Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
36 214430~death-of-sir-john-moore-(1761-1809)-january-17th-1809,-from-'the-martial-achievements-of-great-britain-and-her-allies-from-1799-.jpg

A batalla de Elviña, tamén coñecida como batalla da Coruña, foi un acontecemento bélico que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 1809 no alfoz da cidade da Coruña, enfrontando a un corpo de exército francés baixo o mando do mariscal Jean-de-Dieu Soult contra tropas británicas mandadas polo tenente xeneral John Moore. A batalla tivo lugar como parte da guerra da Independencia española en Galicia, dentro das guerras napoleónicas.

Perseguidos polos franceses baixo o mando de Soult, os británicos retiráronse a través do norte de España mentres que a súa retagarda repeleu varios ataques franceses. Gran parte do exército británico sufriu unha perda de orde e disciplina durante esta retirada, e cando os británicos chegaron ó porto da Coruña cuns poucos días de vantaxe sobre os franceses os seus barcos de transporte aínda non chegaran. A frota arribou un par de días despois, e mentres os británicos estaban embarcando o exército francés marchou cara á cidade e obrigou ós británicos a loitar nunha batalla antes de partir cara a Inglaterra. Na acción resultante os británicos rexeitaron o asalto francés e completaron o embarque, salvando ó seu exército da destrución pero deixando as cidades da Coruña, Ferrol e o norte de España libres para a súa captura e ocupación por parte de Francia. Durante a batalla o comandante británico John Moore recibiu unha ferida mortal, falecendo despois de saber que o seu exército conseguira rexeitar tódolos ataques franceses.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/abril_2017&oldid=4111297"