Wikipedia:Artigos bos/Propostas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

O artigo bo é un artigo que cumpre os requirimentos expresados en Wikipedia:O que é un artigo bo, e ademais foi elixido en votación para figurar entre os artigos bos da Galipedia.

Antes de presentar unha candidatura certifica que o artigo se adecúa ó perfil dun artigo bo. Os artigos bos non teñen que ser tan amplos coma os artigos de calidade, pero non deben omitir ningún aspecto importante do tema: a comparación dos criterios para artigos bos e de calidade describe máis diferenzas.

Como engadir unha candidatura a artigo bo[editar a fonte]

Segue os pasos expostos a continuación:

I.

Crear unha proposta

Copia o nome do artigo tras o texto presente na caixa:


II.

Inserir a ligazón na páxina de escolla

Inclúe manualmente unha ligazón na sección Wikipedia:Artigos bos/Votacións: Prema aquí e deseguido engade esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Nome do artigo}} substituíndo Nome do artigo polo artigo proposto.

Inclúe o modelo {{CABO}} no artigo.

III.

Votación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Symbol support vote.svgConcordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Symbol oppose vote.svgDiscordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Symbol neutral vote.svgNeutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Symbol comment vote.svgComentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Information icon.svgInformación: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Symbol question.svgPregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Symbol wait alternative.svgAgardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~). A votación será aprobada cos 3/4 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 30 días.

IV.

Peche da votación

Logo dos días correspondentes pecharase a votación.

Candidatura aprobada (artigo bo)[editar a fonte]

  1. Un artigo considerarase "artigo bo" cando se verifiquen as seguintes condicións:
    Mínimo de 5 votos favorables
    Maioría absoluta de votos a favor (>75%).
  2. Para pechar a votación editarase a páxina da mesma, inserindo ó principio {{cab}} e ó final {{pé}}. A votación arquivarase en Wikipedia:Artigos bos/Propostas pechadas.
  3. Mude a caixa {{CABO}} pola de {{Artigo bo}}.
  4. Na páxina de conversa do artigo engade {{AB|nº de edición|data=''Data da aprobación''}}.
  5. Inclúe o artigo na lista de artigos bos.
  6. Retira da lista, situada no baixo desta páxina, a ligazón da páxina de votación do artigo.
  7. Valora incluír a nova da elección do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo {{Anuncio artigo bo}}

Candidatura rexeitada[editar a fonte]

  1. Se o artigo non foi elixido como bo, retira da lista de abaixo a ligazón da páxina de votación do artigo e arquiva esa votación xunto con todas as demais. Previamente, retira a caixa {{CABO}} do artigo e inclúe a seguinte mensaxe na conversa do artigo: ({{Aviso|<center>Este artigo foi proposto para [[Wikipedia:Artigos bos|'''artigo bo''']].<br /><small>[[Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Nome do artigo|'''A proposta''']] pechouse o [DATA] resultando rexeitada.</small></center>}}].

Propostas de artigos[editar a fonte]

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de votacións


Limpar a caché



Antón Fraguas[editar a fonte]

Proposto por: Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:45 (UTC)
Período de votación: dende o 11-04-2019 ata o 11-05-2019.
  • Information icon.svgInformación: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo, ben referenciado e con bastantes imaxes para ilustralo.--Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:45 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svgConcordo. --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:45 (UTC)
  2. Symbol support vote.svgConcordo --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2019 ás 19:34 (UTC)
  3. Symbol support vote.svgConcordo. --Breogan2008 (conversa) 14 de abril de 2019 ás 18:40 (UTC)
  4. Symbol support vote.svgConcordo. --Dodro (conversa) 15 de abril de 2019 ás 21:59 (UTC)
En contra
Neutros
  1. Symbol neutral vote.svgNeutro --Agremon(contacto) 12 de abril de 2019 ás 19:55 (UTC)
Comentarios
  • Symbol comment vote.svgComentario Gústame o artigo, pero incluílo dentro da categoría de calidade para 12/16, que entendo que implica dalgún xeito simplificalo, e ó mesmo tempo bo, a secas, coido que leva consigo unha contradición. --Agremon(contacto) 12 de abril de 2019 ás 19:55 (UTC)
  • Symbol comment vote.svgComentario Agremon, que estea na categoría de calidade 12/16 non implica simplificalo, significa melloralo para que sexa un artigo de calidade, para que o alumnado desas idades poida consultar artigos do seu currículo de calidade. E que un artigo sexa de calidade non implica que non sexa comprensible para eles, hai que conxugar as dúas cousas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 22:24 (UTC)
Coido que no caso 12/16 calidade deve levar consigo usabilidade, simplicidade e desviación a lugar con maior cantidade de contido. Noutro lugar deixei xa a miña idea de que contemplar artigos específicos para o ensino (ou 12/16, de xeito semellante) é máis ocmplicado didácticamente do que parece.--Agremon(contacto) 14 de abril de 2019 ás 08:57 (UTC)
  • Symbol question.svgPregunta: E por que este home está nesa lista de artigos de calidade 12/16? Que méritos ten? Un terzo das referencias son referencias dos libros, sección desmesurada en comparación co tamaño do resto do artigo, proporía eliminar todos os libros da entrada e crear unha lista. Tampouco voi emitir voto algún porque non dispoño de tempo para valorar ningunha proposta, deixo isto só para reflexión e como proposta de mellora (necesaria na miña opinión). Piquito (conversa) 12 de abril de 2019 ás 22:32 (UTC)
  • Symbol comment vote.svgComentario Piquito, está nesa lista porque é a personalidade escollida para o Día das Letras Galegas 2019, o alumnado de 12/16 seguramente terá que consultalo, e unha cousa non ten que ver coa outra. Sobre a lista de obras, quizais estaría ben reducila pero, que criterio usamos para eliminar entradas? Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 23:20 (UTC)
Elisardojm, deixar ningún, todos a unha lista, como cos artigos de personalidades da composición musical, todos os artigos dese tema que teñen marca de calidade ou de artigo bo dirixen a listas nas obras por ser personalidades cunha obra extensa. Na miña opinión os artigos de personalidades deben tratar as personalidades e trazos da súa obra/pensamento, pero non adicar a metade do artigo a unha lista de obras, non concordo con esa visión e considero que debería evitarse. Por outra banda, non vexo moita utilidade aos artigos das cronobiografías, unha liña que presenta acontecementos da vida dunha personalidade confrontados con eventos históricos que na maioría das ocasións nada teñen que ver coa personalidade en cuestión, tampouco os artigos de galerías de imaxes, que para iso temos Commons, nin poñer unha galería con máis imaxes ao final do artigo. Piquito (conversa) 12 de abril de 2019 ás 23:45 (UTC)
Piquito, concordo en que debería reducirse e esa lista pasarse a outro artigo, o que non concordo é en eliminala completamente do artigo, unha biografía dunha personalidade ten que indicar, como mínimo, cales foron as súas principais obras. Sobre a cronobiografía e a páxina de galería de imaxes non vexo problema, están noutras páxinas, non no artigo, é información adicional e tamén de utilidade. Quizais esa sección podería reducirse indicando só os libros, pasando o contido a unha lista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 06:05 (UTC)

Face-smile.svg Bueno, bueno, bueno. Por suposto discrepo de amputarlle brazos, pernas e cortarlle a cabeza ao artigo, tal e como se propón aquí, nun ataque gratuíto e sen sentido, sen lelo nin ler nada relacionado co tema. A listaxe de obras é o máis importante. O persoeiro está nas enciclopedias polas súas obras non por que case acabase traballando de ferroviario en Brasil. De feito, unha simple ollada á extensa listaxe de obras proporciona moitísima información. A saber: en que períodos publicou, se publicou libros ou artigos integrados en publicacións periódicas, cal é a extensión do seu traballo, que temas tratou, en que linguas publicou, que editoriais admitiron os seus traballos... Está información é importantisima e é esencial para poder comprender a envergadura do persoeiro. Se se eliminan todas esas cousas que propón o compañeiro eliminar (non alcanzo a comprender con que obxectivo ou interese), unicamente quedaría na páxina un conxunto de anécdotas sobre a súa vida, de interese enciclopédico relativo. A un estudoso da súa obra dálle igual que a muller se chamase Teresa ou se chamase Juana. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 08:53 (UTC)


Simone Veil[editar a fonte]

Proposto por:Maria zaos (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 01:45 (UTC)
Período de votación: dende o 27-03-2019 ata o 26-04-2019.
  • Information icon.svgInformación: MÉRITOS DO ARTIGO: Tradución de fr.wiki, onde ten un nivel B de calidade. A estimación automática de calidade dálle 5.68/6.0. Bastante completo, aínda que hai algunha descompensación na estrutura, xa que en orixe adicouselle máis texto ao pasamento. Ten bastantes imaxes e numerosas fontes, ás que tentei engadir outras españolas/galegas cando me foi posible.--Maria zaos (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 01:45 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svgConcordo. --Maria zaos (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 01:45 (UTC)
  2. Symbol support vote.svgConcordo. --Atobar (conversa comigo) 27 de marzo de 2019 ás 11:29 (UTC)
  3. Symbol support vote.svgConcordo. --Miguelferig (conversa) 27 de marzo de 2019 ás 16:40 (UTC)
  4. Symbol support vote.svgConcordo. --Breogan2008 (conversa) 1 de abril de 2019 ás 10:37 (UTC)
  5. Symbol support vote.svgConcordo. --Agremon(contacto) 12 de abril de 2019 ás 19:31 (UTC)
  6. Symbol support vote.svgConcordo. --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 14:46 (UTC)
En contra
Neutros
Comentarios

Symbol comment vote.svgComentario Maria zaos este é un gran artigo, completo e ben referenciado, penso que ben pode ser un artigo de calidade, eu votaríao sen problema. E se houbese que facer algunha mellora tamén axudaría a arranxalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 14:46 (UTC)

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigos_bos/Propostas&oldid=4683026"