Wikipedia:A Taberna (axuda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección axuda da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg

Esta sección úsase para pedir axuda aos demais usuarios.

Comezar un novo fío de conversa

Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21

Referencias de nomes comúns na "Chave"[editar a fonte]

Boas, eu teño unha dúbida, fai uns días comecei ver ligazóns ás listas de nomes comúns da páxina web da "Chave", e antes de que sigamos por ese camiño quería saber que autoridade ten "ese ente"? Forma parte dunha Academia? da Universidade?..., ata que punto debemos seguir as súas recomendacións? A min tamén me gustaría que todas as especies tiveran un nome común pero iso é imposible porque a xente non coñece tódalas especies, nin sequera as coñecen os científicos..., creo que non debemos obsesionarnos con iso e que se algunha especie non ten un nome común referenciado por algunha autoridade no campo, simplemente debemos usar o nome científico e nada máis.

Sabedes que temos que engadir referencias á información, pero que esas referencias teñen que ser de fontes acreditadas, que un dato estea publicado nunha páxina de Internet non é, automaticamente, unha fonte de calidade xa que pode ser simplemente información autopublicada.

Eu non coñezo a web esta da Chave nin a xente que a mantén, pero creo que non podemos tomar a súa información como base para achegar nomes comúns de especies que non estean fundamentados noutras fontes recoñecidas. Non sei o que opinades vós, pero sería moi interesante que os que máis traballan nestes temas acheguen o seu punto de vista. Que dicides Lameiro, Xoio e Miguelferig? Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversacontribucións) 28 de novembro de 2016

Eu xa comentei algunha vez que as escollas da Chave son unha opinión particular sen sanción oficial. Non obstante é un traballo coidadoso (co que eu discrepo en moitos casos) que valoro e é unha referencia máis que se pode utilizar, é dicir, non hai que tomalo como a Biblia ou o DRAG, nin moito menos borrar ou non ter en conta outras referencias porque non coincidan coa Chave. Poñer como título de páxina algúns nomes da Chave pode ser discutible (sempre sería aceptable mencionalos dentro do texto). Sen desprezar o traballo da Chave, penso que ten unha certa tendencia lusista. Por exemplo usa as terminacións das familias en -ídeos, como en portugués, en vez de en -idos, como no DRAG (frinxilídeos/frinxílidos, emidídeos/emídidos); usa tamén moitos nomes amerindios brasileiros para as especies exóticas, o cal está ben nalgúns casos (especies que só viven no Amazonas), pero hai outras especies que teñen unha distribución máis ampla e hai que ver cal é o nome máis habitual nas linguas máis comúns, especialmente nas linguas da zona. Por exemplo, o DRAG admite anaconda, pero a Chave usa sucurí (elixindo un entre os varios nomes amerindios brasileiros, xa que non é o único). Ás veces escápanselle nomes directamente en portugués (mamba preta en vez de mamba negra). Hai moitos casos particulares. Eu non son partidario de chamarlle xacaré a todos os caimáns; penso que caimán é o nome xeral máis apropiado para eses animais (agás os Caiman yacare pero mellor aínda é caimán xacaré). En Brasil case non teñen nomes portugueses para os animais (lin nunha páxina web que máis do 80% dos nomes brasileiros de animais son amerindios). Se existen os taxons Tinamiformes, tinámidos etc. pois é lóxico que se lle chame a esas aves tinamús en vez do nome amerindio brasileiro iñambú. Habería moitos exemplos que poñer.
Outro traballo lexicográfico é o de Conde Teria, co que eu estou máis de acordo (pero discrepo en media ducia de casos, onde creo que non estivo acertado: rabixunco, realexo, millafre...). Penso que este traballo ten máis peso porque foi adoptado pola Sociedade Galega de Historia Natural, que é un colectivo importante nese campo, e xeralmente coincide co DRAG. Non obstante, creo que a SGHN aceptou todos os nomes en bloque, en vez de discutilos un por un como se debería ter feito, pero penso que é o mellor traballo de nomenclatura que hai. Nas especies exóticas creo que hai que usar os nomes científicos nos títulos a non ser que haxa referencias claras do nome común, pero pódense comentar dentro do texto os nomes que se lle dan internacionalmente (que ás veces son moi coincidentes) ou nas referencias galegas que haxa, e cada caso é diferente.
O DRAG non é tampouco unha obra zoolóxica ou botánica (nin ten por que selo), polo que non pode estar ao día nin entrar nos cambios taxonómicos que frecuentemente se están a producir ultimamente, co advimento das modernas técnicas de análises de ADN. De aí problemas como os comentados noutras páxinas como as de silva ou das ras Hyla e outras. As necesidades dos falantes para nomear os seres vivos non son iguais que as necesidades de gran precisión dos taxónomos. Para unha falante todas as plantas do xénero Rubus se chaman silvas (menos o framboeseiro), pero o taxónomo quere darlle un nome a cada especie do xénero.
Con frecuencia os nomes comúns teñen sinonimia e úsanse para animais ou plantas moi diferentes, o que crea enorme confusión (abázcaro, miñoca, esgonzo/escáncer, cobra... ou ver a conversa de carricanta). Nalgúns casos o mellor é usar o nome científico, pero creo que na fauna e flora galega deberiamos tratar de poñer os nomes comúns e só usar os científicos en casos de moita confusión.
Por último, os autores que publicaron obras con nomes de seres vivos (guías, artigos...) atopáronse cos mesmos problemas cos que nos atopamos nós na wikipedia á hora de distinguir entre especies dándolle un nome a cada unha. Nós non podemos inventar o nome na wikipedia, que non é fonte primaria, pero debemos ser conscientes que eles algunhas veces inventaron tamén nomes para distinguilas ou tiveron que decidir entre escoller un ou outro, e fixeron unha escolla (unha proposta) máis ou menos acertada, que despois queda como referencia.--Miguelferig (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 11:48 (UTC)
Cal é a dirección da páxina esa da "Chave"? podedes poñela? Por favor. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 6 de decembro de 2016 ás 18:30 (UTC)
achave.gal Banjo tell me 6 de decembro de 2016 ás 18:42 (UTC)
É certo, pasóuseme poñer a ligazón, grazas Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2016 ás 19:46 (UTC)

Para min que esta web e o seu organizador, o meu colega Silverio Cerradelo, son máis voluntariosos que fiables (como referencia terminolóxica). O seu é unha proposta pero non sanciona unha forma sobre outras. O que tampouco se lle pode acusar é de ser é unha web calquera sen credibilidade. Pero sempre temos a posibilidade de preguntarlle directamente de onde saca tal ou cal escolla. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 19:48 (UTC)

Pero para min que é simplemente unha páxina autoeditada, con máis ou menos rigor, pero que non senta cátedra, eu entendo que para iso debería estar publicado nalgunha publicación científica, de terminoloxía ou o que sexa, a Sociedade Galega Ornitolóxica ou algunha dese estilo... Para min é unha especie de estudo previo, proposta, ou como se queira chamar, pero non debe servir para usala de referencia de nome dos artigos. Polo menos ata que se publique noutro lado... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 20:11 (UTC)
refs Dos PDF da Chave só coñezo o de aves, ó que si lle recoñezo unha tendencia luso-brasileira. Respecto a Conde Teira, a súa obriña da revista CHIOGLOSSA 1, 121-138, (que quería emendar os erros e apuros de Carlos Pedreira López & José M. Penas Patiño, Lista patrón de aves de Galicia, revista Braña, SGHN, 1977 e mellorar o único que había daquela:
  • A natureza ameazada. Xea, flora e fauna de Galicia en perigo. '89
  • As donas do vento. Aves rapaces de Galicia '89
  • Guía das especies cazables '92
Con todo, considero que Conde Teira está bastante superada por outras obras posteriores:
  • Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos
  • Gran diccionario Xerais da lingua e o Ir Indo
  • Vertebrados da Limia. I - Aves: Gaviiformes a Piciformes
  • Guía das aves de Galicia
  • Atlas de vertebrados de Galicia [Tomo II Aves]
  • Lista de las aves de España - Edición de 2005 - Versión plurilingüe - Castellano-Científico-Inglés-Catalán-Gallego-Vasco da SEO
Entendo que só estas serían solucións parciais, pero é que mesmo a SGO sacou hai anos unha lista patrón para aves autóctonas (informe inicial para un Atlas de nomes vérnáculos das aves de Galicia e comarcas veciñas, da Sociedade Galega de Ornitoloxía) e hai pouco (na mesma época que descubrín o da Chave) saíu unha lista de turismo ornitolóxico da Xunta. Ademais, cónstame que a SGO está para sacar (dende o ano pasado) outra que aúna todo, principalmente a Penas e Teira. Respecto a outros bichos, menos, pouco ou nada sei. O que non sei é que pode arranxar a interacción coa fonte primaria da Chave, alén de subsanar erros, pero non lexitimala máis (nin menos) do que xa está. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de decembro de 2016 ás 00:10 (UTC)

Entón, para ir pechando cousas e que isto non quede esquecido para sempre, Lameiro, Xoio, Miguelferig e Sobreira, estamos de acordo en que non se poden usar os documentos da páxina web A Chave para usar como referencia de nomes comúns? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 16:23 (UTC)

Que se lle dea preferencia a outras fontes por diante desta por considerarse máis fiables é unha cousa. Censurar unha fonte polo simple feito de ser autoeditada, cando outras fontes máis "fiables" tamén conteñen erros ou discrepancias, semella algo excesivo. Máis aínda cando noutros ámbitos empréganse fontes de índole semellante de forma máis ou menos indiscriminada e sen cuestionar o seu uso. Ademais, por moito que haxa unha serie de usuarios con moitos coñecementos nunha materia, cousa que se agradece e aprecia, unha decisión desa magnitude precisaría un consenso maior da comunidade, xa que non só afecta a eses usuarios. Banjo tell me 9 de febreiro de 2017 ás 16:35 (UTC)
Ben, segundo Wikipedia:Verificabilidade as fontes autopublicadas non se poden aceptar como fontes acreditadas, se esta web di que un paxaro ten o nome pimpín garuleiro non podemos fiarnos porque esa fonte non está autorizada para facelo, pode propoñer os nomes que queira, pero tamén os podo propoñer eu. O que estou intentando buscar é unha seriedade e unha fiabilidade para este campo porque se non imos rematar por non saber nin do que falamos ou se o que tratamos existe ou non, e podes velo na conversa de Silva de follas de umeiro... Por outra banda non pretendía que catro usuarios "ataran" nada, simplemente quero que se chegue a unha conclusión e que logo, con ela clara, se decida onde debe incluírse para que sexa votada pola comunidade. Citei a eses usuarios porque sei que coñecen o tema e foron os que participaron activamente nesta conversa, nada máis, pero claramente todo o mundo pode participar... Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 16:57 (UTC)
Resumindo: a web A Chave é unha fonte, si, pero non é unha fonte acreditada; non é unha fonte con máis valor que tantas outras. Serviríame para confirmar unha denominación que xa recollan outras fontes (tal bicho se chama así porque o din as fontes X, Y e a Chave), pero non para referenciar unha denominación que non dá ninguén máis. Pero no corpo do artigo ou en nota a rodapé si cabería dicir que a Chave dá como nome común pimpín garuleiro (información+fonte) pero sen darlle categoría de título do artigo, se a Chave fose a única fonte, insisto. Pedro --Lameiro (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 17:19 (UTC)
@Elisardojm: En Wikipedia:Verificabilidade tamén se di "As fontes publicadas por un mesmo procedentes de expertos pódense considerar acreditadas cando están producidas por un experto establecido na materia do artigo e cuxo traballo no campo relevante está editado anteriormente en publicacións de terceiros"... [1] Probablemente esta persoa non estea considerada un experto na materia, pero tampouco é como para excluílo como fonte sen máis, sobre todo cando hai poucas fontes dispoñibles ou as que hai teñen pouca facilidade de acceso. De todas formas déixoo ó voso criterio, non quero meterme máis no tema. A opción que indica Lameiro semella aceptable, (aínda que eu personalmente non optaría por ela), pero é unha solución, que é o que se procura, e sospeito que é co que a maioría dos coñecedores da materia vai concordar. Banjo tell me 9 de febreiro de 2017 ás 18:07 (UTC)
Na miña intervención inicial xa expresara unha opinión similar á de Lameiro; por tanto, estou de acordo con el. Para poñer os títulos da páxina ou nomes principais dos animais a Chave como referencia única paréceme insuficiente, pero no corpo do artigo pode dicirse que outro dos nomes propostos para ese animal (pola Chave) é tal ou cal.--Miguelferig (conversa) 9 de febreiro de 2017 ás 21:08 (UTC)
Brevemente: concordo en que non se pode excluír A Chave como fonte porque non gusta, pero tamén en que non ten a calidade doutras fontes, maiormente porque non está en papel (a maxia e tiranía do papel...) nin nunha editorial algo seria, en parte por razóns obxectivas pero tamén recoñezo de sentimentais. Eu quedaría coa filosofía de Lameiro. ※ Sobreira ►〓 parlez 9 de febreiro de 2017 ás 21:20 (UTC)

Wikidata[editar a fonte]

Expoño un problema que me chocou en wikidata a ver se alguén sabe cal é a causa. Na páxina tartaruga xigante das Galápagos que estou a facer non aparece na lista das interwikis o English. Aparentemente hai dúas entradas de wikidata, unha cunha lista grande e outra (a de Galápagos tortoise) máis pequena. Non sei a que pode deberse nin sei se o inscribín ben en wikidata ou hai algo raro.--Miguelferig (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 19:34 (UTC)

Hai dous elementos distintos no Wikidata. d:Q486672 é para a especie Chelonoidis nigra. d:Q20014035 é para o complexo Chelonoidis nigra. Na wikipedia inglesa, fonte do artigo no que estás traballando teñen asignado este segundo, e non teñen artigo que ligue co primeiro. A maioría das Wikipedias ligan co primeiro pero moitas tratan distintas especies/subespecies nel, e de feito os datos que hai no wikidata dese elemento indican que é unha das especies/subespecies que está extinta. Tendo en conta a fonte e contido do artigo, probablemente o que estás a traballar debería mudarse para ligar co segundo elemento, o que hai na fonte na wiki inglesa. Banjo tell me 30 de novembro de 2016 ás 20:42 (UTC)
Grazas. Cambieille a wikidata inscribíndoa con Galápagos tortoise. Agora as interwikis só son catro, pero aparece English, que é de onde se traduciu a páxina.--Miguelferig (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 21:30 (UTC)

Hiper[editar a fonte]

Unha pregunta lingüística, como se escriben os compostos co prefixo hiper seguidos de r?, refírome a palabras como hiper-reactivo, hiper-realismo, hiper-reflexión... Xeralmente os prefixos hai que fusionalos sen guión, pero neste caso non sei. As tres alternativas serían: hiper-realismo, hiperrealismo ou hiperrrealismo (esta última non creo).--Miguelferig (conversa) 1 de xaneiro de 2017 ás 22:12 (UTC)

Entendo que debe ser a segunda opción sen trazo. No DRAG figura "superrealismo", que sería un caso análogo con outro prefixo rematado en -r. Ademais, na Gramática práctica da lingua galega de Baía Edicións tamén dan como exemplo de composto con "hiper" a palabra "hiperrealismo". Marcio (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 13:59 (UTC)

Grazas. É que non o atopaba no DRAG.--Miguelferig (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 17:00 (UTC)

Fair Use[editar a fonte]

Bos días a todos! Teño unha dúbida: na Galipedia é permitido o uso de contido restricto? Isto é, o coñecido en inglés coma Fair Use. Muitas grazas pola atención,  Gato Preto  9 de xaneiro de 2017 ás 10:04 (UTC)

Non Gato Preto, podes velo en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 10:23 (UTC)

Banda deseñada / novelas gráficas[editar a fonte]

Veño de adaptar o modelo en:Template:Infobox media franchise da Wikipedia en inglés en Modelo:Franquía multimedia, nese modelo teñen campos diferentes para a banda deseñada que ten periodicidade fixa (por exemplo, os diferentes números dunha revista de superheroes; no modelo, campo banda_deseñada) e outro para as obras únicas (por exemplo, Maus de Art Spiegelman; no modelo, novelas_gráficas). Non estou certo sobre a validez desa escolla, inclínome a pensar que é incorrecta. Quixera contar con outras opinións para decidir se é mellor eliminar un dos campos ou mudarlle o nome. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23 de xaneiro de 2017 ás 21:45 (UTC)

@Prevert: Segundo o que puiden entender por varias referencias consultadas (en inglés), "banda deseñada" (cómic) pode referirse tanto ó medio como ás publicacións, seriadas ou non, nese medio (os "libros" de banda deseñada), mentres que a "novela gráfica" (graphic novel) sería unha única publicación "que conta unha historia en formato de banda deseñada". Coido que é válido tal e como o deixaches posto no modelo, pero tampouco son experto na materia. Banjo tell me 1 de febreiro de 2017 ás 22:19 (UTC)
Grazas @Banjo: tes razón, unha cousa é un artigo sobre o tema e outra un modelo no que quizais non se use moito esa opción. Polo de agora, o modelo só está nunha páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 22:25 (UTC)

Despegue?[editar a fonte]

Dúbida. Se *despegar (alzar o voo) dise engalar, como se di despegue (acción de *despegar)? Banjo tell me 1 de febreiro de 2017 ás 22:11 (UTC)

  • o galizionario traduce despegue por engalaxe, tamén o buscatermos da USC--Nicole (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 16:57 (UTC)
@Nicole: Grazas! Banjo tell me 2 de febreiro de 2017 ás 21:46 (UTC)

Toponimia e Wikipedia española: CONFLITO!![editar a fonte]

Fixen, por me encontrar en disposición de colaborar nunha páxina da Wikipedia española, a seguinte observación na páxina de discusión do artigo "Villagarcía de Arosa". Escribín o seguinte:

En el catrasto del Estado español el topónimo es "Vilagarcía de Arousa". No usar el topónimo oficial es un insulto a los gallegos.

La wikipedia española no puede ser la fuente original. En este caso, parece ser la primera y la única que, actualmente, niega la toponimia oficial.

Son necesarios enlaces que demuestren la validez de esa opción toponímica en la actualidad.

Los topónimos no dependen de la RAE, dependen del Congreso de los diputados y de la legislación vigente.

Si viviésemos en la época franquista, la wikipedia española presentaría una perfecta versión de la realidad administrativa, legislativa y oficial.--Lmbuga Lmbuga en Commons 18:28 6 feb 2017 (UTC)

Na páxina de discusión de "Villagarcía de Arosa", a miña opinión foi borrada coma se eu fose un vándalo (non tardaron 2 minutos en borrala e non houbo ningún tipo de discusión previa. Tampouco houbo comunicación posterior: Trátanme coma un vándalo).
A páxina de discusión de O Barco de Valdeorras foi marcada para borrado rápido por expresar nela a miña opinión (a mesma ca na outra páxina).

Non hai dúbida de que o procedemento que se segue na wikipedia española é improcedente. Creo que é necesario que os nosos administradores se manifesten en contra do borrado das opinión dos usuarios galegos por cousa da toponimia retrógrada empregada na Wikipedia galega, e que o fagan nos lugares de discusión da Wikipedia española. Tras facelo aSí, considero que deberían empregar os mass media (xornais, radio...) para mostrar a improcedencia da toponimia galega na wikipedia española. Se non queren dar a cara, pídanmo a min, dou eu a cara e desaparezo (non necesito protagonismo e non cobro).

Xa está ben de deixar ao lado responsabilidades evidentes. Se outros non desexan loitar, eu loito. Loitemos!-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 18:53 (UTC)

Creo nunca ter dito unha palabra contra o papel dos administradores. Penso que sempre fun moi respectuoso con esa función. Pero agora chegou o momento de pedir compromiso e vontade-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 19:09 (UTC)


Symbol oppose vote.svgDiscordo. Tal vez non foron as mellores formas de comunicalo na páxina de conversa do artigo en castelán, mais está perfectamente claro que a normativa debe ser respetada. Por outra banda, seméllame que pouco se podera facer, xa que fedellando pola Wikipedia española, todos os artigos de lugares en Galicia utilizan o mesmo procedemento: título castelanizado e na introdución aclarar e especificar o nome que oficialmente recibe en galego. É unha cuestión verdadeiramente complicada. Nada máis, moi bo día. --RubenWGA (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 19:17 (UTC)

A cuestión é máis complicada do que parece, xa que nós tamén utilizamos na galipedia a toponimia coas formas en galego. Véxase, por poñer só un exemplo, Guadalaxara, España e Guadalaxara, México. Unha cousa é un escrito oficial (por exemplo un impreso dun concello, un certificado, etc.), que debe levar a toponimia oficial, e outra cousa son obras como unha enciclopedia, que pode seguir a política de poñer os nomes en galego (como o exemplo de Guadalaxara) e á vez de informar de cal é o nome en castelán ou no idioma que corresponda e o nome oficial. Nós, mesmo temos híbridos como Os Ánxeles (en vez de Os Anxos ou Los Ángeles) para a cidade de California. As wikipedias créanse para os distintos idiomas, non para os estados.--Miguelferig (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 19:19 (UTC)

Vaites. Dísenos que "está perfectamente claro que a normativa debe ser respetada" pero que o normal na Wikipedia española é "título castelanizado e na introdución aclarar e especificar o nome que oficialmente recibe en galego".
Noraboa por dicir o que xa todos sabemos!!! Se quen o di é administrador, debería dimitir por inoperancia. Se os administradores non patalean (inda que só sexa un pataleo, queda constancia), os usuarios seguiremos exactamente tan indefensos como ata o de agora. Se prefiren pasar de todo, que dimitan e que nomeen a aqueles que desexamos montar guerra.-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 19:35 (UTC)
Se o dis por min, eu non son administrador nin quero selo. Simplemente comentei o que facemos nós aquí na galipedia, que non é moi diferente do que fan no wiki en castelán. Fíxeno para que se vise o complexa que é a cuestión.--Miguelferig (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 19:41 (UTC)
Vaites. Dísenos que "está perfectamente claro que a normativa debe ser respetada" pero que o normal na Wikipedia española é "título castelanizado e na introdución aclarar e especificar o nome que oficialmente recibe en galego".
Noraboa por dicir o que xa todos sabemos!!! Se quen o di é administrador, debería dimitir por inoperancia. Se os administradores non patalean (inda que só sexa un pataleo, queda constancia), os usuarios seguiremos exactamente tan indefensos como ata o de agora. Se prefiren pasar de todo, que dimitan e que nomeen a aqueles que desexamos montar guerra.-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 19:35 (UTC)

Desculpa Miguelferig, ningunha wikipedia pode ser fonte primeira: Todas elas deben usar as formas oficiais. No caso do Estado español, deben usar as formas que dito Estado (ou as Autonomías, se o Estado cede competencias) considera. Se a Galipedia non emprega formas adecuadas, mal; o que está claro é cales son as formas dos topónimos galegos. A min dáme igual escribir Guadalajara, Guadalahara ou (paréceme unha aberración) Guadalaxara; pero ten que ser Sanxenxo, e non Sanjenjo ou Sangenjo.

Ti con quen estás? -- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 19:49 (UTC)

  • Por favor, non confundas discusións: Eu considero que a toponimia española debe ser considerada e aceptada: Prefiro "Guadalajara" a "Guadalaxara" por simple respecto. A cuestión da toponimia galega, inda que ligada á española, é unha discusión diferente.-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 19:55 (UTC)
Eu só podo rir se alguén pensa que os galegos dicimos "Guadalaxara". Ha, ha! Só profesores coma min din tal cousa (e non sempre. Abofé que non o fan na intimidade). Eu non o fago. Son profesor de galego, pero eu digo "Guadalajara" porque sei falar español e respecto o español, tal cal como espero que se respecte a toponimia galega e o galego.

Quizais ande contracorrente, pero se é Elx e non Elche será porque alí se di así. Se é Guadalajara e non Guadalaxara, será porque alí se di así; se é Sansenxo e non Sangenjo ou Sanjenjo, será porque alí se di así-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de febreiro de 2017 ás 20:06 (UTC)

Non confundo ningunha cuestión, Lmbuga (dígocho con toda cordialidade). Simplemente salientei a contradición na que estariamos se pedimos á wikipedia en castelán que faga algo que nós non facemos. Aquí acordouse usar as toponimias en galego, todas elas debidamente referenciadas, xa que a galipedia non é fonte primaria. As referencias son do RAG, do servizo de normalización lingüística da USC, etc. Eu non estou de acordo con todas, pero son as referencias que hai que usar. Se din que hai que dicir Florencia, Londres, Estocolmo, Xaén, Arxentina, Xirona etc. en vez de Firenze, London, Stokholm, Jaén, Argentina, Girona etc. pois iso é o que está referenciado.--Miguelferig (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 20:55 (UTC)
Symbol support vote.svgConcordo plenamente con esta última opinión e aclaro pois a miña postura a favor dela e de ningunha outra diferente. Boas noites. RubenWGA (conversa) 6 de febreiro de 2017 ás 21:22 (UTC)
Lmbuga, eu tamén coñezo un pouco a problemática dos topónimos na wikipedia en castelán, porén non comparto totalmente a túa visión do tema. É certo que na wiki.es usan os topónimos en castelán, pero como xa che comentaron arriba nós aquí decidimos facer algo semellante baseándonos nas referencias que hai en galego (debatido en Wikipedia:Exotopónimos e votado en Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos). Tamén é certo que nalgúns casos concretos, principalmente pobos pequenos, na wiki.es usan nomes "castelanizados" sen referencias axeitadas, estes casos si deberían corrixirse, pero entendo que ese non é o centro do problema, e é un traballo que deben facer eles, igual que nós temos que amañar aquí moitos topónimos que non concordan coas referencias que hai (acabo de ver que no Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega pon Guadalajara (México), cousa que haberá que revisar con calma). Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 03:55 (UTC)
  • Moitos dos que levamos tempo por aquí sabemos que a Wikipedia en castelán ten unha chea de problemas sen solución aparente. O que fan coa toponimia é, como mínimo, un despropósito, mesmo inclúen invencións sen sentido. Por desgraza, ben por gregarismo ben pola busca de aceptación, ás veces usuarios de orixe galega (en es.wp) súmanse a ese modo de proceder. Afortunadamente, desde que comezamos ata o de agora, o respecto pola toponimia galega no conxunto dos proxectos Wikimedia é maioritario. Na miña opinión, un conflito por este tema no seu terreo require demasiado esforzo cun resultado incerto cando non hai posibilidade de diálogo. É preferible traballar na mellora da calidade, evitar converter a Galipedia nunha subsidiaria da Wikipedia en castelán importadora dos seus problemas a través de traducións, moitas delas deficientes, ou dedicar todo o noso esforzo en conseguir que os estudantes galegos teñan como primeira opción a Wikipedia en galego no canto de desaproveitar a nosa enerxía alí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 7 de febreiro de 2017 ás 16:21 (UTC)

Marcadores para eleccións xerais en Galicia[editar a fonte]

Vin que agora existe Wikipedia:Cores para gráficos de eleccións como manual para a asignación de cores a cada partido (parabéns, moi bo traballo) e que nas elección municipais o criterio e eliminar a barra negra. Para os marcadores do artigo Eleccións xerais en Galicia quería saber se o criterio sobre a barra negra é aplicable. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18 de febreiro de 2017 ás 13:19 (UTC)

Por min si. --Chairego apc (conversa) 18 de febreiro de 2017 ás 14:01 (UTC)
Ok. Grazas. Un saúdo. --Prevertgl 18 de febreiro de 2017 ás 14:03 (UTC) Se non hai unha regra definitiva sobre este punto en concreto vou esperar máis intervencións ou, se ninguén di nada, comezar sen a barra negra e se hai unha decisión en contra recuperala. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18 de febreiro de 2017 ás 14:40 (UTC)
Eu diría que mellor comezar sen ela, para recuperala sempre hai tempo. Bo traballo co artigo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de febreiro de 2017 ás 22:17 (UTC)
Grazas Estevo(aei). Un cordial saúdo. --Prevertgl 20 de febreiro de 2017 ás 16:50 (UTC)

Dilema coa estrutura de categorías de efemérides[editar a fonte]

Levo uns dias tratando de poer orde na estrutura de categorías das efemérides, que esta un pouco encerellada. Dentro da categoría de efemérides hai, entre outras, a dos séculos, dentro destas as de décadas, dentro destas as de cada ano desa década. O problema ven cando a década final de cada século esta dacabalo de dous séculos. Explícome cun exemplo. A década do ano cen abarca desde o ano 100 ao 109. O ano 100 pertence ao século I, de feito resulta ser o ultimo ano deste século. Os anos 101 a 109 pertencen ao século II, pero a mesma década que o ano 100. De feito que a categoría da década do ano 100 hai que incluíla ao mesmo tempo na do século I e na do II. Pero ao consultar a arbore de categorías atopamos unha lista de décadas dentro do século I, entre as que se inclúen a década do ano 100, e dentro delas os anos do 100 ao 109, que xa son doutro século. Igualmente cando consultamos o século II, que na súa primeira década conten o ano 100, que realmente pertence ao século I. E así acontece (per omnia saecula saeculorum) na década final de cada século, nos 20 séculos rematados que levamos desde que naceu Cristo, e infinitos antes de nacer Cristo.

Non se me ocorre ningunha solución para este lio. Unicamente penso que o teriamos evitado de prescindirmos das categorías relativas a décadas. A única solución que lle vexo seria deixar de considerar o ultimo ano de cada século como parte da ultima década dese século, e incluílo na primeira década do século seguinte. Pero tampouco mola, porque as cousas non son así, un século empeza o primeiro ano 1 e acaba o centésimo, non cando a min me peta. Espero as vosas ideas, a ver se entre todos damos feito algo bon. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de marzo de 2017 ás 22:59 (UTC)

Seguindo o exemplo, ata onde eu entendo, o século II comeza no ano 100 e remata no 199, igual que por exemplo o século XXI comezou no ano 2000. A "década do 100" polo tanto iría no século II. A única excepción nesta sucesión sería o propio século I, que comezaría no ano 1 e remataría no 99, ó non existir ano 0. Noutra orde de cousas, os anos que teñan categoría propia homónima só deben ir nesa categoría. As categorías de décadas ou séculos deberían aplicarse as categorías dos propios anos, non ós artigos. Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 23:14 (UTC)

Quen me dera a min que fose así, pero non. O século I empeza o ano 1 e acaba o ano 100, ambos incluídos, o segundo vai do 101 ao 200 , o III do 201 ao 300... e o XX de 1991 ao 2000. De aí ven o cerello. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de marzo de 2017 ás 23:18 (UTC)

Pois si, semella que tiña mal eu o concepto, sorry. Non sei exactamente como fan outras wikis, poden ser unha boa "guía" neste tipo de casos. Reitero, de todas formas, a miña indicación sobre os artigos e as súas categorías homónimas, tédeo en conta á hora de categorizar os anos. Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 23:25 (UTC)
Sucede que, por causa de non haber un ano cero nos diversos calendarios, pasando axiña do ano 1 a.C. ó ano 1 d.C., os séculos rematan na centena pechada, 100, 200, 300 etc. Canto ás décadas, a súa conta é nova e polo tanto é distinta da conta dos séculos. O calendario astronómico, diferente dos outros, inclúe o ano 0, a década 0, o século 0, e resolve o caso. Judcosta (conversa) 1 de marzo de 2017 ás 23:39 (UTC)
Outra cousa: a contas dos séculos e das décadas son distintas, é dicir, unha non garda relación directa coa outra. Judcosta (conversa) 2 de marzo de 2017 ás 17:51 (UTC)

Isto ultimo que di Judcosta paréceme importante. Se cadra a estrutura das categorías debería ser incluír o ano 100 na categoría 100, na categoría década de 100 e na categoría século I, considerando que son contas diferentes. Ou tal vez a do ano e a da década si poden ir unha dentro da outra, pero a do século ir pola súa conta. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 2 de marzo de 2017 ás 21:41 (UTC)

Vamos haber se non hai ano cero o normal e que a primera década abarque desde o ano 1 ata o ano 10 a segunda desde o 11 o 20 e así sucesivamente polo que o meu entender estaría o tema solucionado.--Alfonso mande 2 de marzo de 2017 ás 22:01 (UTC)

E unha opción, Alfonso, pero daría lugar a cousas que soarían raras, como que 1980 pertencería a década dos 70. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 2 de marzo de 2017 ás 22:05 (UTC)

O meu entender o que sería raro e que a primera década tan soo tivera 9 anos xa que o ano 0 non existe.--Alfonso mande 2 de marzo de 2017 ás 22:19 (UTC)
De facto, cada calendario ten as súas peculiaridades. Por exemplo, o calendario hebreo posúe cinco días "fóra do tempo", os cinco días antes da creación do home. Nos calendarios xuliano e gregoriano, a década 1 ou primeira da década é anómala, pois vai do ano 1 ao 10. Mais, cando se contan os decenios en números ordinais, acostúmase contar do primeiro ano mesmo: a primeira década, do 1 ao 10; a segunda, do 11 ao 20; a undécima, do 101 ao 110. Non hai, con todo, "século -I", "século -II", "século -X", pois mestura os números romanos coa a notación matemática dos números negativos, empatada soamente cos algarismos arábigos. Espero ter contribuído. Judcosta (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 13:37 (UTC)

A ver, o que estou facendo e incluír o artigo de cada ano na súa categoría propia, e logo esta dentro da categoría correspondente ao seu século e a súa década, e tamén na categoría anos. Gustaríame que houbese un certo consenso sobre este criterio, porque agora mesmo hai polo menos tres persoas traballando sobre este tema e as veces estamos facendo traballos contrarios. Por exemplo, as ultimas edicións de Banjo non van por aí, van en dirección oposta. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 3 de marzo de 2017 ás 11:09 (UTC)

WP:LE#Categorías:"Os artigos que posúan unha categoría propia de seu só se inclúen nesa única categoría, deixando o resto de categorías relevantes incluídas na páxina da categoría e non no artigo". É a terceira vez que o indico nesta conversa. Banjo tell me 3 de marzo de 2017 ás 11:11 (UTC)
Ben lembrado. Judcosta (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 13:40 (UTC)

Comarca de Cerdedo-Cotobade[editar a fonte]

Respecto á clasificación en comarcas: Cerdedo pertencía á comarca de Tabeirós - Terra de Montes e Cotobade á comarca de Pontevedra. Atopei esta nova na que din «"Las comarcas son naturales", recalcó el mandatario. "Los límites municipales se pueden alterar pero los montes no", puntualizó ayer al ser preguntado por esta cuestión el dirigente cerdedense. Aseguró en este sentido que Cerdedo "va a seguir perteneciendo a Terra de Montes" -por tanto a su actual comarca- y que lo mismo sucederá con Cotobade en la de Pontevedra, aun cuando estos dos ayuntamientos ahora vecinos pasen a constituir uno solo.» Por exemplo, estou coa Galería de imaxes da comarca de Pontevedra e a galería de Cotobade xa non existe. Segundo a nova anterior unha posible solución sería recuperar esa galería. Non obstante, que o concello estea dividido en dúas comarcas semella que crea outros problemas. Tratouse antes o asunto ou hai algunha solución sobre este tema? Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de marzo de 2017 ás 16:34 (UTC)

Os arranxos da fusión do concello de Cerdedo-Cotobade están sen rematar e algunhas tarefas pendentes, e outros problemas, están anotadas na conversa dese artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 18:43 (UTC)
Pero esa lista de tarefas pendentes que dis, Elisardo, partía da base dunha fusión completa, irreversible, que nos obrigaba a cambiar as nosas categorías, textos e imaxes. E a inclusión nunha ou noutra comarca estaba á espera de que o novo concello, a Mancomunidade ou quen sexa, tomase unha decisión. Esta novidade que comparte Prevert, de confirmarse e non ser só unha opinión persoal do alcalde, trae consigo unha complicación para nós (e para os veciños, claro). Pedro --Lameiro (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 19:44 (UTC)

Sección de referencias[editar a fonte]

Está correcto poñer unha subsección de referencias na das notas? Cambiouse iso no libro de estilo? Grazas adiantadas. - Judcosta (conversa) 15 de marzo de 2017 ás 01:10 (UTC)

37.29.244.8[editar a fonte]

Información sobre a parroquia de Malpica de Bergantiños Pertence o concello de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños e na provincia da Coruña Eu penso que o nome da parroquia é Malpica, e que o nome de Malpica de Bergantiños, fai referenza só o concello, porque de non ser asi, entón a capital do concello, vila situada na mencionada parroquia, debe de ser tamén, Malpica de Bergantiños en lugar de Malpica E os lugares da parroquia son Malpica de Bergantiños, Piñeiros, Seaia, Seixas e Vilarnovo. Os lugares de A Camuza, A Cancela de Areas, A Pedreiriña, A Vista, Os Medros e Sorrio, son barrios da aldea de Seaia, pra verificar esto, mirade o listín telofónico da provincia da Coruña no apartado entidade de poboación _ municipio, comprobaredes que dos nomes que cito, só aparecen Malpica (capital) A Camuza* Seaia e Seixas

  • A Camuza non deberia de aparecer no listín porque pertence a Seaia, nembargantes Piñeiros e Vilarnovo que deberian aparecer, non aparecen.
A Camuza, lugar da aldea de Seaia, limita con Malpica(capital) se temos en conta esto e que neste lugar hai edificios de pisos, podese dicir que é zona urbana, esto fai que o concello considere esta zona como parte da vila de

Malpica, cando na realidade, A Camuza está en Seaia Seaia é unha aldea formada por moitos lugares pero estos lugares, sacando uns poucos, non existen oficialmente, e os que agora son oficiais, e por causa de correos Seaia ten 200 casas e todas tiñan o mesmo enderezo postal ata que dixeron, se Seaia está formada por lugares, por qué en lugar de ter 1 enderzo postal, non ten varios? E oficializaronse e pasaron a ser enderezos A Camuza, A Cancela de Areas, A Pedreiriña, A Vista, Os Medros e Sorrio. Os lugares que quedan, de momento seguen tendo o enderezo de Seaia Información sobre Seaia: 1/ localidade do concello de Malpica de Bergantiños 2/ nome dunha parte da localidade. A localidade, lugar ou aldea de Seaia cos seus aproximadamente 670 habitantes, e a segunda localidade mais poboada do concello Seaia, foi parroquia na idade media —o anterior comentario sen asinar foi feito por 37.29.244.8 (conversa • contribucións)

Os nomes de parroquias e de lugares de parroquias na Galipedia obtéñense da información oficial da Xunta de Galicia dispoñible no seu Nomenclátor. Faltaba O Camiño do Río na parroquia de Malpica de Bergantiños, xa o amañei, e agora, se revisei ben todo, os lugares e parroquias de Malpica correspóndense correctamente con esa fonte. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2017 ás 07:59 (UTC)

Categoría Moráceas/Moraceae[editar a fonte]

Creei a categoría moráceas (unha familia de plantas), xa que non existía, pero despois decateime que existía a categoría Moraceae. Haberá que borrar unha das dúas ou fusionalas. De todas maneiras, creo que as categorías de familias de plantas deberían estar en galego e non en latín; de feito, a gran maioría delas están xa en galego. Se alguén pode axudar e sabe como se fai iso agradeceríase.--Miguelferig (conversa) 13 de abril de 2017 ás 11:34 (UTC)

@Miguelferig:Feito! Feito! Banjo tell me 13 de abril de 2017 ás 11:45 (UTC)
Grazas.--Miguelferig (conversa) 13 de abril de 2017 ás 12:21 (UTC)

términos de arquitectura[editar a fonte]

Boimorto, Sendelle 02-06b.jpg

Quixera saber como se chama a parede do fondo das igrexas (das igrexas pequenas, dunha soa nave), parece na que se abre a ábsida que acolle o altar maior (e único). Na fotografía que acompaña esta pregunta, sería esa parede que rodea o arco, parede na que aínda se poden ver algúns restos de pinturas e na que, neste caso, tamén se abriu unha ventá central. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de abril de 2017 ás 20:47 (UTC)

Non sei se esa parede ten un nome específico, o cal non sería de estrañar, tendo en conta que no mundo da arquitectura o vocabulario é tremendamente especializado. O que si sei é que o plano que constitúe ese muro co arco e que separa a nave da ábsida se chama arco de triunfo. Xoacas(ti si que es lindo, ho)

@Xoacas: arco de triunfo é outra coisa. O que temos na imagem são arquivoltas. Shgür Datsügen (conversa) 11 de maio de 2017 ás 01:03 (UTC)
@Shgür Datsügen:, as arquivoltas son cada unha das curvas concéntricas e abucinadas desprazadas unhas respecto das outras) que constitúen o arco. Cando falamos de arcos de triunfo o mesmo podemos estar facendo referencia ao arco de Tito que a este tipo de arcos nos que se abren as ábsidas. A razón é que se trata dun elemento que se confire unha teatralidade ao sancta sanctorum da igrexa, e xa sabemos que os cregos de cerimonias entenden un mundo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11 de maio de 2017 ás 21:19 (UTC)
Ousia ou ábsida, segundo o Dicionario visual da construción do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Pódese consultar en internet. --Iagocasabiell (conversa) 19 de abril de 2017 ás 11:20 (UTC)
Fixándome máis na foto doume conta de que te refires ó muro do transepto. --Iagocasabiell (conversa) 19 de abril de 2017 ás 11:27 (UTC)

@Lameiro:, antes de mais desculpe por escrever em português, mas ainda não me acostumei suficientemente bem ao galego. Sobre a sua dúvida, creio que se esteja a referir à imagem que se centra no hemiciclo absidal, em que a estilização das figuras, com pormenores iconográficos como os símbolos envagelistas em forma de anjos sublevam a composição imponente do Maiestas Domini. O termo arquitectónico que designa o interior concavo e inferior da semicúpula é intradorso. Espero ter ajudado. Shgür Datsügen (conversa) 10 de maio de 2017 ás 23:37 (UTC)

Cambiar título de entrada[editar a fonte]

Precisaba amañar unha pequena desfeita, creei a entrada Marianne Vos, e cometin un erro ó escribir Marianne Voss, agora non son quen de cambiarlle o título, alguén que me poida votar unha man. Gracias por anticipado. —o anterior comentario sen asinar foi feito por GZKZ (conversacontribucións)

Ola, Usuario:GZKZ; podes solucionalo pola túa conta premendo no botón "mover", e indicando o título correcto do artigo. Proba sen medo. Ah! E lembra asinar as mensaxes que deixas na taberna ou a outras persoas para saber a quen dirixirse. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2017 ás 18:34 (UTC)

Gracias Estevo(aei) tanto por este como polos outros consellos, tereinos en conta. —o anterior comentario sen asinar foi feito por GZKZ (conversacontribucións)

Indicación de "agradecer" nas edicións[editar a fonte]

Boas. Como se engade o "comando" "agradecer" cando fago algunha edición?. Grazas.--Satna (Ti dirás) 17 de maio de 2017 ás 16:41 (UTC)

Para "agradecer" unha edición tes que entrar no historial da páxina concreta na que se fixo, procurar a edición e facer clic ó final da entrada onde pon o propio texto de "agradecer". Pedirache unha confirmación de si/non, ó darlle a si aparecerálle a notificación ó autor de esa edición automaticamente. Banjo tell me 17 de maio de 2017 ás 16:55 (UTC)

Expreseime mal. O que eu quero saber é que debo facer para que cando eu edito se incorpore ese comando para que me poidan agradecer a min. E que soamente me sae "desfacer". Grazas outra vez. --Satna (Ti dirás) 17 de maio de 2017 ás 17:08 (UTC)

Non se poden "agradecer" as edicións propias, a opción non aparece para as edicións dun mesmo. O resto de usuarios rexistrados si ve esa opción nas túas edicións e pode "agradecer" as túas edicións seguindo o método que indiquei na mensaxe anterior. Banjo tell me 17 de maio de 2017 ás 17:12 (UTC)

Agora pilleino! (Non me quería atoagradecer, simplemente vía que non saía esa opción nas miñas edicións e pensei que algo me faltaba; aínda que agora caio no asunto, porque sí que me teñen chegado agradecementos. Estaba espeso. Obrigado pola aclaración. --Satna (Ti dirás) 17 de maio de 2017 ás 17:25 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_(axuda)&oldid=4340544"