Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Violín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Violinista")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Violín
Violino
Old violin.jpg
Violín feito segundo un exemplar
de Jakob Stainer, século XVIII
Información
Clasificación
Tesitura
Range violin.png
Instrumentos relacionados
Músicos notables
Fabricantes notablesLuthier
Caixa con violín

O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.

A palabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiriu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius e Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò ou Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.

Os violíns clasifícanse de acordo co seu tamaño: o 4/4 ―cunha lonxitude habitual de 35,5 cm, un largo máximo de 20 cm e un alto de 4,5 cm― é o máis grande e é empregado polos adultos; séguenlle os violíns de tamaño menor, destinados a mozos e nenos, denominados 3/4, 2/4 e 1/4. Existe tamén un violín de tamaño 7/8, chamado "Lady", que empregan algunhas mulleres ou varóns adultos de mans pequenas. O tamaño do violín vai de acordo o tamaño (lonxitude) da man.

Historia[editar | editar a fonte]

Xenealoxía do violín segundo a Enciclopedia Británica (vol. 7, páx. 514, 11.ª ed., 1911).

A xenealoxía que leva ao violín actual é máis complexa. Atópase no fretamento das cordas do laúde e o rebab e a súa versión europea, o rabel, instrumentos difundidos na Europa mediterránea durante a expansión medieval da cultura árabe. En Italia, a partir da lira bizantina xurdiron os antecedentes máis evidentes, que foron a viola de arco e a lira ou viola da braccio, moi semellante a un violín primitivo, aínda que co diapasón separando os bordóns.

O violín propiamente dito apareceu no século XVII, aínda que con algunhas diferenzas respecto á maioría dos violíns que se fabricaron a partir do século XIX. A tapa superior e as táboas laterais fanse de madeira branda, mentres que a tapa inferior se fai de madeira dura. A cidade de Cremona atopábase entre un bosque de abetos (madeira branda) e un de arces (madeira dura), polo que estas madeiras eran as que empregaban os grandes mestres violeiros. O modelo actual de arco data do século XIX, cando François Tourte lle deu unha curvatura cóncava, que nos modelos primitivos era convexa coma a do arco de cacería.

Aínda que no século XVII o violín (violino) estaba bastante difundido en Italia, carecía do prestixio doustros instrumentos como o laúde ou a viola da gamba. Claudio Monteverdi foi un dos que descubriron a posibilidade das calidades sonoras do violín e por iso o empregou para complementar as voces corais da súa ópera L'Orfeo (1607). A partir de aí o prestixio do instrimento comezou a crecer e comezaron a facerse célebres certos fabricantes de violíns como Gasparo Bertolotti de Salò, Giovanni Maggini de Brescia ou Jakob Steiner de Viena. Con todo, a cidade que destacou por estes artesanos foi Cremona, de onde eran Andrea Amati, Giuseppe Guarneri e Antonio Stradivari, coñecidos polos seus apelidos latinizados: Amatius, Guarnerius, Stradivarius. Durante o século XIX destacaron François Lupot e Nicolas Lupot. Dende entón, e sobre todo co barroco iniciouse a idade de ouro do violín.

O violín expandiuse por todo o mundo, aparecendo mesmo como "instrumento tradicional" en países non europeos, dende América ata Asia. Recibiu atención especial na música árabe, na que o executante o toca apoiado no xeonllo como se fose un violoncello, e na música celta irlandesa, onde recibe o nome de fiddle (derivado do italiano fidula), e as súas músicas derivadas como, en certo grao, o country.

Técnicas do violín[editar | editar a fonte]

  • Pizzicato: non sempre os violinistas utilizan o arco. De vez en cando beliscan as cordas, iso é chamado pizzicato (lese pitci-cato).
  • Surdina: fíxase un grampo de madeira sobre o cabalete do violín, facendo que o seu son saia abafado.
  • Sul ponticello: o violinista debe pasar o arco preto do cabalete, xerando un son de timbre agudo.
  • Col legno (coa madeira): o arco é asegurado de lado, de forma que nas notas tocadas a madeira do arco bata nas cordas.
  • Vibrato: un dos dedos que toca a corda vibra levemente, producindo unha flutuación no ton e enriquecendo o son.
  • Corda dupla: significa tocar dúas cordas, e consecuentemente dúas notas, dunha soa vez.
  • Harmónicos: notas suaves producidas polo toque moi leve sobre a corda.
  • Glissando: o violinista escorrega o dedo sobre a corda, dunha nota á outra

Stradivarius[editar | editar a fonte]

Os violíns Stradivarius son os máis valorados do mundo, é tanto que adoitan ter nomes propios, que acostuman vir dados polos anteriores propietarios. Foron feitos apenas 250 polo mestre Antonio Stradivari (1643-1737). O seu valor vai en alza, a pesar de que non hai un que tenha xa a tapa sen quebrar; un Stradivarius de 1720 foi comprado nunha poxa en novembro de 1990 por 1,7 millóns de dólares, no 2010 foi vendido o 'Molitor' por 3.6 millóns de dólares e pouco despois, nunha poxa benéfica en prol das vítimas do tsunami do ano 2011, os xaponeses venderon o 'Lady Blunt' por 15.9 millóns de dólares.[1]

Un dos segredos da calidade dos violíns Stradivarius reside en que o seu construtor os construía en simetría perfecta segundo o número de ouro (phi: 1,618). A isto súmase a súa idade, xa que os instrumentos de madeira co tempo collen mellor son. Outra característica que fai extraordinarios a estes instrumentos son os vernices de gran calidade que usaron para rematalos, así como as madeiras alpinas secas e curadas co paso dos anos. As súas tapas e fondos caracterízanse pola extrema finura dos seus espesores.

Violín - detalles
Harmónicos

Afinación[editar | editar a fonte]

As cordas afínanse por intervalos de quintas:

  • sol3
  • re4
  • la4
  • mi5

(O número está indicado de acordo co índice acústico internacional, segundo o cal o central do piano é un 4. Este índice emprégase en todo o mundo agás Francia e Bélxica. A corda de sonoridade máis grave é a de sol3, e logo séguenlle en orde crecente a re4, la4 e mi5.)

No violín a primeira corda en ser afinada é a de la; esta afínase comunmente a unha frecuencia de 440 Hz, empregando como referencia un diapasón clásico de metal ou un diapasón electrónico. O diapasón tendeu a subir no últimos anos e sitúase máis comunmente nos 442 Hz e mesmo máis arriba nas orquestras norteamericanas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Violín&oldid=5166299"