Cobalamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vitamina B12")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cobalamina. O ligando superior axial está indicado como R.

A cobalamina ou vitamina B12 é unha vitamina hidrosoluble. Posúe un grupo prostético, que contén cobalto, con enlaces semellantes aos do ferro coa hemoglobina.

A cobalamina ten funcións metabólicas e actúa como coenzima aceptora de hidróxeno. Contribúe a reducir os ribonucleótidos a desoxirribonucleótidos, fundamental na replicación do ADN. Por mor destas funcións, intervén no crecemento e na maduración de eritrocitos.

A vitamina B12 está presente en moitos alimentos vexetais. Para a súa absorción é preciso a síntese de factor intrínseco, producido nas paredes do estómago. Unha vez unida ao factor, absórbese no íleo terminal.

O seu déficit ocasiona anomalías hematolóxicas, coma anemia macrocítica ou anemia perniciosa. A falla prolongada desta vitamina causa alteracións do tecido nervioso, especialmente nos cordóns posteriores da medula e nos cordóns lateais. Estas dexeneracións poden causar a perda da sensibilidade periférica ou incluso parálise.

O ligando axial superior do ión cobalto da cobalamina pode variar, o que orixina as seguintes substancias:

  • Cianocobalamina (na que R = -CN)
  • Hidroxocobalamina (R = -OH)
  • Metilcobalamina (R = -Me), que é unha forma activa da vitamina B12
  • Adenosilcobalamina (R = -Ado), que tamén é unha forma activa da vitamina B12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cobalamina&oldid=4324587"