Wikipedia:Elección de burócratas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para ser burócrata é necesario que a comunidade coñeza e confíe no bo facer dun determinado usuario, polo que se esixirá que os candidatos sexan avaliados caso a caso segundo as súas contribucións e o tempo que leven na Galipedia coma burócrata.

Requisitos para ser presentado a burócrata[editar a fonte]

Os usuarios de Wikipedia que cumpran os requisitos seguintes poderán presentar a súa candidatura ou ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o seu consentimento previo.

  • Levar máis de 12 meses realizando funcións de administración na Galipedia e colaborar activamente coa comunidade (edicións na Taberna, páxinas de conversa, Votacións ou outras páxinas da Wikipedia).
  • Dominar todas e cada unha das políticas da comunidade, en especial os cinco piares.

Non desenvolver artigos borrados, directamente ou mediante o procedemento de Votacións para borrar por vangloria, propaganda ou violacións do copyright, no último ano e medio.

Presentación de candidaturas[editar a fonte]

Non se poderán presentar candidaturas nos meses de xullo e de agosto, nin entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro, nin entre o Domingo de Ramos e o Luns de Pascua, por seren momentos do ano en que moitos usuarios non están activos.

A elaboración da proposta realizarase en Wikipedia:Votacións á administración, pero ademais deberase notificar en Wikipedia:A Taberna (propostas).

Se algún usuario ten fundadas sospeitas respecto da verdadeira identidade do candidato poderá solicitar a un verificador de usuarios que revise IPs e contas de usuario creadas. En caso de que se encontre máis dunha conta darase a coñecer o feito na páxina de votación onde o candidato deberá explicar os motivos da existencia das múltiples contas. As contas espellismo para previr vandalismos e as contas de bot non se teñen en conta para este respecto.

Valoración de candidaturas[editar a fonte]

A comunidade valorará as candidaturas presentadas en atención ao traballo global realizado polo candidato en Wikipedia incluíndo artigos, páxinas de enciclopedia, atención a outros usuarios, labores de mantemento, mediación, discusión de políticas etc.

Consideraranse válidos os votos asinados e emitidos por usuarios rexistrados e autoconfirmados, exceptuando o voto do candidato, que cumpran os requisitos de levar 4 meses de antigüidade como usuario rexistrado e un mínimo de 700 edicións totais.

Recoméndase xustificar os votos en contra, e calquera modificación na páxina de votación realizada de forma anónima será revertida. Recoméndase encarecidamente non empregar contas monicreques para opinar ou emitir votos, xa que non se terán en conta e considérase un comportamento disruptivo.

Se algún usuario emite máis dun voto coa mesma conta non valerá ningún deles, a non ser que risque un, de xeito que pasa a contar como válido o que quede sen riscar. Calquera usuario poderá alterar o sentido do seu voto en calquera momento, borrando ou riscando (<s>...</s>) o voto previo.

A decisión sobre a aceptación ou rexeitamento da candidatura adoptarase ao que transcorran 15 días dende a súa presentación. Os días entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro, e entre o Domingo de Ramos e o Luns de Pascua, non se computan. Desta maneira, unha votación que se comece o 25 de xuño rematará o 10 de setembro. Entenderase que o candidato queda aceptado se consegue un 85% de votos a favor. Se se produce un resultado favorable, calquera burócrata pode proceder co nomeamento, para o que terá que informar o candidato e incluír o seu nome na lista de burócratas.

Se transcorrido o prazo non se logrou un resultado positivo suficiente, desestimarase a candidatura. De non resultar aprobado, o mesmo candidato non poderá volver a presentarse ou ser presentado por outro usuario ata que transcorran 6 meses da primeira votación.

Finalizada a votación nun sentido ou noutro, arquivarase.

Revogación dos permisos de burócrata[editar a fonte]

Un burócrata fará a petición de revogación dos permisos de burócrata dun usuario en meta logo de se seguir un dos procedementos indicados nos seguintes apartados. En tódolos casos, ao executar unha revogación o burócrata deberá clarificar no rexistro de permisos o motivo da revogación. De ser necesario, a páxina do usuario deberá editarse para reflectir o novo estado (como por exemplo eliminando os modelos {{burócrata}} ou {{buroc}}).

Renuncia propia[editar a fonte]

Calquera burócrata pode presentar voluntariamente e por calquera motivo a súa renuncia voluntaria como burócrata no Taboleiro dos Administradores. Un burócrata pedirá a revogación dos seus permisos de administrador en meta e actualizará a lista de burócratas. O resumo indicado no rexistro de permisos debe ser claro en que a retirada dos mesmos é rutineira e por petición do usuario.

Un usuario que renuncie aos permisos de burócrata desta formasen que sexa baixo circunstancias controvertidas poderá solicitar de novo os permisos no Taboleiro dos Administradores nos seguintes 6 meses dende a renuncia. Un burócrata avaliará a petición para confirmar que a renuncia se realizara en condicións normais e procederá a reasignarlle ao usuario os permisos de burócrata. Logo de 6 meses dende a renuncia inicial, o usuario deberá someterse a un novo proceso de elección por parte da comunidade, propoñendo a súa candidatura ou sendo proposto de novo por outro usuario.

A renuncia coma burócrata non implica necesariamente a renuncia tamén aos permisos de administrador. No caso de que o usuario decida renunciar a ámbolos dous permisos deberá indicalo expresamente na súa petición.

Revogación por inactividade[editar a fonte]

Entendese a inactividade como:

  • A ausencia total da Wikipedia en galego durante un ano. Isto é, non ter feito ningunha edición ou acción administrativa no último ano, en calquera dos espazos de nomes.[1][2]

Débese contactar o burócrata na súa páxina de conversa e por correo electrónico unha primeira vez cando se cumpra un mes antes da revogación por inactividade, e de novo na súa páxina de conversa dous días antes de efectuar a revogación.

De non ter unha resposta que confirme a volta á actividade do burócrata, outro burócrata solicitará a revogación dos permisos de burócrata en meta e actualizará a lista de burócratas. O resumo indicado no rexistro de permisos debe ser claro en que a retirada dos mesmos é rutineira debido á inactividade do usuario.

A revogación dos permisos de burócrata por inactividade implica tamén a revogación dos dereitos de administrador.

Un usuario ao que se lle retiren os permisos de administrador desta forma, sen que haxa circunstancias controvertidas, poderá realizar unha petición para recuperar estes permisos no Taboleiro dos Administradores nos seguintes 6 meses dende a súa perda. Un burócrata avaliará a petición para confirmar que a inactividade previa non se debese a circunstancias controvertidas nin a un conflito, e que o usuario se amosa realmente activo de novo. De ser así, reasignaralle ao usuario os permisos de burócrata. Se pasasen 6 meses dende a revogación, o usuario deberá someterse a un novo proceso de elección por parte da comunidade, propoñendo a súa candidatura ou sendo proposto de novo por outro usuario.

Petición de revogación por parte doutros usuarios[editar a fonte]

O procedemento consta de dous pasos: a petición e a votación.

A revogación de privilexios pódena solicitar un mínimo de tres usuarios en Wikipedia:Votacións á administración. Ao igual que no proceso de elección de burócratas, para poder participar na solicitude hai que ter unha antigüidade de 4 meses e un número mínimo de 700 edicións.

Feita a petición e chegado ao mínimo de tres usuarios, ao día seguinte abrirase unha votación en Wikipedia:Votacións á administración, que se deberá publicar en Wikipedia:A Taberna (propostas) e da que haberá que notificar ao burócrata cuestionado.

A votación durará 15 días e o resultado determinarase por maioría simple. Tanto se a petición é rexeitada como aceptada, arquivarase; se se aproba, outro burócrata solicitará a revogación dos permisos de burócrata en meta e actualizará a lista de burócratas, solicitando que se inclúa no resumo do rexistro de permisos a localización e o resultado da votación.

A revogación de dereitos de burócrata por este método non implica necesariamente a revogación tamén dos permisos de administrador. A petición de revogación debe explicitar expresamente se o obxectivo da mesma son os permisos de administrador, burócrata ou ámbolos dous, o que terá que tomarse en conta na busca de consenso da petición e na subseguinte votación.

Un burócrata a quen se lle revosgasen os seus permisos desta maneira non poderá propoñerse de novo como burócrata ou ser proposto por outros usuarios até que pasase un ano da revogación.

Motivos para solicitar a revogación[editar a fonte]

Os motivos para solicitar a revogación dos permisos dun burócrata poden variar e deben revisarse caso por caso. Os motivos xeralmente discutiranse na propia petición de revogación previa á votación final, achegando probas (historiais, diffs etc.) que apoien a opinión inicial expresada na petición. A petición inicial de revogación debe servir como medio para chegar a un [[consenso previo do ocorrido, e no mellor dos casos servirá para aclarar calquera posible malentendido ou ofensa e non ter que chegar ao proceso de votación final.

Polo xeral, os motivos máis claros para facer unha petición de revogación poden ser os seguintes:

Proceso voluntario de reválida[editar a fonte]

Calquera burócrata que así o desexe pode declarar ser voluntario para pasar un proceso de reválida, baixo criterios propios menos restrictivos que o proceso de revogación anteriormente explicado ou mediante algún tipo de proceso alternativo. Os burócratas poden declarar esta voluntariedade na lista incluída en Wikipedia:Elección de administradores/Administradores voluntarios ao proceso de reválida, xunto coa descrición do proceso a seguir en cada caso.

Os termos, prazos, criterios, requisitos e proceso para a reválida decídeos e defíneos cada un dos burócratas apuntados nesta páxina, de forma individual. Recoméndase que os burócratas que queiran someterse a unha reválida indiquen claramente os detalles do proceso nesta lista ou nunha páxina ou subpáxina de usuario propia.

Este proceso é completamente voluntario e non vinculante:

  • Voluntario significa que en calquera momento un burócratas pode cambiar os criterios indicados para a súa reválida (agás que haxa un proceso en curso para el ou ela), declinar a súa participación no mesmo ou retirar a súa declaración de participación no proceso indicada na lista.
  • Non vinculante significa que se se cumpren os criterios indicados polos administradores non se procederá a retirada dos permisos directamente como no proceso de revogación estándar. Debe ser o propio administrador o que avalíe o resultado e quen presente a súa renuncia se así o considera.

Notas[editar a fonte]

  1. Ferramentas de contaxe: X!'s Tools - User Analysis Tool)
  2. Ferramenta de estatísticas de administración: Adminstats
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Elección_de_burócratas&oldid=4432965"