Wikipedia:Artigo destacado/outubro 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
ClarkeViola.jpg

Rebecca Clarke, nada o 27 de agosto de 1886 en Londres (Inglaterra) e finada o 13 de outubro de 1979 na cidade de Nova York (Estados Unidos), foi unha compositora e violista coñecida especialmente pola súa produción camerística para viola. Nada no borough londiniense de Harrow, estudou na Royal Academy of Music e no Royal College of Music de Londres, posteriormente converteuse nunha das primeiras mulleres en tocar en orquestras profesionais. Sorprendida polo inicio da Segunda Guerra Mundial nos Estados Unidos, estableceuse de xeito permanente na cidade de Nova York e casou co compositor e pianista James Friskin en 1944. Clarke morreu na súa casa de Nova York aos 93 anos de idade.

Aínda que Clarke escribiu pouco, en parte polas súas ideas sobre o rol da muller compositora, a súa obra foi recoñecida pola súa mestría. A maioría das súas obras aínda non foron publicadas (ou foron publicadas recentemente), e foron esquecidas durante moito tempo despois de que deixara de compoñer. O estudo e o interese nas súas composicións reviviu en 1976. A Rebecca Clarke Society creouse no ano 2000 para promover o estudo e a interpretación da súa música.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigo_destacado/outubro_2017&oldid=4049757"