Vincenzo Bellini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vincenzo Bellini
Vincenzo bellini.jpg
Nome completo Vincenzo Salvatore Carmelo Francesco Bellini
Nacemento 3 de novembro de 1801
  Catania
Falecemento 23 de setembro de 1835
  Puteaux
Causa Disentería
Soterrado Cemiterio do Père-Lachaise e Catania Cathedral
Etnia Pobo italiano
Ocupación compositor
Coñecido/a por Il pirata, Norma, La sonnambula e I puritani
Premios cabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Vincenzo Salvatore Carmelo Francesco Bellini, coñecido simplemente como Vincenzo Bellini, nado en Catania (Reino de Sicilia) o 3 de novembro de 1801 e finado en Puteaux (Altos do Sena, Francia) o 23 de setembro de 1835, foi un compositor italiano do Romanticismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bellini formouse no conservatorio de San Pietro a Majella de Nápoles. Pronto encárganlle Bianca e Gernando interpretada con éxito en 1826 no Teatro San Carlo; a obra foi tan ben recibida que invitaron inmediatamente a Bellini a compoñer para a Scala de Milán Il pirata (1827).

Finado case aos 34 anos por un tumor intestinal, Bellini deixou, a pesar da súa curta carreira, algunhas das óperas máis interpretadas do repertorio lírico como La sonnambula (1831), Norma (1831) e I puritani (1835).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vincenzo_Bellini&oldid=4742805"