de zoolóxicos.[14]

A Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia detectou faltas na situación de Vigozoo en 2010 e, tras comprobar que seguía incumprindo a normativa de zoos en marzo de 2011, outorgoulle un prazo de seis meses para presentar a licenza municipal de actividade como zoolóxico, a modificación do programa nutricional, un plan definitivo e detallado do programa de cría en catividade do sapoconcho común (Emys orbicularis) e unha memoria das actividades desenvolvidas.[15]

En febreiro de 2013 a Comisión Europea validou as reformas realizadas en Vigozoo, polo que o parque zoolóxico cumpre na actualidade coa normativa Europea vixente.[16]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

O Mono Paco foi un inquilino ilustre de Vigozoo (1991 †) 
Gamo albino 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parques y senderismo Vigozoo". Ayuntamiento de Vigo. 
  2. concello de Vigo. "VigoZoo". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2014. 
  3. "Pasiones y muerte del mono Paco". Interviú. 
  4. "El mono 'Paco', en clave política". El Pais. 
  5. Noticia en La Voz de Galicia sobre a nova adquisición desta especie para VigoZoo en xaneiro de 2015
  6. Boletín Oficial del Estado (versión oficial galega) xunto co nome morcego expcio
  7. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  8. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  9. Boletín Oficial del Estado (versión oficial galega)
  10. Nome galego en Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España, Boletín Oficial del Estado, 2006 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  11. "Instalaciones y Servicios". www.vigozoo.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2014. 
  12. "Vigozoo amplía la familia". Faro de Vigo. 
  13. "Vigozoo estrena la Isla de los Primates, pero sin monos". www.farodevigo.es. 
  14. "Bruselas cree que Vigozoo viola la norma sobre cuidado de animales y la Xunta garantiza que es legal". Faro de Vigo. 10 de decembro de 2010. 
  15. "El zoológico vigués sigue sin cumplir toda la normativ". La Voz de Galicia. 3/3/2011. 
  16. "La UE archiva la multa a Vigozoo y valida las reformas para adaptarlo al actual reglamento". Faro de Vigo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vigozoo&oldid=5138871"