Vilasante, Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°48′45.6″N 7°02′53.8″O / 42.812667, -7.048278

Vilasante
ConcelloCervantes
Poboación45 hab. (2014)
Entidades de poboación4

Santiago de Vilasante é unha parroquia que se localiza no concello de Cervantes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 60 habitantes (31 mulleres e 29 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 21 homes e 24 mulleres.

A parroquia denominouse Santiago de Ribasmorto ata finais do século XVIII.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar do Fabal está o castro da Penatallada, situado na finca de Reboleira dos Señores, tamén chamada Reboleira da Penatallada. O castro foi cristianizado coa construción da capela de Santa Catalina, actualmente en ruínas. O poboado castrexo conserva as murallas e foxos, e un gran corte na pena que lle dá nome.

Na mesma aldea está o pazo dos Señores do Fabal, fundado no século XVI polos Santín de Neira. Ten unha capela de San Bartolomé construída en 1726 co panteón familiar.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilasante[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Vilasante no concello de Cervantes (Lugo)

O Fabal | Pontorrón | Vilar de Cucos | Vilasante

Parroquias de Cervantes[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervantes

Ambasvías (Santalla) | Castelo (San Pedro) | O Castro (Santa María) | Cereixedo (Santiago) | Donís (San Fiz) | Dorna (Santa María) | Lamas (San Xiao) | O Mosteiro (San Xoán) | Noceda (San Pedro) | O Pando (Santa María) | Quindous (San Xusto) | A Ribeira (San Martín) | San Pedro de Cervantes (San Pedro) | San Román de Cervantes (San Román) | San Tomé de Cancelada (San Tomé) | Vilapún (Santa Comba) | Vilaquinte (San Breixo) | Vilarello (Santa María) | Vilasante (Santiago) | Vilaspasantes (San Xoán) | Vilaver (San Xusto)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vilasante,_Cervantes&oldid=4750572"