Whitney Houston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Whitney Houston
Flickr Whitney Houston performing on GMA 2009 4.jpg
Nome completoWhitney Elizabeth Houston
AlcumeNippy e The Voice
Nacemento9 de agosto de 1963
 Newark
Falecemento11 de febreiro de 2012
 Beverly Hilton Hotel
Causaafogamento, Doenza arterial coronaria e Abuso de substancias
SoterradaFairview Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
RelixiónBaptismo
Ocupacióncantante, actriz, produtora, pianista, música, actriz de cinema, Modelo, Produción musical, compositora e produtor
NaiCissy Houston
CónxuxeBobby Brown
FillosBobbi Kristina Brown
IrmánsGary Garland
PremiosPremios Emmy do Primetime
Whitney's Signature.png
editar datos en Wikidata ]

Whitney Elizabeth Houston, nada en Newark o 9 de agosto de 1963 e finada en Los Angeles o 11 de febreiro de 2012, foi unha cantante estadounidense de R&B, soul, pop e gospel, aínda que tamén destacou como actriz, compositora, produtora, empresaria e modelo. Segundo Libro Guinness dos Récords é, até a data, a artista máis galardoada de todos os tempos, con dous premios Emmy, seis premios Grammy, trinta premios Billboard Music Awards e vinte e dous American Music Awards, para un total de 415 premios na súa carreira. Tamén é unha das artistas musicais que vendeu un maior número de discos no mundo: máis de 170 millóns de álbums, sinxelos e vídeos. Desde os seus inicios viuse influenciada por destacadas cantantes de soul como a súa nai Cissy Houston, as súas curmás Dionne Warwick e Dee Dee Warwick e a súa madriña Aretha Franklin. Aos once anos empezou a súa formación musical nun coro infantil dunha igrexa en Nova Jersey, pero o seu talento foi descuberto tempo despois por Clive Davis, presidente de Aresta Records, na época en que cantaba xunto á súa nai en clubs nocturnos de Nova York.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Whitney_Houston&oldid=4818898"