Wikipedia:Artigo destacado/maio 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Maria Amelia of Braganza.jpg

María Amelia de Braganza, nada en París o 1 de decembro de 1831 e finada en Funchal (Madeira) o 4 de febreiro de 1853, foi unha princesa do Imperio do Brasil e membro da rama brasileira da casa de Braganza. Os seus pais foron o emperador Pedro I, primeiro rexente do Brasil, e Amelia de Leuchtenberg. Única filla do segundo matrimonio do seu pai, María Amelia naceu en Francia trala abdicación de Pedro I en favor do seu fillo Pedro II. Antes de que María Amelia cumprise un ano de idade Pedro I viaxou ata Portugal para restablecer a coroa da filla maior do seu primeiro matrimonio, María II, librando con éxito unha guerra contra o seu irmán Miguel I, quen usurpara o trono de María II.

Poucos meses trala súa vitoria Pedro I faleceu a causa dunha tuberculose. A nai de María Amelia levouna a Portugal, onde permaneceu a maior parte da súa vida sen chegar a visitar o Brasil. O goberno brasileiro non recoñeceu a María Amelia como membro da casa imperial do Brasil xa que nacera no estranxeiro, pero cando o seu medio irmán maior Pedro II foi declarado maior de idade en 1840, este interveu en favor de María Amelia con éxito. Prometeuse co arquiduque Maximiliano de Austria a comezos do ano 1852, pero antes de que tivera lugar o matrimonio ela contraeu tuberculose e foi trasladada a vila de Funchal na illa portuguesa de Madeira. Malia o clima de saudable reputación que tiña aquel lugar, a saúde de María Amelia continuou deteriorándose, e faleceu o 4 de febreiro de 1853.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigo_destacado/maio_2018&oldid=4639936"