Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aprendendo wikidata en lalín.png

En setembro de 2019 está prevista a organización dun encontro presencial de Wikipedistas de Galicia para aprendermos a manexar Wikidata. Este obradoiro será continuación doutro similar que houbo en Santiago de Compostela.

A idea é traballar sobre dúbidas concretas que leven as persoas asistentes. Dúas das persoas asistentes van ir en outubro á WikidataCon 2019 (Berlín, 25 e 26 de outubro), polo que no caso de que xurdan problemas que non saibamos solucionar no momento, poderán ser consultados en dito evento.

Cando e onde[editar a fonte]

A idea é facela en Lalín na aula CeMIT do Auditorio o 28 de setembro con horario de 10:30 a 14:00, e de 16:00 a 19:00.

As coordenadas do sitio son: 42°39'52.4"N 8°06'17.2"W. Podes velo en Google Maps aquí ou en OpenStreetMap aquí.

Información para participantes[editar a fonte]

Chuleta de Wikidata para levar ó obradoiro.

Poderán asistir ao encontro persoas con distintos niveis de coñecemento de Wikidata. Pero que é Wikidata?

Na aula CeMIT hai ordenadores dispoñibles e conexión WiFi, polo que non é preciso traer computador propio.

Que imos facer?[editar a fonte]

As propostas que se listan a continuación son orientativas, xa que o obradoiro buscará adaptarse ás necesidades das persoas participantes. Se tes algunha outra proposta podes escribila ao final da lista

Nivel inicial
  • Etiquetas, descricións e propiedades: que son, como se modifican e como se traducen ao galego
  • Como ligar os datos de Wikipedia e Wikidata
  • Que afirmacións leva un elemento relacionado cunha persoa
  • Referencias en Wikidata: como citar en Wikidata
Nivel medio
  • Xestión de erros: duplicados e fusións
  • Como facer unha consulta básica no servizo SPARQL
  • Como facer unha lista en Wikipedia que tome datos de Wikidata usando o modelo Wikidata list
  • Propiedades asociadas a entidades xeográficas
  • Propiedades asociadas a obras literarias
  • Cualificadores de propiedade aplicados a biografías de persoas
  • Como facer cambios semiautomáticos en bloque usando táboas
Outros (escribe a túa dúbida ou proposta aquí)
  • Como se está a facer a integración entre Commons e Wikidata. Exemplo práctico de como editar capturas do Structured Commons en galego.
  • Inclusión e obtención de datos masivos
  • Coordinación de WikiData con bases de datos relacionais (do estilo de Access, Lotus, DBase)
  • Posibilidade de aplicación de WikiData a modelos ou mesmo a bots para crear contidos

Quen se anima?[editar a fonte]

Érbedos aprendendo Wikidata.
  1. Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xullo de 2019 ás 21:31 (UTC)
  2. Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 22:35 (UTC)
  3. Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 10:03 (UTC) Por certo, eu vou dende Coruña, se alguén vai dende alí ou de algún sitio polo camiño, podemos falar para compartir o coche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 20:51 (UTC)
  4. Brais (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 15:28 (UTC)
  5. Lameiro --Lameiro (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:29 (UTC)
  6. Xas (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 14:30 (UTC)
  7. Mdregueiro (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 14:30 (UTC)
  8. Sobreira ►〓 parlez 24 de setembro de 2019 ás 09:01 (UTC)
  9. Eu tamén irei dende Redondela, o primeiro bus chega o sábado a Lalín as 10:30, desculpade se me retraso--Faia Costeira (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 08:59 (UTC)
Faia Costeira, se queres vou recollerte á estación e logo xa imos para o auditorio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 21:57 (UTC)

Resumo[editar a fonte]

Aprendendo Wikidata Lalín 2019 01.jpg

En Lalín xuntámonos na estupenda aula CeMIT con ordenadores de última xeración e tódalas comodidades precisas e despois dos saúdos e presentacións puxémonos a comezar o obradoiro. Comentamos en xeral o que é Wikidata, a súa importancia e a súa potencia, este é un proxecto que pode ser de moita utilidade no futuro na Galipedia e por iso non podemos quedarnos desenganchando del.

Comezamos a comentar as cousas máis doadas, como comezar as primeiras edicións en Wikidata, como crear unha nova páxina Q e engadirlle propiedades e tamén revisamos as diferentes propiedades das páxinas das persoas. Falamos tamén dunha cousa tamén importante, engadir referencias en Wikidata, que tamén son necesarias, e dunha cousa que interesa moito na Galipedia, a obtención automática da información de Wikidata nos artigos.

Durante a mañá fomos facendo pequenos exemplos e exercicios destas modificacións para que todos puidesen practicalos e presentar as súas dúbidas ou problemas que atopaban.

Unha cousa que debemos ter en conta é que Wikidata non pode ser enchida polos usuarios, os usuarios só deben organizala, estruturala e pouco máis, a gran parte do traballo faise con bots que sacarán a información de bases de datos oficiais. Este é un dos futuros de Wikidata. Iso si, se hai algún dato incorrecto ou que aínda non estea en Wikidata e queiramos que apareza, podemos engadilo sen problema.

Aprendendo Wikidata Lalín 2019 03.jpg

Comentamos tamén que un traballo que é de interese en Wikidata é traducir ó galego descricións de propiedades e cousas así. Nesta ligazón hai unha lista de termos que están sen traducir para quen queira ir adiantando traballo.

Despois de toda a mañá traballando a todo tren, fomos ó papeo nun sitio estupendo e moi preto do Auditorio, todo perfectamente organizado! :)

Pola tarde seguimos coa parte "dura" do programa :) e falamos de cómo facer consultas básicas no servizo SPARQL e tamén un pouco, como xerar listas co modelo Wikidata list.

Na última media hora, o único rato que puidemos "rapinar" en todo o día de todo o que traballamos, estivemos falando dos temas pendentes da asociación A3GAL aproveitando que asistimos varios socios. Comunicamos o estado das contas, decidimos facer o primeiro listado de socios, revisamos as tarefas pendentes e falamos un pouco de como ir dándolles para diante. Unha das cousas que máis tratamos, foi como facer para crear un formulario de alta de novos socios, quedamos en preparar un correo para consultar os termos legais deste proceso á asociación ProBono.

Revista de prensa[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outras páxinas[editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Aprendendo_WikiData_Setembro_2019&oldid=5273206"