Volodymyr Gerun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Volodymyr Gerun
Unicaja Málaga  – No. 52
Pivote
Información persoal
Nacemento 25 de marzo de 1994 (25 anos)
Ucraína Dnipro, Ucraína
Nacionalidade Ucraína Ucraína
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 113 kg (249 lb)
Información da carreira
Universidade West Virginia (2012–2013)
Portland (2013–2015)
Internacional Ucraína Categorías inferiores
Carreira desde 2011
Historial de equipos
BC Dnipro (2011–2012) USL / VTB
Getafe (2015) LEB Prata
Força Lleida (2015–2016) LEB
Clavijo (2016−2017) LEB
Barcelona B (2017–2018) LEB
Breogán (2018–2019) ACB
Málaga (2019–presente) ACB

Volodymyr Gerun, tamén escrito Volodymir Herun (en ucraíno: Володимир Герун), nado o 25 de marzo de 1994 en Dnipro é un xogador profesional de baloncesto ucraíno. Actualmente xoga para o Unicaja Málaga da Liga ACB na posición pivote. Na temporada 2017−18 foi o xogador máis valorado da Liga LEB.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Nado en Dnipro (Ucraína), Gerun formouse como xogador na Canarias Basketball Academy situada nas Palmas de Gran Canaria. Tras finalizar a súa estapa de formación, asina con 17 anos (temporada 2011−12) polo BC Dnipro da Ukrajina Super-Liha, máxima categoría do baloncesto do seu país natal. Con eles proclamouse campión de Copa, aínda que non participou apenas nos partidos: un en liga e dous na VTB United League. Tras finalizar a tempeorada decide viaxar aos Estados Unidos para asistir a unha das súas universidades. A súa primeira parada sería na Universidade de West Virginia en Morgantown (Virxinia Occidental). Nesta temporada 2012−13, disputou sete partidos (perdeuse seis debido ao regulamente da NCAA por ter xogado a nivel profesional en Ucraína), nos que fixo unha media de 1,2 puntos e 0,7 rebotes. Ao finalizar a temporada foi transferido á Universidade de Portland, situada en Portland (Oregón).

No seu ano junior (2013−14) cos Pilots de Portland, xogou os 31 partidos que disputou o equipo (ningún como titular) cunha media por partido de 3,4 puntos, 2 rebotes en 11,2 minutos. Destacaron as súas actuacións contra os Oregon State Beavers, onde anotou 9 puntos (todos na segunda parte); contra Michigan State Spartans, con 7 puntos e 7 rebotes (máximo da temporada) e contra Southern Utah Thunderbirds onde anotou 12 puntos (máximo da temporada). Ao ano seguinte, no seu último ano na NCAA, xogou 33 partidos (30 como titular) cunha media de 8,3 puntos (51,5 % en tiros de 2), 5,9 rebotes e 1,1 tapóns en 24,3 minuntos por partido. De feito, finalizou a temporada na West Coast Conference como o 3º en rebotes ofensivos (89), o 8º en rebotes totais (197) e rebotes por partido e o 4º en tapóns totais (39) e tapóns por partido. Entre as súas mellores actuacións destacan os 21 puntos (10-12 de 2 y 1-1 en tiros libres, máxima anotación da súa carrera universitaria), 8 rebotes, 1 asistencia, 1 roubo e 1 tapón en 23 minutos contra SIU Edwardsville Cougars; os 7 puntos (3-11 de 2 e 1-2 en tiros libres), 15 rebotes (máximo da súa carreira universitaria) e 1 tapón en 29 minutos contra Gonzaga Bulldogs ou os 13 puntos (4-9 de 2 e 5-9 en tiros libres), 10 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo en 41 minutos contra os San Jose State Spartans. En global, disputou un total de 64 partidos (30 como titular) cos Portland Pilots, facendo unha media de 5,9 puntos e 4 rebotes en 17,7 minutos.[2]

Profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser seleccionado no Draft da NBA de 2015, asina en decembro de 2015 polo Viten Getafe (equipo vinculado ao Baloncesto Fuenlabrada) de LEB Prata, a terceira cateogría do baloncesto español, siendo esta su primera experiencia como profesional. No equipo xetafense tan só chegou a disputar dous encontros, nos que fixo unha media de 11 puntos, 8 rebotes, 1 asistencia e 2 balones robados en 27,2 minutos. Tras a disputa destes partidos, o Actel Força Lleida da LEB Ouro, a segunda división española, anuncia a súa incorporación o 18 de decembro de 2015. Nesa temporada entrou no mellor quinteto da xornada 18, tras anotar 20 puntos (8-13 de 2 e 4-11 de TL), coller 13 rebotes, dar 2 asistencias, por 3 tapóns e recibir 6 faltas en 30,5 minutos para 30 de valoración na vitoria por 91-84 contra San Pablo Inmobiliaria Burgos.

Ao ano seguinte asina polo Calzados Robusta de Logroño, onde se converte nun dos xogadores máis destacados da liga LEB Ouro. O pivote acumulou diversas nominacións ao quinteto ideal da xornada e un MVP individual. En total, xogou 20 partidos co equipo rioxano, acadando medias de 14,7 puntos e 6,7 rebotes en só 23 minutos por partido, para una valoración total de 17,9 puntos. Este bo rendemento levouno a, en metade da temporada, asinar polo Barcelona B. No conxunto barcelonés consegue un destacábel rendemento. Na temporada 2017−18 remata como o xogador máis valioso da competición con 14,8 puntos e 7,9 rebotes por partido, sendo escollido ademais no quinteto ideal da competición. A súa boa actuación levouno a asinar o 20 de xullo de 2018 polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

Internacional[editar | editar a fonte]

Gerun disputou coas inferiores da selección de Ucraína o Campionato Europeo sub-16 de 2009 en Kaunas (Lituania), o Campionato Europeo sub-16 División B de 2010 en Talín (Estonia) e o Campionato Europeo sub-18 de 2011 en Wrocław (Polonia). No Eurobasket sub-16 de 2009, disputou cinco partidos cunha media de 3,4 puntos e 4,2 rebotes en 15,1 minuntos. Por outra banda, no Eurobasket División B sub-16 de 2010, conseguiu a medalla de prata con oito partidos xogados nos que fixo unha media de 17,3 puntos (58 % en tiros de 2), 9,1 rebotes, 1,8 asistencias e 2,4 tapóns en 28 minuntos. Foi o máximo anotador, reboteador e taponador da selección, sendo ademais escollido MVP da competición. No Eurobasket sub-18 de 2011, disputou nove partidos nos que fixo unha media de 18,2 puntos (52,6 % en tiros de 2), 11,1 rebotes, 1,3 asistencias, 1,9 roubos de balón e 2,1 tapóns en 34,2 minutos. De novo, foi o máximo anotador, reboteador e taponador da selección. Finalizou este campionato como o terceiro máximo anotador, o segundo en rebotes por partido, o primeiro en tapóns por partido, o terceiro en rebotes defensivos por partido (6,9), o segundo en rebotes ofensivos por partido (4,2), o oitavo en porcentaxe de tiros de campo (50 %), o décimo primeiro en procentax de tiros de dous, o sexto en porcentaxe de tiros libres (75,9 %), o segundo en tiros libres anotados por partido (4,6), o primeiro en tiros de dous anotados por partido (6,7), o terceiro en tiros de campo anotados (6,8), o oitavo en faltas recibidas por partido (4,8) e o primeiro en dobres-dobres (5).

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Copa de Ucraína (1): 2012

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Volodymyr Herun, calidade interior para o Cafés Candelas Breogán". Breogan.gal. 20 de xullo de 2018. 
  2. "Volodymyr Gerun College Stats". Sports Reference (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Volodymyr_Gerun&oldid=5196989"