Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2018

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Pimentel.jpg

Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, nel apréciase unha síntese de movementos vangardistas de dentro e de fóra de Galiza. A súa obra fundamental apareceu en Sombra do aire na herba (1959). A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Sobre_Galicia/xaneiro_2018&oldid=4609285"