Wikipedia:Artigo destacado/febreiro 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Angela Gheorghiu as Floria Tosca at San Francisco Opera, November 2012.jpg

Angela Gheorghiu (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía), é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán e moitos outros teatros de ópera de Europa e dos Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Puccini, se ben é considerada, a raíz das súas interpretacións de La traviata, como unha das mellores Violetta do mundo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigo_destacado/febreiro_2018&oldid=4213470"