Esta páxina está permanentemente protexida

Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada 2005

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvidos á Galipedia, a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.

Nesta versión galega, que comezou o 8 de marzo de 2003, xa temos 158.823 artigos.


Sobre Galicia

Ángeles Alvariño.jpg

Ángeles Alvariño, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.

Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome.


Artigo destacado

Bufo periglenes1.jpg

Dende a década de 1980 estase a producir un dramático declive nas poboacións de anfibios arredor do mundo, caracterizado polo colapso nas poboacións de anfibios e pola extinción masiva localizada. No ano 1993, as poboacións de máis de 500 especies de ras e píntegas dos cinco continentes presentaban un declive na súa poboación. O declive dos anfibios está afectando a milleiros de especies en toda clase de ecosistemas, polo cal foi sinalado como unha das grandes ameazas da biodiversidade global.

En realidade o declive dos anfibios xa se empezou a detectar en Europa desde a década de 1950, pero os científicos non consideraron que isto puidese supoñer extincións masivas ata a década de 1980, xa que se pensaba que podían ser flutuacións naturais habituais nas poboacións. Hoxe crese que o problema persistirá durante longo tempo.

Os declives e extincións masivas nas poboacións de anfibios son un problema local con complexas causas globais. Entre as causas atópanse: aumento no índice de raios ultravioletas (por mor do debilitamento da capa de ozono), novos depredadores nos ecosistemas actuais (especies introducidas), fragmentación e perda de hábitat, toxicidade e acidez ambiental, doenzas emerxentes, cambio climático e interaccións entre todos estes factores.

Efemérides

Hoxe é martes, 17 de setembro. Tal día como hoxe, no ano:

Alfonso VII.jpg


Matemáticas e Ciencias naturais:
AstronomíaBioloxíaBotánicaCiencias naturaisFísicaMatemáticasMeteoroloxíaOceanografíaQuímicaXeoloxíaZooloxía

Filosofía e Ciencia social:
ArqueoloxíaEconomíaFilosofíaHistoriaLingüísticaPolíticaPsicoloxíaDereitoSocioloxíaXeografía (Galicia)

Ciencia e Tecnoloxía:
AgriculturaArquitecturaEnxeñeríaEstatísticaInformáticaMedicinaTelecomunicaciónsTransporte

Arte e Cultura:
ArteCineCociñaCulturaDeporteLiteraturaMúsicaMitoloxíaTeatro


Streichholz.jpg
Prendendo un misto
Vexa o artigo combustión
Wikipedia noutras linguas
Wikipedias con máis de 100.000 artigos: Alemán · Francés · Inglés · Italiano · Holandés · Polaco · Sueco · Xaponés
Wikipedias con máis de 40.000 artigos: Castelán · Chinés · Finlandés · Noruegués(Bokmål) · Ruso · Portugués
Wikipedias con máis de 10.000 artigos: Árabe · Búlgaro · Catalán · Checo · Coreano · Croata · Danés · Eslovaco · Esloveno · Esperanto · Estoniano · Galego · Hebreo · Hungaro · Ido · Indonesio · Lituano · Malaio · Noruegués(Nynorsk) · Romano · Serbio · Turco · Ucraíno

Lista completaCoordinación multilingüeComeza unha Wikipedia noutra lingua

Wikipedia e os proxectos irmáns
Meta-Wiki Meta-Wiki - Coordinación Wikipedia Commons - Multimedia Wiktionary Galizionario - Dicionario
Wikibooks Galilibros - Libros Wikisource Wikisource - Documentos Wikiquote Galicitas - Citas
Wikispecies Wikispecies - Especies Wikinews Wikinews - Novas Wikinews Wikiversity - Aprendizaxe
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada_2005&oldid=3936475"