Wikipedia:Como cargar imaxes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As imaxes cargadas teñen que ser útiles para a Wikipedia ou para calquera dos proxectos da Wikimedia. Para compartir as fotos de familia, utiliza un sitio de publicación de fotografías.
As imaxes e outros outros ficheiros multimedia centralízanse na Wikimedia Commons, unha mediateca común a tódolos proxectos da Wikimedia. Así, as túas imaxes serán directamente utilizábeis nas wikipedias de tódolos idiomas.

Na práctica: O procedemento de carga dunha imaxe é único. Pero para que sexa correcto, é necesario coñecer certos detalles da imaxe a cargar.
Para iso, preséntanse aquí debaixo as diferentes situacións posibles cunha ligazón cara á páxina de axuda máis axeitada; sitúate no caso correspondente á túa situación e verifica que a carga é adecuada á axuda das cuestións presentadas; se non é así, pasa á situación seguinte.

Usuarios avanzados: Podedes cargar as imaxes e sons directamente en Commons utilizando a ligazón do formulario de cargas.

Cargar unha imaxe propia[editar a fonte]

Queres que poida ser usada por todos?

  • Se fixeches unha foto dun lugar, monumento, escena ou obxecto calquera, ou tes creado unha imaxe, debuxo ou esquema:
    SiCarga o ficheiro en Commons seguindo as indicacións paso a paso.
  • Se fixeches unha foto dunha obra de arte recente (realizada hai menos de 100 anos) da que non é o autor (pintura, escultura, deseño...):
    NonO autor ou deseñador conserva os dereitos sobre a imaxe; non cargue esa imaxe, será suprimida por infracción dos dereitos de autoría. Podes, eventualmente, pedir a autorización do autor.
  • Se non sabes como actuar:
    NonPregunta aos outros usuarios con experiencia coas imaxes.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Como_cargar_imaxes&oldid=4188946"