Vinho do Dão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dão é unha Denominación de Orixe Protexida portuguesa para viños producidos na Rexión Demarcada do Dão, pertencente á provincia de Beira Alta, no centro de Portugal. Esta rexión atópase preto da Serra da Estrela e caracterízase polo seu relevo accidentado.

Características[editar | editar a fonte]

A Região Demarcada do Dão foi instituída en 1908 e produce viños tintos con alta graduación. Ten preto de 20.000 hectáreas de viña en aproximadamente 376.000 hectáreas de terra, que se espallan por varios distritos como:

  • Coimbra: Arganil, Oliveira do Hospital, Tábua;
  • Guarda: Aguiar da Beira, Fornos de Algodres, Gouveia e Seia;
  • Viseu: Carregal do Sal, Mangualde, Mortágua, Nelas, Penalva do Castelo, Santa Comba Dão, Sátão, Tondela e Viseu (parcialmente).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Viños de Portugal

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vinho_do_Dão&oldid=4812313"