Walter Ulbricht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Walter Ulbricht
Bundesarchiv Bild 183-J1231-1002-002 Walter Ulbricht, Neujahrsansprache.jpg
Nacemento30 de xuño de 1893
 Leipzig
Falecemento1 de agosto de 1973
 Groß Dölln
CausaIctus
SoterradoThe Socialists' Memorial
NacionalidadeRepública Democrática Alemá
Relixiónateísmo
Educado enEscola Lenin
Ocupaciónpolítico
CónxuxeLotte Ulbricht
FillosBeate Ulbricht
PremiosHeroe da Unión Soviética, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo, Order of the Nile, Order of Friendship of Peoples, Order of the October Revolution, Fritz Heckert Medal, Ordem da Guerra Patriótica 1ª classe, Order of the Patriotic War 2nd class e Orden de karl Marx
editar datos en Wikidata ]

Walter Ernst Paul Ulbricht, nado en Leipzig o 30 de xuño de 1893 e finado en Groß Dölln o 1 de agosto de 1973 foi o político máis importante da República Democrática Alemá dende 1949 ata a súa dimisión no 1971. Baixo o seu mandato a RDA comezou a desenvolverse como un estado socialista.

Sendo mozo participou activamente no movemento obreiro de Alemaña, converténdose no proceso nun revolucionario profesional. Na fase final da República de Weimar dirixiu a sección do Partido Comunista de Alemaña (KPD) de Berlín. Membro do círculo de poder, ó que tamén pertencía Ernst Thälmann, participou na loita contra a socialdemocracia e a orde republicana no marco dun partido de corte stalinista.

En 1945 volveu a Berlín do exilio na Unión Soviética convertido xa en líder do 'Grupo Ulbricht'. Na zona de ocupación soviética colaborou estreitamente coa potencia ocupante. A súa labor como principal funcionario do KPD e do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) marcou fortemente a posterior construción do aparato estatal da RDA.

De 1950 a 1971 permaneceu na cume do Comité central do SED, tendo así sempre a última palabra nas decisións políticas. Grazas a este cargo e a confianza da Unión Soviética, Ulbricht favoreceu dende 1952 a 'construción do socialismo' na RDA e en 1961 a construción do Muro de Berlín.

Así tamén, do 1949 a 1960 foi vicepresidente da RDA, e do 1960 ata a súa morte Presidente do Consello de Estado da RDA.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Walter_Ulbricht&oldid=4748312"