Wikipedia:Guía de carga de imaxes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Information icon.svg Guía de carga de imaxes
Camera-photo.svg
Cargar unha imaxe propia
Commons-logo.svg
A imaxe procede de Wikimedia Commons
Wikipedia-logo.png
A imaxe procede doutra Wikipedia
Nuvola apps knewsticker.png
É unha imaxe antiga, os dereitos de autor caducaron
Applications-internet.svg
A imaxe procede da internet
Symbol question.svg
Ningún dos casos anteriores

Nuvola apps important.svg

Aviso

Aviso aos usuarios: se carga na Galipedia mediante o formulario de carga unha imaxe que non é de uso libre asume que a responsabilidade legal é súa. Ademais debe coñecer que non hai garantía de que a imaxe sexa autorizada na Wikipedia no futuro e, dependendo das circunstancias, pode ser eliminada.

Todas as imaxes cargadas na Galipedia deben indicar quen é o autor, a súa orixe e a licenza de uso.

Non Todas aquelas imaxes que non inclúan a información precisa serán eliminadas sen necesidade de aviso previo.

Camera-photo.svg

Cargar unha imaxe propia

Vostede é o autor da imaxe e permite o seu uso libre (incluíndo a creación de obras derivadas a partir do orixinal e uso comercial) sempre que sexa citado como autor.

  • Vostede realizou unha fotografía dunha obra de arte recente da que non é o autor (pintura, escultura, deseño,...):
    Non O autor conserva os dereitos sobre a imaxe, vostede fixo o que se chama unha obra derivada e non pode cargar a imaxe na Galipedia, porque será eliminada por infracción dos dereitos de autor.
  • Non sabe como proceder:
    ? Pregunte a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

Commons-logo.svg

A imaxe procede de Wikimedia Commons

  • As imaxes que proceden de Wikimedia Commons pódense usar libremente na Galipedia (salvo que sexa unha imaxe proposta para borrar ou a páxina de descrición da imaxe non inclúa autor, orixe e licenza) e poden incluírse nos artigos seguindo o mesmo procedemento que as imaxes cargadas directamente na Galipedia:
    Oui Para localizar un ficheiro pode usar o formulario de procura en Wikimedia Commons ou entrar a través da Portada galega de Wikimedia Commons. Outra opción de procura é este formulario no servidor Wikimedia.
  • Non sabe como proceder:
    ? Pregunte a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

Wikipedia-logo.png

A imaxe procede doutra Wikipedia

  • A páxina de descrición da imaxe non indica unha licenza válida para a Galipedia. En moitas Wikipedias, en particular na Wikipedia en inglés, permítense imaxes con copyright que non son de uso libre, a presenza alí non garante que poida cargarse na Galipedia, ou a información non semella fiable (algúns usuarios asignan licenzas aparentemente válidas pero que supoñen infraccións dos dereitos de autor, por erros ao marcalas, por utilizaren licenzas falsas, etc.). Non cargue: non cargue logos e símbolos con copyright; capturas de imaxe de películas, programas de televisión, videoxogos, videoclips; portadas de discos, CDs, libros, carteis de películas; imaxes obtidas na internet das que se descoñeza o status dos dereitos de autor; fotografías de xoguetes que representen personaxes de debuxos animados, do cine, de videoxogos ou calquera outro que teña dereitos restrinxidos, fotografías promocionais de grupos musicais, actores e actrices, etc. (comprobe a política de uso de imaxes na Galipedia):
    Non Non cargue a imaxe porque será eliminada.
  • Non sabe como proceder:
    ? Pregunte a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

Nuvola apps knewsticker.png

É unha imaxe antiga, os dereitos de autor caducaron

Applications-internet.svg

A imaxe procede da internet

  • O autor probablemente non autorizou a súa difusión libre.
    Non Non cargue a imaxe na Galipedia porque será eliminada.
  • Procurar unha imaxe que poida substituíla con este motor de busca de imaxes libres.

Symbol question.svg

Ningún dos casos anteriores

  • O seu caso non está incluído en ningunha das situacións anteriores.
  • Non sabe como proceder:
    ? Pregunte a outros usuarios con experiencia coas imaxes.

Information icon.svg

Procedementos

Edit-redo.svg Procedemento de carga na Galipedia

Kreis1.svg No lateral esquerdo, na caixa de ferramentas, prema na opción: Cargar un ficheiro.
Kreis2.svg Lea atentamente as indicacións, avisos e consellos.
Kreis3.svg No formulario, prema en Examinar... para buscar a imaxe no seu disco duro e encha todos os campos coa información que cumpra.
Kreis4.svg No caso de que a imaxe teña un nome asignado pola cámara, ou por un mesmo, que non cumpra os requirimentos, pódese cambiar no campo Nome do ficheiro de destino:.
Kreis5.svg No campo Descrición engada canta información se teña da imaxe: fonte, orixe, licenza. Esta información tamén pode editarse a posteriori na páxina de descrición da imaxe. Temos unha táboa de información para incluír os datos. En Marcadores de licenza de imaxe hai unha lista de marcadores de imaxe dispoñibles, tamén se poden introducir no paso posterior.
Kreis6.svg Hai algunhas licenzas que se poden escoller directamente na lista despregable deste campo.
Kreis7.svg Prema en Cargar un ficheiro.
Emblem-important.svg Lembre que é imprecindible incluír a infomación do autor, a orixe da imaxe e a licenza de uso, se non sabe como facelo pregunte a un usuario con máis experiencia.

Edit-redo.svg Como inserir a imaxe nunha páxina

Kreis1.svg Prema na icona Image icon.png na parte superior da caixa de edición. Esta icona insire o código [[Imaxe:Exemplo.jpg]], substitúa Exemplo.jpg polo nome da súa imaxe.
Kreis2.svg Agora só ten que elixir as opcións de presentación da imaxe: posición, tamaño e texto descritivo. (No ligazón anterior están as instrucións.)
Emblem-important.svg Non é preciso cargar na Galipedia as imaxes procedentes de Wikimedia Commons, basta con seguir o procedemento descrito neste apartado para incluílas nos artigos deste wiki.

Fairytale ark.png

Formularios de carga

Nuvola apps krita.png

Documentación

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Guía_de_carga_de_imaxes&oldid=3589919"