Vilarmosteiro, O Páramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vilarmosteiro
Igrexa de Santa Eufemia de Vilarmosteiro, O Páramo.jpg
Igrexa de Santa Eufemia de Vilarmosteiro.
ConcelloO Páramo
Poboación118 hab. (2011)
Entidades de poboación14

Santa Eufemia de Vilarmosteiro é unha das 18 parroquias do concello lugués do Páramo. Segundo o IGE en 2011 tiña 118 habitantes (66 mulleres e 52 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 134 habitantes.

Consta de 12 núcleos de poboación: Vilarmosteiro, Mundín, Lamacemón, Seoane, O Castro, A Ciguñeira, O Castro de Neira, Lamabecerros, A Cal, Vigodefondo, O Campo da Feira e San Xuliao.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Na parroquia de Vilarmosteiro encóntrase o Campo da Feira do Páramo. O Campo da Feira consta dunha carballeira de máis de 7 hectáreas. Ó redor do Campo da Feira o concello do Páramo foi construíndo distintos edificios públicos que foron consolidando a Vilarmosteiro como a capitalidade: o pavillón polideportivo, o centro médico, o colexio público, a casa do médico, e finalmente no ano 2006 un edificio multiusos a onde se trasladou a Casa Consistorial.

No ano 1976 comezaron a organizarse as Feiras e Festas de Primavera, co ánimo de recuperar a vitalidade na carballeira ante a ameaza da especulación urbanística. Estas feiras están organizadas pola Asociación de Amigos do Campo da Feira, creada por Jesús Méndez.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira referencia histórica que se coñece de Vilarmosteiro é do ano 1229, cando Vivian Froyaz se bateu en preito coa Encomenda de Portomarín polo padroado da Igrexa de Vilarmosteiro. Este documento é o primeiro documento escrito en galego máis antigo da provincia de Lugo. Curiosamente o segundo documento máis antigo en galego da provincia inclúe tamén o topónimo Vilarmosteiro.

Durante a Segunda República recoñecidos políticos do momento deron mítins políticos no Campo da Feira. O máis sonado foi o de Ramón Otero Pedrayo que se subiu a un estrado sobre varias cubas de viño diante da Casa do Zapateiro.

No ano 2000 os veciños de Vilarmosteiro crearon a Asociación Lares Unidos, coa pretensión de organizar as festas do San Vitorio, crear unha sede social propia, e a realización das actuacións necesarias para a construción dun novo camposanto parroquial.

Festas[editar | editar a fonte]

A parroquia organiza en torno ó día 27 de agosto a festa do San Vitorio, instaurada a finais do século XIX polo párroco Juan Benito Quiroga. O día 16 de setembro celébrase unha misa pola Santa Eufemia, patroa desde antes do ano 1229.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes do Páramo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilarmosteiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilarmosteiro no concello do Páramo (Lugo)

O Agro | A Cal | O Campo da Feira | O Castro de Neira | A Ciguñeira | O Couso | Lamabecerros | Lamacemón | Mundín | A Ponte de Neira | San Xulián | Seoane | Vigo de Fondo | Vilarmosteiro

Parroquias do Páramo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Páramo

Adai (Santa Mariña) | Friolfe (San Xoán) | Gondrame (Santa María) | Grallás (Santo Estevo) | Moscán (Santa María Madanela) | Neira (Santa María Madanela) | Piñeiro (San Salvador) | Reascos (Santa María) | Ribas de Miño (Santiago) | A Ribeira (San Mamede) | Sa (Santiago) | San Vicente de Gondrame (San Vicente) | Santo André da Ribeira (San Pedro) | A Torre (San Martiño) | Vilafiz (Santa María) | Vilarmosteiro (Santa Eufemia) | Vilasante (Santa Cruz) | Vileiriz (San Salvador)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vilarmosteiro,_O_Páramo&oldid=4812226"