Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elviña aceso a croa e muro.JPG

O Castro de Elviña é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual Campus de Elviña da Universidade da Coruña, nunha pequena elevación que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro, no concello da Coruña.

O castro está formado por varios recintos con socalcos, separados por murallas. Entre elas, destaca a muralla da croa (o recinto máis elevado e central) cunha entrada monumental flanqueada por dous torreóns defensivos semicirculares entre os que se abre unha rampla e escaleiras de acceso empedradas. Nalgúns dos seus tramos, a muralla conservada ten unha anchura e altura superior aos catro metros. Na zona de socalcos, situada no sueste, pódense observar diferentes construcións, algunhas delas singulares no conxunto da cultura castrexa, como a fonte-alxibe e o templo do ídolo fálico; tamén se conservan diferentes casas, principalmente de formas cadradas. Ademais, no castro atopouse o famoso tesouro de Elviña (conservado no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón).

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/agosto_2018&oldid=4764190"