Vilariño, Cambados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vilariño
Vilariño.jpg
Igrexa parroquial.
ConcelloCambados
Poboación2.183 hab. (2016)
Entidades de poboación16

Santo Adrián de Vilariño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambados. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.183 habitantes (1.121 mulleres e 1.062 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación,o que supón un descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 2.267 veciños, e 2005, cando eran 2.298.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A altitude media da parroquia é de 25 m e o pico máis elevado é o Con das Sete Pías, que ten 96 m. Santo Antón é o núcleo de poboación máis elevado con 60 m de media.

O río que pasa por Vilariño é o Umia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Vilariño na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • As nenas de Vilariño,/ non é unha que son todas,/ levan tres pares de medias/ pra facer as pernas gordas [1].
  • Eu pasei por Vilariño,/ por Vilariño cantando,/ as mozas de Vilariño/ quedan no río lavando [2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilariño, Cambados.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilariño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilariño no concello de Cambados (Pontevedra)

A Bouciña | A Laxe | A Modia | A Telleira | A Xesteira | As Quintáns | Cacabelos | Casas Novas | Cortiñas | Covas de Lobos | Cuíña | Fornos | O Cruceiro | O Sineiro | Sameiro | Santo Antón

Parroquias de Cambados[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cambados

Cambados (Santa Mariña) | Castrelo (Santa Cruz) | Corvillón (San Amedio) | Oubiña (San Vicenzo) | Vilariño (Santo Adrián)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193. Non se pode asegurar que a cantiga se refira ó Vilariño de Cambados, pero cabe supoñelo porque o cantigueiro recolle coplas de toda a ría de Arousa.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 175.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vilariño,_Cambados&oldid=4817476"