Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía familiar de María Victoria Moreno recortada.jpg

María Victoria Moreno, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e profesora de ensino secundario. Casou con Xosé Luis Llácer, compañeiro da facultade, invidente, dez anos maior ca ela. Tras dous anos en Lugo, onde tivo por alumno a Xesús Rábade Paredes, e unha temporada en Vilalonga (Sanxenxo), onde comezou a escribir a novela Anagnórise, chegou a Pontevedra en 1963 con praza de profesora (despois catedrática), e deu clase no IES Valle-Inclán e no IES Gonzalo Torrente Ballester. Morreu aos 66 anos de idade, vítima dun cancro de mama.

Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e de Galicia. A súa fascinación dende moi nova por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta á defensa e promoción do galego. En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/maio_2018&oldid=4618950"