Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Casares 2.jpg

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado na Ramallosa, Nigrán, o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres.

En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. No ano 2017 adícaselle o Día das Letras Galegas.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/maio_2017&oldid=4347013"