Wikipedia:A Taberna (novas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección novas da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png

Esta sección úsase para realizar anuncios sobre temas relacionados coa Wikipedia.

Comezar un novo fío de conversa

Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19

Poboación en fichas de concellos[editar a fonte]

Nun destes días pasados, non sei exactamente cando habería que consultalo en Wikidata, os datos de poboación de tódalas fichas dos concellos de Galicia foron actualizados automaticamente, polo que vin sen máis problema. Esta é unha pequena vantaxe de actualización automatica de información dende Wikidata, a mágoa é que no texto dos artigos isto non se actualiza e habería que facelo a man, e con coidado, tendo en conta a redacción de cada artigo (cada un é do seu pai e da súa nai...). Esta función só está engadida no modelo de concellos galegos, habería que engadila, como mínimo, no modelo de concellos de España xa que deses concellos sei que se actualizan os seus datos en Wikidata, doutros países non teño nin idea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2018 ás 12:52 (UTC)

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas a todos, en Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras xa rematou o prazo para presentar imaxes para ilustar o artigo de María Victoria Moreno, agora durante todo este mes está aberto o prazo de votación das propostas. Tal e como se indica nesa páxina, un usuario, un voto positivo á imaxe que prefiran. Animádevos e participade!, é unha boa forma de recoñecer o traballo dos compañeiros que se esforzaron nesta tarefa!! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 14:25 (UTC)

Hackaton 2018[editar a fonte]

Do 17 ao 20 de maio celébrase en Barcelona a Wikimedia Hackathon 2018. Está aberto o prazo de inscrición, e até o 30 de xaneiro poden solicitarse bolsas. POde ser moi interesante para a xente especializada en aspectos técnicos. Animádevos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2018 ás 21:18 (UTC)

Celtic Knot Conference 2018[editar a fonte]

O 5 e 6 de xullo celébrase en Gales a Celtic Knot Conference 2018. Está aberto o prazo de inscrición, e pódense presentar relatorios. Animádevos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2018 ás 21:20 (UTC)

Wikimania 2018[editar a fonte]

Abriuse o prazo para solicitar bolsas para asistir a Wikimania 2018, que se celebra do 18 ao 22 de xullo en Cidade do Cabo. Pódense pedir as bolsas aquí. Animádevos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2018 ás 21:34 (UTC)

Intercultur 2018[editar a fonte]

Do 1 ao 28 de febreiro terá lugar a II edición do Intercultur, pra difundir o patrimonio cultural de España en dez das linguas faladas no territorio mediante a tradución de cinco artigos dunha lingua ás outras nove. É un concurso, con criterios de puntuación e premios. O ano pasado participaron @Chairego apc: e @Breogan2008:, e este ano animo a toda a comunidade a participar. Podedes ver a lista de artigos en meta:Intercultur_2018/Articles. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de febreiro de 2018 ás 01:20 (UTC)

Eu este ano repetirei! --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 15:40 (UTC)
Por certo, hai que ter coidado con este tipo de actividades (tanto nós coma os organizadores), tiven que marcar máis de cinco artigos por problemas de ortografía... :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:56 (UTC)

Obradoiro introdución á Wikipedia[editar a fonte]

A asociación Aberteo, a través do Usuario:Raivenra, contactou comigo para organizar unha charla de introdución á Wikipedia o sábado 24 de marzo en Oza (Teo), na Casa Común (mapa) de 10 a 14 horas. É aberta a quen queira asistir. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de febreiro de 2018 ás 21:34 (UTC)

Xenial Estevoaei e Usuario:Raivenra!, se se animan a facer un mini-wikimaratón, podería facerse unha páxina para o evento e ligala como seguinte evento da Galipedia despois do Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller :). A temática podería ser calquera, escritores galegos, persoeiros do concello de Teo, patrimonio de Galicia, patrimonio do concello de Teo (segundo a lista de Castros_da_provincia_da_Coruña, en Teo hai oito castros...), ou o que prefiran, será por temas! Eu, se estou libre, intentarei achegarme pero polo momento non podo confirmar nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)

Premio Xoán Manuel Pintos[editar a fonte]

Entrega do Premio Xoán Manuel Pintos no 2018.

A Galipedia vén de gañar o Premio Xoán Manuel Pintos de normalización lingüística, que concede o Concello de Pontevedra (artigo). Parabéns a toda a comunidade, especialmente á usuaria Vitoriaogando e o usuario Ogalego.gal, tamén premiados. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2018 ás 14:55 (UTC)

Parabéns!!! --Chairego apc (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 17:43 (UTC)
Felicidades a toda a comunidade e a todos os que teñen colaborado durante todos estes anos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 19:59 (UTC)
Anda! Mira que ben! Parabéns a todos! Deberíamos engadilo a Wikipedia:Actualidade para que o coñeza máis xente (e así nos damos un pouco de "autobombo"). --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:37 (UTC)
AMPERIO xa está en Wikipedia:Novas da comunidade :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:47 (UTC)
A vale, aí tamén está ben :) --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:50 (UTC)
Parabéns a toda a comunidade! : ) --Iagocasabiell (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 10:36 (UTC)
Parabéns! --Millars (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 23:20 (UTC)
  • Os felicito por el reconocimiento obtenido. Keep up the good work! Soleil222 (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 13:39 (UTC)
"a entrega de premios se realizará nun acto previsto para o vindeiro 15 de marzo no Pazo de Mugartegui de Pontevedra" (quinta feira). Quen vai asistir? Propoño que Adrián Estévez (só ou en compañía) sexa quen recolla o premio. Era bo, tamén, que alguén hábil cunha réflex se ocupara de facer a reportaxe gráfica. --. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2018 ás 09:02 (UTC)
Grazas, HdH! Eu teño previsto ir. Lameiro dixo que pode vir a sacar fotos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de marzo de 2018 ás 09:17 (UTC)
Paréceme xenial que sexa Estevoaei o que recolla o premio, eu asistirei dependendo da hora á que se realice o evento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 11:13 (UTC)
Parabéns!!! Rei Momo (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 18:05 (UTC)
  • ¿La prensa de Pontevedra se hizo eco de la concesión del Premio Xoán Manuel Pintos a Galipedia? Soleil222 (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 11:34 (UTC)
Si Soleil222, se publicaron noticias en varios diarios como por ejemplo:
Y puede que algún más, son los que he encontrado en una búsqueda rápida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 15:28 (UTC)

Por certo Estevoaei, que no acto de entrega dixeron que tamén nos daban o selo do premio e que podiamos utilizalo onde quixeramos. Non podería poñerse nalgún sitio da portada? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 15:31 (UTC)

Décimo quinto aniversario[editar a fonte]

Hoxe día 8 de marzo cúmprese o décimo quinto aniversario da Galipedia, e este ano temos máis razóns para celebralo debido ó recente premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua que foi outorgado ó noso proxecto.

Felicidades a tódolos colaboradores e seguidores da Galipedia, e animo a todo o mundo a participar nas actividades que, este sábado día 10, imos a realizar na cidade de Ourense para celebrar estes quince anos de traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 13:49 (UTC)

Obradoiro introdución a Commons[editar a fonte]

A asociación NFOCA8, a través do Usuario:Raivenra, contactou comigo para organizar unha charla de introdución a Wikimedia Commons o sábado 14 de abril en Betanzos, no Local Social (rúa Saavedra Meneses 50) de 10 a 14 horas. É aberta a quen queira asistir. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de marzo de 2018 ás 09:31 (UTC)

Haberá que explicar ben o tema das licenzas, se estou libre, eu apúntome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 10:15 (UTC)

Novos termos matemáticos na DRAG[editar a fonte]

O Dicionario actualiza e incorpora 168 termos matemáticos coa colaboración de especialistas de distintos eidos, nova de interese, sobre todo para quen editan seguido nos artigos de ciencias. --Atobar (conversa comigo) 12 de marzo de 2018 ás 16:03 (UTC)

Son eu ou petou o dicionario da RAG?[editar a fonte]

Boas, non consigo atopar ningunha palabra no dicionario en liña da RAG, semella que non vai,algunha suxestión/alternativa?Grazas--Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 19:24 (UTC)

Non anada moi fino, non. Próballe no Portal das Palabras: https://portaldaspalabras.gal/dicionario/ --. HombreDHojalata.conversa 19 de marzo de 2018 ás 19:30 (UTC)
Grazas, HombreDHojalata agora mesmiño ía, pero anda caíndo seguido.--Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 19:56 (UTC)

Wikipedia:Galicia 15 - 15 Challenge[editar a fonte]

O compañeiro Breogan2008 vén de crear na Wikipedia en inglés o reto Wikipedia:Galicia 15 - 15 Challenge. Animádevos a participar! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2018 ás 08:03 (UTC)

Desafío dos Doce Apóstolos de Irlanda[editar a fonte]

Twelve Apostles of Ireland Challenge.png

O Desafío dos Doce Apóstolos de Irlanda é unha competición de edicións buscando crear e mellorar artigos sobre os Doce Apóstolos de Irlanda. Calquera en calquera idioma pode inscreverse e colaborar contribuíndo ou traducindo artigos relacionados ós Doce Apóstolos. Medallas virtuáis e íconas reáis serán premiadas ós vencedores. Para participar, a penas se subscriba aquí e comece a colaborar. Dia Duit! Leefeni de Karik (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 23:56 (UTC)


Welcome to Wales! The Celtic Knot Conference...[editar a fonte]

Celric Knot logo 2018.jpg

I apologise that this invitation is in English; feel free to translate into your own language!

I would like to invite you to the second Wikipedia language conference focusing on supporting Celtic and other small and Indigenous Languages. This year 'Celtic Knot' will be at held on the 5th and 6th of July at the National Library of Wales in Wales' most famous seaside resort of Aberystwyth.

For more information on how you could be part of this great event, pop over to our website where you can also contact Jason Evans, our National Wikimedian and conference organiser. We have many speakers who will talk about what works for them, how we can learn from each other... small is beautiful...

Viva la diversity! Llywelyn2000 (conversa) 4 de abril de 2018 ás 13:18 (UTC)

GLAMWiki Conference 2018[editar a fonte]

Do 3 ao 5 de novembro de 2018 celébrase en Tel Aviv a GLAMWiki Conference 2018. Está aberto o prazo de inscrición; até o 30 de abril poden enviarse comunicacións, e até o 15 de maio poden pedirse bolsas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de abril de 2018 ás 11:45 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_(novas)&oldid=4710564"