Wernher von Braun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wernher von Braun
Wernher von Braun.jpg
Nome completoWernher Magnus Maximilian Freiherr von Braun
Nacemento23 de marzo de 1912
 Wyrzysk
Falecemento16 de xuño de 1977
 Alexandria
Causacancro de páncreas e cancro de fígado
SoterradoIvy Hill Cemetery
NacionalidadeAlemaña nazi, Estados Unidos de América, Imperio Alemán e República de Weimar
Etniaxermanos estadounidense e Pobo alemán
RelixiónLuteranismo e Cristianismo evanxélico
Alma máterEscola Politécnica Federal de Zúric, Universidade Técnica de Berlim, Universidade Humboldt de Berlín, Französisches Gymnasium Berlin e Escola Hermann Lietz de Spiekeroog
Ocupaciónfísico, enxeñeiro aeroespacial, escritor, enxeñeiro, inventor, arquitecto e militar
PaiMagnus von Braun
NaiEmmy von Braun
FillosMargrit von Braun
IrmánsMagnus von Braun e Sigismund von Braun
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Anel Werner von Siemens, Medalla Rudolf Diesel, Medalla Nacional de Ciencia, Medalla Elliott Cresson, Medalha de Serviço Distinto da NASA, Dr. Robert H. Goddard Memorial Trophy, Medalha de Ouro Langley, Medalha Wilhelm Exner, Nacional Aviación Hall of Fame, Honorary doctor of the Technical University of Berlin, Cruz de Mérito de Guerra e Knight Commander's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany
VonBraun-sig.png
editar datos en Wikidata ]

Wernher Magnus Maximilian Freiherr von Braun, nado en Wirsitz o 23 de marzo de 1912 e finado en Alexandria (Virxinia), o 16 de xuño de 1977 foi un enxeñeiro aeroespacial de orixe alemá. En 1955 nacionalizouse estadounidense co fin de ser integrado na NASA. Está considerado como un dos máis importantes deseñadores de foguetes do século XX, e foi o xefe de deseño do foguete V-2, así como do foguete Saturno V que levou o home á Lúa.

Von Braun é un personaxe moi controvertido, que dedicou a súa vida ao desenvolvemento de foguetes para a conquista do espazo, aínda que tivese que ofrecelos como armas para o seu desenvolvemento, cousa que dubidou en facer, como comentou aos seus achegados nos seus últimos anos. Estas declaracións poden verse nunha entrevista de Ernst Stuhlinger nun documental que fixo sobre Wernher.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O seu pai foi o barón Magnus Maximilian von Braun e a súa nai a baronesa Emmy von Quirstorp, dous nobres alemáns. Dende pequeno, von Braun namorou das posibilidades da exploración espacial a través das novelas de Jules Verne e H.G. Wells, e tamén a través dos traballos científicos de Hermann Oberth, cuxo estudo clásico Die Rakete zu den Planetenräumen (Ao espazo en foguete), alentou a von Braun a estudar cálculo e trigonometría para comprender a física das naves espaciais.

O día da súa confirmación na igrexa luterana, a súa nai, afeccionada á astronomía, regaloulle un telescopio. Rapidamente, agotou a capacidade do telescopio e convenceu algúns compañeiros do colexio para que o axudaran construír un observatorio astronómico con pezas dun coche vello.

Enrolado nas SS[editar | editar a fonte]

Nos seus anos de adolescente, von Braun, interesado nos voos espaciais, uniuse á sociedade aeroespacial alemá Verein für Raumschiffahrt (VfR) en 1929. En 1932 graduouse en enxeñaría mecánica no instituto politécnico de Berlín, e dous anos máis tarde obtivo o seu doutoramento en Física na universidade de Berlín.

Na súa procura de desenvolver grandes foguetes, enrolouse no exercito alemán para crearen mísiles balísticos antes da chegada de Adolf Hitler ao poder en 1933, e foi posteriormente inscrito nas filas das SS en 1940. Como xa dixo a súa man dereita (Ernst Stuhlinger) nunha entrevista, a Von Braun costoulle aceptar a oferta de enrrolarse nas SS.

Mentres realizaba o seu traballo para o exército, Von Braun obtivo un doutorado en inxeñeria aeroespacial o 27 de xullo de 1934. O 3 de outubro de 1942 lanzábase o A2, o primeiro foguete moderno, dotado dun mecanismo de guía automática. Nuns minutos afastouse a unha distancia de 190 km do punto de lanzamento,[Cómpre referencia] ata que se lle acabou o combustible, alcanzando unha altura máxima de 3,5 km.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Raketenaggregate „A1“ und „A2“" (en alemán). Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wernher_von_Braun&oldid=4826598"