Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

O artigo de calidade é un artigo que cumpre os requirimentos expresados en Wikipedia:O que é un artigo de calidade, e ademais foi elixido en votación para figurar entre o Olimpo dos artigos da Galipedia.

Antes de presentar unha candidatura certifica que o artigo se adecúa ó perfil dun artigo de calidade. Cómpre sinalar a diferenza entre un artigo destacado e un de calidade: os destacados abranguen un espectro máis amplo de artigos nos que se encadran os que polo seu interese e pola súa boa realización foron votados pola comunidade para figurar na Portada, mentres que os artigos de calidade teñen que pasar un filtro máis esixente para figurar como un dos mellores traballos da Wikipedia.

Como engadir unha candidatura a artigo de calidade[editar a fonte]

Segue os pasos expostos a continuación:

I.

Crear unha proposta

Copia o nome do artigo tras o texto presente na caixa:


II.

Inserir a ligazón na páxina de escolla

Inclúe manualmente unha ligazón na sección Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións: Prema aquí e deseguido engade esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nome do artigo}} substituíndo Nome do artigo polo artigo proposto.

Inclúa o modelo {{CADC}} no artigo.

Solicita no taboleiro dos administradores que se inclúa un aviso do comezo da votación no Sitenotice. Este aviso deberá quitarse ó pasar unha semana dende a súa inclusión segundo esta votación.

III.

Votación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Symbol support vote.svgConcordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Symbol oppose vote.svgDiscordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Symbol neutral vote.svgNeutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Symbol comment vote.svgComentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Information icon.svgInformación: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Symbol question.svgPregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Symbol wait alternative.svgAgardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~). A votación será aprobada cos 3/4 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 30 días.

IV.

Peche da votación

Logo dos días correspondentes pecharase a votación.

Candidatura aprobada (artigo de calidade)[editar a fonte]

  1. Un artigo considerarase "artigo de calidade" cando se verifiquen as seguintes condicións:
    Mínimo de 5 votos favorables
    Maioría absoluta de votos a favor (>75%).
  2. Para pechar a votación editarase a páxina da mesma, inserindo ó principio {{cab}} e ó final {{pé}}. A votación arquivarase en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas pechadas.
  3. Muda a caixa {{CADC}} pola de {{Artigo de calidade}}.
  4. Na páxina de conversa do artigo engade {{Calidade|nº de edición|data=''Data da aprobación''}}.
  5. Inclúe o artigo na lista de artigos de calidade.
  6. Retira da lista, situada no baixo desta páxina, a ligazón da páxina de votación do artigo.
  7. Valora incluír a nova da elección do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo {{Anuncio artigo de calidade}}

Candidatura rexeitada[editar a fonte]

  1. Se o artigo non foi elixido como de calidade, retira da lista de abaixo a ligazón da páxina de votación do artigo e arquiva esa votación xunto con todas as demais. Previamente, retira a caixa {{CADC}} do artigo e inclúe a seguinte mensaxe na conversa do artigo: ({{Aviso|<center>Este artigo foi proposto para [[Wikipedia:Artigos de calidade|'''artigo de calidade''']].<br /><small>[[Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nome do artigo|'''A proposta''']] pechouse o [DATA] resultando rexeitada.</small></center>}}].

Propostas de artigos[editar a fonte]

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de votacións


Limpar a caché


Carolina Casanova[editar a fonte]

Proposto por: Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 22:08 (UTC)
Período de votación: dende o 29-01-2019 ata o 28-02-2019.
  • Information icon.svgInformación: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre unha personalidade tan destacada como descoñecida e da que non hai moita información. Carolina Casanova cantou nalgúns dos teatros de ópera máis importantes do mundo e permanece olvidada. Conta con numerosas imaxes e está ben referenciado. Xa foi elixido como artigo destacado para este vindeiro mes de marzo, polo que xa foi revisado e sería unha boa oportunidade para que saira na portada coa estrela de calidade. Logo de Eugenia Osterberger, este sería o segundo artigo de calidade sobre unha muller música galega. --Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 22:08 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svgConcordo. --Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 22:08 (UTC)
  2. Symbol support vote.svgConcordo. --CristianCb (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 13:18 (UTC)
  3. Symbol support vote.svgConcordo. --Moniquiña (conversa) 10 de febreiro de 2019 ás 13:22 (UTC)
  4. Symbol support vote.svgConcordo. --Breogan2008 (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 08:29 (UTC)
  5. Symbol support vote.svgConcordo. --Miguelferig (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 19:35 (UTC)
  6. Symbol support vote.svgConcordo.--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 08:03 (UTC)
En contra
Neutros
Comentarios
  • Case todo artigo, agás a primeira edición é un traballo elaborado integramente na Galipedia. Dende hai tempo veño vendo que a gran maioría de artigos de calidade que temos son traducións doutras Wikipedias, estaría ben tentar ir engadindo máis artigos propios a esta listaxe. Piquito (conversa) 30 de xaneiro de 2019 ás 00:07 (UTC)
  • Estou moi de acordo co tema que comenta Piquito da creación de artigos propios e o meu voto vai moi ligado a isto. Non son fonte moi fiable para a corrección lingüística, eu vexoo ben, e vexo que xa houbo edicións nese sentido. Este último é o único criterio no que podo ter dúbidas. Un saúdo Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 08:03 (UTC)

The Shawshank Redemption[editar a fonte]

Proposto por: Breogan2008 (conversa) 20 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC)
Período de votación: dende o 20-01-2019 ata o 19-02-2019.
  • Information icon.svgInformación: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido do seu homónimo en inglés, onde é artigo de calidade. Amplamente considerado como un dos mellores filmes da súa década. Ben referenciado e estruturado. --Breogan2008 (conversa) 20 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC)
A favor
  1. Symbol support vote.svgConcordo. --Breogan2008 (conversa) 20 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC)
  2. Symbol support vote.svgConcordo. --Chairego apc (conversa) 7 de febreiro de 2019 ás 22:50 (UTC)
  3. Symbol support vote.svgConcordo. --CristianCb (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 13:19 (UTC)
En contra
Neutros
Comentarios

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigos_de_calidade/Propostas&oldid=4683023"