Wikipedia:Artigo destacado/maio 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bundesarchiv Bild 101I-575-1822-30A, Italien, Fallschirmjäger, rauchend.jpg

O movemento antitabaco na Alemaña nazi comezou no Terceiro Reich despois de que os médicos alemáns fosen os primeiros en descubrir a relación entre o cancro de pulmón e o tabaco, liderando a primeira campaña antitabaco da historia moderna. Os movementos antitabaco medraron en moitas nacións dende comezos do século XX, pero tiveron pouco éxito agás en Alemaña, onde a campaña recibiu o apoio do goberno despois do ascenso dos Nazis no poder. Este foi o movemento en contra do tabaco máis poderoso do mundo nos anos 1930 e comezos dos anos 1940.

A campaña antitabaco dos nazis consistiu en prohibir fumar nos tranvías, autobuses e trens urbanos, promover a educación saudable, limitar as racións de cigarros na Wehrmacht, organizar clases médicas para os soldados e incrementar os impostos sobre o tabaco. O movemento antitabaco non tivo demasiada eficacia nos primeiros anos do réxime nazi e malia os esforzos da campaña o consumo de tabaco medrou entre os anos 1933 e 1939, mais posteriormente diminuíu entre os anos 1939 e 1945.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigo_destacado/maio_2017&oldid=3934328"