Wikipedia:Portal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Wikipedia:Portais")
Atallos:
WP:PORTAL
WP:PO

Os portais son páxinas que serven como "Portadas" para temas ou áreas específicas. Un portal pode estar asociado a un ou máis Wikiproxectos, pero ó contrario destes están destinados tanto a lectores coma a editores da Wikipedia, polo que deben promover o contido e animar á contribución. Os portais créanse só para temas enciclopédicos, non para tarefas de mantemento de artigos.

Definición[editar a fonte]

Espazos de nomes da Wikipedia
Espazos de nomes básicos Espazos de nomes conversa
0 Principal (ou Artigo) Conversa 1
2 Usuario Conversa usuario 3
4 Wikipedia Conversa Wikipedia 5
6 Ficheiro Conversa ficheiro 7
8 MediaWiki Conversa MediaWiki 9
10 Modelo Conversa modelo 11
12 Axuda Conversa axuda 13
14 Categoría Conversa categoría 15
100 Portal Conversa portal 101
102 Libro Conversa libro 103
828 Módulo Conversa módulo 829
2300 Gadget Gadget talk 2301
2302 Gadget definition Gadget definition talk 2303
2600 Tópico
Espazos de nomes virtuais
-1 Especial
-2 Media

O propósito dun portal é axudar ós lectores e/ou editores a navegar polas áreas temáticas da Wikipedia por medio de páxinas semellantes á Portada. Os portais son esencialmente puntos de entrada útiles para ó contido da Wikipedia. Os portais orixináronse nas Wikipedias en polaco e alemán.

Os portais están suxeitos ós cinco piares da Wikipedia e deben cumprir as políticas básicas de contido (punto de vista neutral, non fonte primaria, verificabilidade etc.).

Os portais poden atoparse no modelo {{Índice portais}} ou na categoría correspondente. Tódolos portais e as posibles categorías epónimas ou subcategorías atópanse baixo esta categoría, e levan o sufixo "Categoría:Portal:".

Non hai un deseño específico para os portais, pero os máis habituais son os deseños "en caixas" ou os que imitan á propia portada. O máis habitual é que os portais conteñan unha selección de artigos e/ou imaxes en destaque, ligazóns ás categorías principais do tema tratado, información xeral sobre o tema, ligazóns a portais relacionados, ligazóns ó Wikiproxecto relacionado (se existe) etc.

A ligazón a portais nos artigos faise incluíndo os modelos {{portal}} ou {{barra portal}} na sección "Véxase tamén" dos artigos, segundo se indica no libro de estilo.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Portal&oldid=4372935"