Wikipedia:Nomes de usuario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta política describe unha serie de normas para os nomes de usuario na Galipedia e indicacións de como tratar con nomes de usuarios dubidosos ou non aceptables. Tamén especifica que unha conta de usuario só debe empregarse por unha persoa, e que na maioría de casos unha persoa só debe ter unha conta de usuario.

O nome de usuario escóllese ao crear unha nova conta na Wikipedia. Tódalas contribucións feitas unha vez conectado con esa conta atribúense ao nome de usuario escollido. Tamén é posible pedir un cambio de nome de usuario, mantendo o historial de contribucións pasadas.

Esta política aplica aos nomes de usuario na Wikipedia en galego. Porén, na maioría de casos o mesmo nome de usuario e contrasinal pode empregarse nas Wikipedias doutras linguas e outros proxectos da Fundación Wikimedia (vexa Rexistro unificado).

Indicacións para novos usuarios[editar a fonte]

O nome de usuario é un alcume que identifica a conta de usuario e as contribucións feitas na Wikipedia. Pode ser o propio nome real de así desexalo, pero debes ter en conta os riscos de usar un nome real. Os nomes de usuario distinguen entre minúsculas e maiúsculas, e a primeira letra sempre vai en maiúsculas. Por defecto, o nome de usuario aparece nas sinaturas feitas nas páxinas de conversa. Para máis información sobre as sinaturas podes ver Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa.

O nome de usuario especifícase ao crear unha nova conta, e úsase xunto ao contrasinal escollido ao rexistrarse con esa conta. Unha vez rexistrado, podes crear unha páxina de usuario titulada "Usuario:XXXX" (onde "XXXX" é o nome de usuario que escolliches) e unha páxina de conversa de usuario titulada "Conversa usuario:XXXX" na que outros usuarios poden poñerse en contacto contigo.

O software non permite rexistrar unha conta de usuario cun nome de usuario xa en uso ou que sexa moi semellante a outro nome de usuario xa en uso.

O nome de usuario pode ser virtualmente calquera cadea de caracteres (cunhas poucas restricións técnicas). Porén, debería ser un nome de usuario axeitado e que non interfira co propósito do proxecto. Un nome de usuario controvertido pode dar unha mala impresión e recoméndase evitar isto. Esta páxina describe certos tipos de nomes de usuario que non están permitidos, principalmente por considerarse ofensivos, confusos ou promocionais.

Nomes de usuario inapropiados[editar a fonte]

Esta sección inclúe os tipos de nomes de usuario que se consideran inapropiados. Estes mesmos criterios poden aplicar tamén as sinaturas. Non é unha lista exhaustiva, e debe usarse o sentido común ao aplicar estas normas.

Nomes de usuario que poden resultar confusos[editar a fonte]

Os seguintes tipos de nomes de usuario non se permiten xa que poden ser confusos e disruptivos:

  • Nomes de usuario que teñen a intención de suplantar outras persoas ou usuarios xa rexistrados.
  • Nomes de usuario que dan a impresión de ter permisos que realmente non ten, coma por exemplo contendo os termos "administrador", "moderador", "admin", "sysop", "burócrata", "steward" ou semellantes.
  • Nomes de usuario que poden confundirse facilmente cun bot, agás que a conta sexa para ese propósito.
  • Nomes de usuario que inclúan termos coma "Wikipedia", "Wikimedia", "(WMF)" ou semellantes cando dan a impresión de pertencer á Fundación Wikimedia.
  • Nomes de usuario que semellan enderezos IP, marcas de tempo ou calquera outro tipo que poida resultar confuso co formato das sinaturas.

Nomes de usuario disruptivos ou ofensivos[editar a fonte]

Os seguintes tipos de nomes de usuario non se permiten por ser disruptivos ou ofensivos:

  • Nomes de usuario que poidan ofender facilmente a outros editores, por exemplo se conteñen verbas ofensivas, insultos ou fan referencias a controversias pasadas.
  • Nomes de usuario que conteñan ou impliquen ataques persoais.
  • Nomes de usuario que semellen ter a intención de provocar reaccións emocionais (trolear).
  • Nomes de usuario que teñan unha clara intención de vandalizar ou causar dano en xeral á Wikipedia.

Nomes de usuario que incumpran a política de biografías sobre persoas vivas[editar a fonte]

Certos nomes de usuario ofensivos e disruptivos, coma por exemplo aqueles que conteñan material discutible sobre persoas vivas, ou que sexan claramente abusivos de cara a calquera raza, relixión ou grupo social, deben ser bloqueados inmediatamente polos administradores, e nos casos que o requiran deberá informarse a un steward para revisar a necesidade de eliminar información privada por medio do proceso Oversight.

Nomes de usuario promocionais[editar a fonte]

Os seguintes tipos de nomes de usuario non se permiten por considerarse promocionais:

  • Nomes de usuario que representan o nome dunha empresa ou institución privada, ou produtos comerciais.
  • Enderezos de correo electrónico (coma "Xan@exemplo.com"), e URLs (coma "Exemplo.com") que fagan promoción de páxinas web.

Nomes de usuario que impliquen o uso compartido[editar a fonte]

As contas de usuario da Wikipedia non deben compartirse por máis dunha persoa, polo que os nomes de usuario que impliquen a posibilidade de ser un usuario compartido non están permitidos.

  • Os nomes de usuario que sexan nomes de empresas privadas ou grupos non están permitidos.
  • Os nomes de usuario persoais que impliquen un acceso compartido non están permitidos (Exemplo: "Xan e Lois").
  • Os nomes de usuario que indiquen unha posición dentro dunha organización (Exemplo:"Secretario da fundación XY") non están permitidos, xa que dita posición pode estar representada por distintas persoas en determinados momentos.

Recorda que as edicións promocionais non están permitidas independentemente do nome de usuario escollido. A política de conflito de intereses recomenda precaución a tódolos usuarios ao editar artigos sobre negocios, organizacións, produtos ou calquera outro tema co que teñan unha relación directa.

Nomes de usuario que poden dar lugar a confusións[editar a fonte]

Algúns nomes de usuario poden ser problemáticos sen recaer de forma exacta nas categorías indicadas anteriormente. Isto ocorre habitualmente con nomes de usuario confusos, con caracteres non habituais ou moi largos, polo que se recomenda evitar este tipo de nomes de usuarios aínda que non requiran unha acción correctiva directa de seu.

Excepcións[editar a fonte]

Algúns nomes de usuarios poden estar aceptados por consenso aínda se incumpren esta política ao ter sido creados antes da propia definición da política. Se atopas un nome de usuario aparentemente problemático empregado por un editor que xa leve moito tempo rexistrado, é moi probable que xa se discutise o tema anteriormente. Procura e revisa as conversas arquivadas ao respecto antes de tomar as accións descritas na seguinte sección.

Tratar con nomes de usuario inapropiados[editar a fonte]

De atopar un nome de usuario impropio segundo o descrito nas anteriores seccións, as accións a tomar son as descritas a continuación. Use o sentido común ao tomar decisións e procure non "trabar" os novatos.

O bloqueo dun usuario novo non é algo que non se quere facer, de facerse será con motivos suficientes e co propósito de protexer a Wikipedia de posibles danos. Xeralmente, os editores con nomes de usuario tecnicamente impropios ou próximos a ser impropios deberían ter unha oportunidade de discutir o tema e ser informados de como cambiar o seu nome de usuario. Porén, isto non aplica cando o usuario teña un nome de usuario claramente ofensivo ou a única intención de vandalizar.

Considera non tomar accións[editar a fonte]

Se o nome de usuario non resulta claramente problemático, pode ser razoable ignoralo. Asume a boa fe e teña en conta as posibles excepcións mencionadas nesta páxina.

Advertencia ao usuario[editar a fonte]

Se detectas un nome de usuario problemático mais non creado obviamente cun propósito vandálico, indícallo educadamente ao usuario referenciando esta política, e intenta convencelo de que cambie o seu nome de usuario.

Informar de violacións claras[editar a fonte]

Se crees que un nome de usuario necesita ser bloqueado inmediatamente ao ser un caso obvio, informa aos administradores no Taboleiro dos administradores.

Informar doutros problemas[editar a fonte]

Se detectas que un nome de usuario problemático está a incumprir outras políticas ou outras accións indebidas, segue as indicacións desas políticas no canto de informar sobre o nome de usuario. Se o usuario está a editar de forma non neutral ou promocional, informa do mesmo no Taboleiro dos administradores.

Outros tipos de nome de usuario[editar a fonte]

Nomes reais[editar a fonte]

Procura ter precaución antes de crear unha conta co teu nome real, ou cun alcume que poida identificarte con facilidade, xa que isto incrementa o potencial para o vandalismo e acoso persoal, especialmente cando edites temas controvertidos. Malia que é posible o cambio de nome de usuario, o nome de usuario previo sempre queda rexistrado de forma permanente.

Non edites baixo un nome de usuario que implique relación cunha persoa identificable, agás que sexa o teu propio nome. Se tes o mesmo nome que unha persoa notable coa que non tes ningunha relación, deberías indicalo claramente na túa páxina de usuario.

Podes usar o teu nome real aínda que non sexa recomendable, mais en determinadas circunstancias é posible que se requira probar que realmente eres quen di ser. Se fuches bloqueado por usares o teu nome real, non o tomes coma unha ofensa persoal. A intención deste tipo de bloqueos é a de previr a suplantación de identidade e poderás pedir o desbloqueo desa conta de usuario achegando probas de que realmente esa é a túa identidade real.

Nomes de usuario con caracteres non latinos[editar a fonte]

Non se require que o nome de usuario estea en galego nin está prohibido que o nome de usuario empregue caracteres non latinos. Porén, debes ter en conta que as escritas de moitas linguas non latinas (árabe, cirílico, chinés, grego ou xaponés) son ilexibles para a maioría de usuarios da Galipedia, e os caracteres poden non amosarse correctamente en moitas ocasións. Para evitar posible confusión e axudar na navegación, recoméndase empregar caracteres latinos no nome de usuario e sinatura sempre que sexa posible.

Contas compartidas[editar a fonte]

Véxase tamén: Wikipedia:Centros de ensino.

Unha conta de usuario debe representar só a unha persoa individual e non a un grupo. Non se permite compartir unha conta de usuario (ou contrasinal da mesma), e calquera proba do mesmo resultará no bloqueo da conta.

As únicas excepcións a esta norma poden facerse en casos de contas aprobadas pola Fundación Wikimedia e para contas de bots operados por máis dun usuario, sempre que isto sexa comunicado de forma específica e clara e teña o consenso da comunidade.

Uso de múltiples contas[editar a fonte]

Véxase tamén: Wikipedia:Monicreques.

Recoméndase non empregar máis dunha conta de usuario agás que sexa por un bo motivo. Un usuario pode crear unha conta alternativa para uso en ordenadores públicos coma precaución de seguridade para a súa conta principal, ou para evitar que se cree unha conta vandálica que poida tentar suplantar a súa identidade. Este tipo de contas de usuario deben estar identificadas claramente nas súas respectivas páxinas de usuario cos modelos {{Conta espellismo}}, {{conta alternativa}} e {{conta mestra}}. Os usuarios que operen calquera ferramenta de edición automática deben facelo baixo unha conta alternativa de bot. {{bot}} pode usarse para indicar isto último.

O uso de contas múltiples fóra das políticas establecidas coñécese coma uso de monicreques e non está permitido. Isto inclúe empregar contas alternativas para influír en votacións ou discutir temas controvertidos.

Cambio de nome de usuario[editar a fonte]

O nome de usuario pode cambiarse facendo unha petición na seguinte páxina especial: Solicitude de cambio de nome para a conta de usuario global.

Ao cambiar o nome de usuario, as contribucións feitas co nome anterior listaranse baixo o novo nome nos historiais e rexistros. As sinaturas xa feitas en páxinas de conversa non mudan automaticamente. Isto non é recomendable na maioría de circunstancias, agás que o propósito sexa o de salvagardar a privacidade do usuario.

Borrado e fusión de contas de usuario[editar a fonte]

Non se poden borrar as contas de usuario, xa que toda contribución debe ter unha conta única asociada, ben sexa un nome de usuario ou un enderezo IP.[1]

Rexistro unificado[editar a fonte]

Artigo principal: m:Help:Unified login.

O rexistro unificado permite aos usuarios empregar un rexistro único en tódolos proxectos da Fundación Wikimedia. Isto permítelle aos usuarios manter unha identidade consistente na contorna de Wikimedia, cunha conta de usuario única.

Notas[editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Nomes_de_usuario&oldid=4432963"