Vilariño de Conso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°09′57″N 07°10′54.9″O / 42.16583, -7.181917

Vilariño de Conso
Escudo de Vilariño de Conso
Entre A Gudiña e Vilariño de Conso, Ourense.jpg
Entre A Gudiña e Vilariño de Conso.
Situacion Vilariño de Conso.PNG
Situación
Xentilicio[1]vilariñés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación558 hab. (2017)
Área200,2 km²
Densidade2,79 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2015)
AlcaldesaMelisa Macía Domínguez (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 4

Outros: AIVIC 3
Eleccións municipais en Vilariño de Conso
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes88,11%
Na rede
http://www.vilarinodeconso.es

Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2017 tiña unha poboación de 558 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.

Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³[3], e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1345 metros de altitude. A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxística.

Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Vilariño de Conso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017
2.256 2.252 2.172 1.222 749 700 673 632 660 633 {{{13}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 558 (2017)
Menores de 15 anos 35 (6.27 %)
Entre 15 e 64 anos 321 (57.53 %)
Maiores de 65 anos 202 (36.2 %)

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Encoro das Portas.

Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.

O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros[4].

En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos. Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.

O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza. É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica. No ano 2018 creouse tamén a ruta de sendeirismo PR-G 146 Ruta Castelo de Cerveira, que parte de Pradoalbar, pasa pola ponte de Pradoalbar[5] e remata próxima á corga do Berganzo. Dende alí, por un camiño sinalizado pero non homologado ascéndese ata o castelo de Cerveira.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Dentro da gastronomía local destacan as troitas e anguías dos ríos Cenza e Conso, amais dos chourizos, androllas e xamóns. O domingo de entroido celébrase unha festa de exaltación do cabrito. Entre as sobremesas sobresaen a bica e o montonico. O museo etnográfico de Vilariño de Conso conta cun centro de interpretación do cogumelo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilariño de Conso

Castiñeira (San Lourenzo) | Chaguazoso (San Bernabé) | Conso (Santiago) | Mormentelos (Nosa Señora da O) | Pradoalbar (Santo André) | Sabuguido (Santa María) | San Cristovo (San Cristovo) | San Mamede de Hedrada (San Mamede) | Veigas de Camba | Vilariño de Conso (San Martiño)


Lugares de Vilariño de Conso[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilariño de Conso vexa: Lugares de Vilariño de Conso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. "Embalse: Las Portas". Embalses (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2010. 
  4. Castelo de Cerveira na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.
  5. Ponte de Pradoalbar na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vilariño_de_Conso&oldid=4994518"