Vilaboa, Valdoviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vilaboa
Igrexa de Vilaboa.JPG
Igrexa de San Vicente de Vilaboa
ConcelloValdoviño
Área11,8 km²
Poboación182 hab. (2017)
Densidade15,42 hab./km²
Entidades de poboación22

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Outros datos[editar | editar a fonte]

Hai un campo de fútbol denominado O Lameiro onde disputa os partidos o C.D. Rosalía de Vilaboa. Tamén hai unha pista polideportiva ao seu carón.

Nesta parroquia atópase unha base do Grupo de extinción de incendios e tamén unha Cooperativa.

Celébrase a festa de San Vicente (patrón da parroquia) o 24 de maio. Tamén se celebra nesta parroquia cada ano a Festa da Muiñeira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilaboa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilaboa no concello de Valdoviño (provincia da Coruña)

A Augalevada | O Basteiro | Os Bidueiros | A Braxe | O Camiño Grande | O Campo da Taberna | O Caneiro | A Carbeira | As Cortiñas | A Cruxeira | A Figueira | Os Fiúnchos | A Igrexa | Morgadelle | Pena do Boi | O Pereiro | A Porta de Novo | Os Romeos | San Pedro | O Seixidal | A Vilaxe | Vilela | A Vispeira

Parroquias de Valdoviño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Valdoviño

Lago (Santiago) | Loira (San Pedro) | Lourido (San Bartolomeu) | Meirás (San Vicente) | Pantín (Santiago) | O Sequeiro (Santa María) | Valdoviño (Santalla) | Vilaboa (San Vicente) | Vilarrube (San Martiño)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vilaboa,_Valdoviño&oldid=4692867"