Wikipedia:Artigo destacado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "WP:DT")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Atallo:
WP:DT

O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.

Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.

Actualmente o artigo destacado é:

Artigo destacado

JEAN LOUIS THÉODORE GÉRICAULT - La Balsa de la Medusa (Museo del Louvre, 1818-19).jpg

A Balsa da Medusa (francés: Le Radeau de la Méduse [lə ʁado d(ə) la medyz]) é unha pintura ó óleo de 1818–1819 do pintor e litógrafo francés Théodore Géricault (1791–1824). Completada cando o artista tiña 27 anos de idade, esta obra está considerada unha icona do romanticismo francés. Cunhas medidas de 491 cm × 716 cm, é unha pintura a escala natural que representa o momento posterior ó naufraxio da fragata francesa La Méduse, que encallou na costa de Mauritania o 2 de xullo de 1816. O 5 de xullo de 1816 unhas 147 persoas lanzáronse á deriva nunha balsa de construción apresurada. Só 15 deles sobreviviron ós 13 días que pasaron antes do seu rescate, obrigados a superar a inanición, deshidratación e á práctica do canibalismo. O evento deu lugar a un escándalo internacional, en parte pola atribución da súa causa á incompetencia do capitán francés do navío.

Géricault decidiu representar este evento para lanzar a súa carreira cunha obra a grande escala sen partir dun encargo, nun tema que xa xerara un grande interese público. O evento fascináballe, e antes de comezar a traballar na pintura final levou a cabo unha investigación exhaustiva e produciu moitos bosquexos preparatorios. Entrevistou dous dos sobreviventes e construíu unha maqueta a escala con gran detalle da balsa. Visitou os hospitais e morgues nos que puido ver de primeira man a cor e textura da carne dos mortos e moribundos. Como el mesmo anticipaba, a pintura resultou ser moi controvertida na súa primeira exhibición no Salón de París, atraendo apaixonadas louvanzas e condenas a partes iguais. A obra estableceu a súa reputación internacional, e considérase unha obra transcendental na historia temperá do movemento romántico da pintura francesa.

Vindeiros artigos destacados na Portada

  • En xullo o artigo destacado será:

Artigo destacado

Ipatyev house basement.jpg

A execución da familia imperial rusa, pertencente á dinastía Romanov, tivo lugar en Ekaterimburgo a noite entre o 16 e 17 de xullo de 1918. O tsar Nicolao II, a súa esposa a tsarina Alexandra e os seus cinco fillos (Olga, Tatiana, María, Anastasia e Aleksei) foron fusilados xunto a un grupo de axudantes que decidiron acompañalos no seu exilio, entre os que destacan Eugene Botkin, Anna Demidova, Aleksei Trupp e Ivan Kharitonov. O fusilamento foi executado por un grupo de bolxeviques dirixidos por Iakov Iurovski baixo as ordes do Soviet Rexional dos Urais.

O lugar no que se agocharon os corpos foi descuberto en 1979 polo detective Aleksandr Avdonin, pero o achado dos restos non se publicou ata 1989, durante o período do glasnost.

A identidade dos restos quedou confirmada mediante unhas investigacións forenses e do ADN, tralas cales os restos foron enterrados na fortaleza de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo en 1998, 80 anos despois da súa execución, nun funeral ao que non asistiron importantes membros da igrexa ortodoxa rusa, que se mostraban receosos de recoñecer a autenticidade dos restos. En 2007 descubriuse un segundo enterramento, máis pequeno, que contiña os restos dos dous nenos Romanov que faltaban no enterramento principal. Porén, os restos atopados nesta segunda tumba están gardados nun depósito estatal á espera de que se realicen novas análises xenealóxicas. En 2008, tras un considerable e prolongado litixio, o Fiscal Xeral de Rusia rehabilitou a familia Romanov como "vítimas da represión política". En 1993 o goberno pos-soviético abriu un litixio criminal, mais ninguén foi acusado en base a que os executores estaban xa mortos.

  • En agosto o artigo destacado será:

Artigo destacado

Trinity shot color.jpg

O Proxecto Manhattan foi un proxecto de investigación e desenvolvemento levado a cabo durante a segunda guerra mundial que produciu as primeiras armas nucleares, liderado polos Estados Unidos co apoio do Reino Unido e do Canadá. Dende 1942 ata 1946 o proxecto estivo baixo a dirección do xeneral Leslie Groves, mentres que o físico nuclear Robert Oppenheimer foi o director do Laboratorio de Los Alamos no que se deseñaron as propias bombas nucleares. Durante o seu curso o proxecto absorbeu a súa contrapartida británica previa, o proxecto Tube Alloys. O Proxecto Manhattan comezou de forma modesta medrando progresivamente ata ter máis de 130 000 empregados e acadar un custo de case 2 000 millóns de dólares. Desenvolvéronse dous tipos de bombas atómicas de forma concorrente durante a guerra: unha arma de fisión de tipo balístico relativamente sinxela e unha arma nuclear de implosión de maior complexidade. O deseño de fisión da bomba Thin Man resultou ser pouco práctico para o seu uso con plutonio, polo que se desenvolveu unha arma máis sinxela denominada Little Boy que utilizaba uranio-235, un isótopo que constitúe só o 0,7% do uranio en estado natural.

En paralelo co traballo no uranio o proxecto continuou os traballos de produción de plutonio. Tras quedar demostrada a viabilidade do primeiro reactor nuclear artificial do mundo en Chicago no Laboratorio Metalúrxico, deseñouse o reactor de grafito X-10 en Oak Ridge e os reactores de produción nas instalacións de Hanford Engineer Works, nos que o uranio irradiábase e transmutábase en plutonio. para posteriormente separar quimicamente o plutonio do uranio. A arma nuclear de implosión Fat Man desenvolveuse por medio dun deseño e desenvolvemento concertado no Laboratorio de Los Alamos. O primeiro artefacto nuclear detonado foi unha bomba de implosión na proba Trinity. Dúas outras bombas de tipo Little Boy e Fat Man utilizáronse respectivamente un mes despois no bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Nos anos inmediatamente posteriores á guerra o Proxecto Manhattan levou a cabo varias probas de armamento no atol Bikini como parte da operación Crossroads, desenvolveu novas armas, promocionou o desenvolvemento da rede de laboratorios nacionais, apoiou a investigación médica sobre a radioloxía e cimentou as bases da armada nuclear. O proxecto mantivo o control sobre a investigación e produción de armas nucleares estadounidenses ata a formación da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos en xaneiro de 1947.

Arquivo

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de artigos destacados

A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:

2019

  • Xaneiro ([[]])
  • Febreiro ([[]])
  • Marzo ([[]])
  • Abril ([[]])
  • Maio ([[]])
  • Xuño ([[]])
  • Xullo ([[]])
  • Agosto ([[]])
  • Setembro ([[]])
  • Outubro ([[]])
  • Novembro ([[]])
  • Decembro ([[]])

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:

<div style="float:left;margin-right:0.9em">
[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]
</div>
'''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO
<noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigo_destacado&oldid=4413027"