Viguesa de Transportes S. L.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vitrasa")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Viguesa de Transportes S.L.
AutobusC2vigo.jpg
Autobús de Vitrasa, da liña C2, circulando pola Praza de España
Tipo Empresa privada
Fundación 1968
Matriz Avanza Grupo
Localización Vigo
Industria Transporte público urbano
Páxina web vitrasa.es

Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968.

Ademais explota en réxime de concesión autonómica, dúas liñas, entre o Alto da Encarnación e Vigo, e entre Negros e Bouzas (liñas C3 e 28, respectivamente), unindo o concello de Vigo co de Redondela.

En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

Listaxe de liñas[editar | editar a fonte]

Autocar de Vitrasa, da liña C3, circulando por Chapela, Redondela.
  • C1 [1] – Circular Centro (Praza de América – Praza de América).
  • C2 [2] – Circular 2 (Rosalía de Castro – Rosalía de Castro, pola Praza de España).
  • C3 [3] [4] – Encarnación – Coia/Bouzas por Praza España ou Pi y Margall (fins de semana, festivos e en época estival circula ata Samil).
  • L4A [5] – Coia – Aragón.
  • L4C [6] – Coia – Estación de Autobuses.
  • L5A [7] – Travesía de Vigo – Teixugueiras por Urzaiz.
  • L5B [8] – Travesía de Vigo – Teixugueiras por García Barbón.
  • L6 [9] – Praza de España - Beade (laborables circula ata o Hospital Álvaro Cunqueiro)
  • L7 [10]Zamáns – Praza de España – Centro – Zamáns. Ten variantes ata a Sobreira ou o Alto de San Cosme.
  • L8 [11]UniversidadeEstación FF.CC
  • L9A [12] – Praza de Eugenio Fadrique – Aeroporto de Peinador.
  • L9B [13] – Colón - Rabadeira.
  • L10 [14] – Cemiterio de Teis – Canido - Saiáns
  • L11 [15]San MiguelCabral Igrexa.
  • L12A [16]Hospital do Meixoeiro – Muíños - Saiáns.
  • L12B [17] – Hospital do Meixoeiro – Hospital Álvaro Cunqueiro
  • L13 [18] – Hospital do Meixoeiro – Teixugueiras (por Coruña e Gran Vía) só días lectivos.
  • L14 [19] – Chans – Gran Vía.
  • L15A [20] – Cabral – Samil (pola Praza de España).
  • L15B [21] – Xestoso – Samil (por Beiramar).
  • L15C [22] – Universidade – Samil (por Pi y Margall).
  • L16 [23] – Coia - Balaídos - Zamora - Estación FF.CC. (Guixar).
  • L17 [24]Matamá (Balsa) – A Guía/Rios.
  • L18 [25] – Areal – Sárdoma (pola Salgueira/Pola Falcoa)/Pouleira (pola Salgueira/Miraflores)/Matamá (Pola Falcoa). (laborables circula ata o Hospital Álvaro Cunqueiro en certas viaxes)
  • L23 [26] – Martín Echegaray- Estación Autobuses.
  • L24 [27] Poulo - Estación FF.CC. (Guixar).
  • L25 [28] – Praza de España – Sabaxáns - Caeiro.
  • L27 [29] - Beade (C. Cultural) - Venezuela - Rabadeira.
  • L28 [30]Santo Estevo de Negros – Berbés - Bouzas.
  • L29 [31] – Fragoselo / Casás – Praza de España.
  • L31 [32] – San Lorenzo – Hospital do Meixoeiro.
  • N1 [33] – Nocturna 1 (Bos Aires - Samil por Pi i Margall).
  • N2 – Nocturna 2 (Bos Aires - Samil por Camelias).
  • SR [34]– Servizo Roteas: Praza de América - Camposancos - Roteas.
  • U1 [35] – Praza de España – Praza de América – Universidade (ano lectivo).
  • U2 [36] – Praza de América – Praza de España – Universidade (ano lectivo).
  • H [37] - Navia - Bouzas - Hospital Álvaro Cunqueiro (só unha viaxe nos laborables)
  • H1 [38] - Hospital Álvaro Cunqueiro - Policarpo Sanz.
  • H2 [39] - Hospital Álvaro Cunqueiro - Gregorio Espino, 79 (Est. de autobuses en superficie).
  • Autobús turístico (funciona en datas determinadas e en época estival).

Tarifas 2016[editar | editar a fonte]

  • Tarifa ordinaria: 1,32 €
  • Tarxetas de transporte:
  • Normal: 0,86 €
  • Estudante: 0,83 €
  • Universitario: 0,65 €
  • Pensionista I: de balde
  • Pensionista II: de balde
  • Social: 0,66 €
  • PMR en cadeira de rodas e acompañante: de balde

Todos os prezos inclúen o IVE.

O transbordo permite combinar dúas liñas de transporte, permitindo ao usuario unir dous puntos da cidade que non teñan comunicación directa. É un servizo de balde.

Só pode realizarse mediante o uso da tarxeta de transporte.

Unha vez validada a primeira viaxe, disponse de 45 minutos para realizar, como máximo, 2 transbordos a outras liñas.

O transbordo só é válido cando o cambio é a unha liña de distinta numeración ca a de orixe. No caso de realizar 2 transbordos, as 3 liñas deben ser diferentes.

A tarxeta de transporte tamén se pode utilizar como medio de pago de transporte intermodal para os usuarios do servizo de transporte de ría que enlaza Vigo, Cangas e Moaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Viguesa_de_Transportes_S._L.&oldid=4376498"