Wikipedia:A Taberna (imaxes)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección imaxes da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg

Esta sección úsase para solucionar problemas relacionados coas imaxes.

Comezar un novo fío de conversa

Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14

Aviso para fotógrafos[editar a fonte]

Evento o próximo domingo 13/1/2019 en Insuela: "Cerdedo-Cotobade inicia su programa das Letras Galegas con un acto en la casa de Antonio Fraguas". Faro de Vigo.  --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 22:51 (UTC)

Eu non vou poder ir, pero grazas por avisar HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 09:38 (UTC)
@HombreDHojalata: subín esta, esta, esta, esta, esta e esta fotos. Podes axudarme coas categorizacións e a darlles uso, por favor? Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de xaneiro de 2019 ás 23:35 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Bueno, bueno. Grazas a ti que fuches alí a tiralas.
Estiven sobándoas un pouco[1]
Á hora de subir fotos é interesante meterlle, tamén, a categoría/s de "cando?". Por exemplo Commons:Category:2019 in Galicia (Spain). Os máis sibaritas poden entrar en máis detalle aínda (por provincia, por meses…)
Mesmo vale para ficheiros de xornais, libros, documentos. Véxase, p. ex.: Commons:Category:1925 in Galicia (Spain).
Eli, date por aludido, que ti sobes moitas fotos e era bo poñerlles a categoría do ano ;-) --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2019 ás 19:33 (UTC)

Oes, Adrián: que saes (agochado) na foto na páxina da RAG. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2019 ás 19:57 (UTC)
@HombreDHojalata: xa me mirei, xa; o fotógrafo fotografado! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2019 ás 21:51 (UTC)
@HombreDHojalata:, xa..., sei que hai esas categorías, pero non acabo de verlles a utilidade e engadir outra categoría máis da o seu choio. A maiores, sempre pensei que esas categorías deberían meterse de forma automática, ou quizais cun bot, incluso podería facelo o propio asistente de cargas. Polo menos para as imaxes actuais, as doutros anos non, claro. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 22:50 (UTC)

Ai!, pois eu véxolle moita utilidade á liña temporal. Sen non existise había que inventala!
O único choio que dá é escribir 2019 in G, o resto xa o fai o autocompletar e o hotcat. Un bot podería, doadamente, meter unha foto no "ano 2019", pero xa é máis complicado que a meta en "2019 en Galicia".
Hai que ollar, de cando en vez, todo o traballo de categorización que teñen feito os cataláns dentro de Wikimedia Commons, que están a anos luz de nós. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2019 ás 07:46 (UTC)

Claro, pero é que en Commons quen traballa en categorizar fotos de Galicia? Eu de cando en vez tento "limpar" a categoría Galicia, as do primeiro nivel, e as principais dalgúns concellos, pero penso que o problema está en que está a perderse ese traballo categorizando as fotos subidas localmente, cousa á que eu non vou contribuír porque penso que todas esas fotos deberían estar en Commons. Se pasáramos todas as fotos a Commons e todos categorizáramos no mesmo sitio, outro galo cantaría :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 08:57 (UTC)

Ah! Eu considero que este foi o meu maior fracaso neste proxecto. Non o levamos adiante, a pesar de ter, con diferenza, máis votos a favor que en contra.
Pasaron algúns anos. ¿Atréveste ti a abrir o melón de novo? --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2019 ás 09:05 (UTC)

HombreDHojalata, sería unha boa proposta para este 2019, o que pasa é que non se pode facer á lixeira, habería que revisar esa votación e ver se os problemas que se percibían daquela xa están solucionados ou foron minimizados... Se atopara un momento miraríao, pero non vai ser cedo, quero levar adiante un pouco máis o proxecto dos 1000 artigos a ver se avanza... Apúntoo nas miñas tarefas pendentes, e se me poño xa vos aviso das cousas que vaia atopando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 09:24 (UTC)

Etiquetar persoas en fotografías de grupo[editar a fonte]

En Wikimedia Commons, coa función "Engadir unha nota", poden etiquetarse (poñerlle nome) as persoas que aparecen nunha fotografía de grupo.
Alguén podería completar o etiquetado en Commons:File:Premios da Cultura Galega 2018.jpg, identificando, por exemplo, aos membros d'A Roda? (os músicos aparecen na parte esquerda da imaxe, dende o punto de vista do espectador). --. HombreDHojalata.conversa 13 de xaneiro de 2019 ás 14:05 (UTC)

Metín a Antonio Dieter Moure que me dixo quen era Xabier Cid. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 12:51 (UTC)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)&oldid=5034693"