Wikipedia:Evita as autorreferencias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha autorreferencia nun artigo é aquela que menciona a Wikipedia directamente ou leva o lector a tomar unha acción na Wikipedia, como a editar o propio artigo. En xeral, as autorreferencias nos artigos da Wikipedia deben evitarse. Só en determinados casos deberían incluírse, como por exemplo no caso dos modelos de mantemento, que invitan o lector a corrixir defectos presentes no artigo.

Tipos de autorreferencias[editar a fonte]

Referencias á propia Wikipedia[editar a fonte]

Este artigo da Wikipedia trata sobre...A seguinte definición da Wikipedia...Editar esta páxina...

En xeral, as referencias que indican que o artigo está a ser visto na Wikipedia, ou as referencias a políticas e cuestións técnicas propias do uso da Wikipedia deben evitarse na medida do posible. Este tipo de autorreferencias limitan o uso do contido libre da Wikipedia en posibles obras derivadas, tal e como permite a licenza da Wikipedia.

As mencións á comunidade da Wikipedia ou características da propia web da Wikipedia poden resultar confusas para os lectores de obras derivadas. Agás que sexa unha parte importante do propio tema do artigo, debe limitarse o uso de indicacións sobre o feito de que a páxina pode ser editada, ou incluír mencións a páxinas ou procesos internos da Wikipedia.

Referencias ao medio[editar a fonte]

Clic aquí para máis información...Faga clic en...

Aínda que a Wikipedia non é unha enciclopedia impresa, os artigos deben estar escritos de maneira que faciliten a súa transmisión en calquera medio, incluíndo medios escritos ou orais. Os termos do tipo "este artigo" son preferibles aos do tipo "esta páxina web", e termos do tipo "faga clic aquí" deben evitarse, xa que non aplican para outro tipo de medios e formatos.

Referencias ao propio artigo[editar a fonte]

Este artigo da Wikipedia foi criticado por...

A Wikipedia é unha enciclopedia, polo que os seus artigos deben tratar sobre o propio tema dos artigos, e non sobre os artigos en si mesmos. Se a mención pública a un determinado artigo da Wikipedia resulta ser relevante en determinados ámbitos, dita información non debe incluírse no artigo agás que sexa relevante para o propio artigo. En xeral, unha mención da Wikipedia por parte dunha personalidade notable non xustifica a súa inclusión no seu artigo na Wikipedia.

Autorreferencias neutrais[editar a fonte]

Unha autorreferencia que asuma que o lector está a ler unha enciclopedia, sen referenciar que enciclopedia (Wikipedia) ou en que formato (internet), si pode resultar aceptable en determinados contextos. Por exemplo, mencións de tipo legal coma "Este artigo non menciona os nomes de X polo motivo legal Y" ou mensaxes de aclaración de contidos de tipo "Para outros usos deste termo, véxase X" ou "Véxase tamén"

Autorreferencias en modelos e categorías[editar a fonte]

Os modelos de mantemento que inclúen mensaxes que fan autorreferencia aos artigos, coma por exemplo {{Non neutral}}, {{Sen referencias}} ou {{En progreso}}, si son aceptables xa que indican posibles fallas de contido e formato e axudan á propia mellora e desenvolvemento do artigo. Outros modelos internos da Wikipedia que inclúen autorreferencias, coma {{Atallo}}, son específicos para páxinas propias do proxecto (xeralmente do espazo de nomes Wikipedia:), polo que non se deben empregar nos propios artigos.

Outras autorreferencias en modelos e categorías poden resultar necesarias ou intrínsecas das propias páxinas, coma por exemplo os marcadores de {{Outros homónimos}} ou {{Artigo principal}}. Porén, as autorreferencias innecesarias deben evitarse na medida do posible, xa que requiren de terceiras partes para a súa eliminación ou adaptación en obras derivadas. Por exemplo, os modelos de caixas de navegación fornecen listas de artigos relacionados, pero non deben etiquetar ás páxinas que ligan coma "artigos da Wikipedia" ou "artigos relacionados nesta páxina web".

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Evita_as_autorreferencias&oldid=4432957"